Migración ou Evolución?

É habitual atoparnos coa verba “migración” para definir o proceso de trocar o Sw Privativo polo Libre.

A RAG sinala como migración o seguinte: “1. Movemento das poboacións que deixan un lugar para asentarse noutro. As migracións celtas desde Europa central ó Occidente. 2. Viaxe, polo xeral entre períodos de tempo regulares, que realizan certos animais para cambiar de lugar. Cando chega o frío, teñen lugar as migracións das andoriñas para países máis cálidos. u CF. emigración.”

Persoalmente a min non me convence toda vez que, ademais de non cadrar ben o seu  significado co que queremos experesar, adoita incluir unha connotación negativa. As migracións, e os cambios en xeral, dan medo.

Pola contra, evolución adoita levar parella unha connotación máis positiva alén dun significado máis acorde co que queremos sinalar. A RAG define evolución como: “Transformación lenta e progresiva [de algo ou de alguén]. Non hai evolución no estado do enfermo. A evolución das especies animais.” Non se está a dar a entender necesariamente que se transforme cara algo mellor ou peor pero, si, en xeral enténdese como positivo.

A idea deuma un amigo (pouco propenso a que saia o seu nome en público) tras asistir a unha intervención nas pasadas xornadas de SwL de Badaxoz. Nelas, un italiano responsable de “migracións” recomendaba o uso do termo “evolución” xa que logo dotaba de positividade ao proceso.

Persoalmente decidín usalo desde entón, ata o punto de trocar o título dunha das miñas presentacións, hoxe nomeada como”Directrices Evolutivas (antes migratorias)“. Con ilo pretendo dar un significado máis acorde co sinalado na RAG, outorgarlle máis positividade e englobar outros procesos non sempre tidos en conta: consultoría previa, formación, asistencia, mantemento… E, si, polo medio haberá migración de servidores, escritorios, aplicacións, formatos, etc.

Evolucionemos!

asennadas

One ResponseMigración ou Evolución? to “”

  1. […] acontecer que no caso de evolucións ou migracións a SwL as persoas teman atoparse con algo tan distinto ao seu habitat actual que a súa experiencia […]