Só o 4,13% da web é estándar

A empresa que desenvolve o navegador privativo Opera vén de publicar os resultados dun estudo sobre a estrutura dos contidos de Internet. Para facelo crearon MAMA (Metadata Analysis and Mining Application), unha ferramenta que rastrexa a web e indexa datos dunhas 3,5 millóns de páxinas.

Preténdese obter unha análise útil para responsables de desenvolvemento, deseño e demais persoas implicadas.

Algúns dos datos deste estudo sinalan:

  • Só o 4,3% valida de acordo coa W3C
  • O mecanismo XMLHttpRequest típico de Ajax é usado no 3,2%, sendo máis popular en Noruega.
  • CSS úsase nun 80% das páxinas.
  • Javascript nun 75%
  • Adobe Flash está nun 35% dos sitios web, sendo máis popular en China.

Souben deste estudo grazas a esta fonte.

asennadas

Os comentarios están pechados.