Conexión a Internet con móbil e USB

Tiven que facelo onte por primeira vez, conectarme a Internet desde o meu portátil empregando o meu teléfono móbil e un cabo USB. Todo grazas a goretoxo que o explica nesta entrada, á vez sianlando estoutra fonte.

A secuencia é a seguinte:

1.- Instala o paquete wvdial e edita como ‘root’ o arquivo /etc/wvdial.conf con estas liñas, adecuadas para as operadoras Vodafone, Simyo, Yoigo:

[Dialer vodafone]
Init1 = ATZ
Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2 +FCLASS=0
Init5 = AT+CGDCONT=1,"IP","ac.vodafone.es";
Modem Type = USB Modem
Baud = 460800
New PPPD = yes
Modem = /dev/ttyACM0
SDN = 0
Phone = *99#
Password = vodafone
Username = vodafone

[Dialer simyo]
Init1 = ATZ
Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2 +FCLASS=0
Init3 = AT+CGDCONT=1,"IP","gprs-service.com"
Modem Type = USB Modem
Baud = 460800
New PPPD = yes
Modem = /dev/ttyACM0
ISDN = 0
#Phone = *99**1*1#
##Phone = *99***1#
Phone = *99#
Password = ''
Username = ''
Stupid Mode = 1
Ask Password = 0
Dial Command = ATDT
Compuserve = 0
Force Address =
Idle Seconds = 3000
DialMessage1 =
DialMessage2 =
Auto DNS = 1

[Dialer yoigo]
Init1 = ATZ
Init2 = ATQ0 V1 E1 S0=0 &C1 &D2 +FCLASS=0
Init3 = AT+CGDCONT=1,"IP","internet"
Modem Type = Bluetooth Modem
Baud = 460800
New PPPD = yes
Modem = /dev/ttyACM0
ISDN = 0
Phone = *99***1#
Username = "internet"
Password = "internet"
Stupid Mode = 1
Ask Password = 0
Dial Command = ATDT
Compuserve = 0
Force Address =
Idle Seconds = 3000
DialMessage1 =
DialMessage2 =
Auto DNS = 1

2.- Conecta o móbil ao portátil empregando o cabo USB. Nese intre elixín a opción “PC Suite” que me amosa o Nokia E65. Executo nun terminal:

sudo wvdialconf

3.- Conecto á operadora que teña tal como así:

sudo wvdial vodafone

4.- Desconecto premendo á vez as teclas Ctrl e C (Ctrl-C).

Un dos posibles axustes a facer pode vir do dispositivo que sexa recoñecido polo teu equipo. No meu e no dos artigos fonte desta entrada é /dev/ttyACM0.

En canto ás tarifas… hai que negocialas e logo elixir conexión “Dual” (UMTS/GSM) no móbil.

Por certo, podes seguir recibindo chamadas ao móbil 😉

asennadas

2 ResponsesConexión a Internet con móbil e USB to “”

  1. Joer ben fácil e sinxelo!!! vamos isto faino calquera…

  2. Si, ben fácil para unha multinacional ou operadora de telefonía-internet-… Copiar o seu script correspondente e poñerle unha interface gráfica que diga “conecte” e “desconecte”. Só iso! Pois nada meu, nin iso fan. Temos que vir uns super-hackers-que-te-cagas-de-la-muerte a facer o que elas non saben-queren facer 😀