AGASOL, Software Libre contra a crise

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crise”, un ciclo de sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira cita terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º) e nela intervirei como relator. Segundo di a novaRoberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e fundador de TEGNIX, unha das 24 empresas que se integran en Agasol“.

A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non estenderá máis de dúas horas. Nela está previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplien o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux, os Estándares Abertos e as súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade. Ademais se exemplificará con implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou mesmo na Administración.

Os asistentes, que poderán inscribirse de maneira gratuíta no teléfono 981 21 60 72, recibirán o DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe un amplo recompilatorio de software de uso empresarial libre, gratuíto e legal.

AGASOLEsta será a primeira cita dunha variada serie de intervencións por distintos puntos da nosa xeografía entre os que xa hai previstos eventos en Vigo e Ourense. En AGASOL seguimos a ofrecer este evento a calquera organismo empresarial que o desexe ata o remate do primeiro semestre de 2009.

asennadas

One ResponseAGASOL, Software Libre contra a crise to “”

  1. […] todo un programa de actuacións de difusión no ámbito empresarial, como o ciclo de relatorios Software libre e a crise cuxo inicio está previsto para o vindeiro 14 de outubro na cidade da Coruña e que continuará o […]