Resumo da OSWC-08 Málaga

É moi complexo resumir uns dias tan intensos como os vividos nunhas poucas liñas. Alédome de que se abrira un fío na lista de GUGLs comentando o acontecido. Pola miña banda deixo unha serie de imaxes comentadas (só as ‘publicables’, claro) xunto ao pouco aquí escrito. Co tempo irei completando o absorbido.

Para min o evento deste ano confirmou que o SwL está asentándose solidamente. Había máis expositores, administracións, persoas… Tamén certa endogamia pois estábamos moitas das mesmas caras, con algunhas salvedades. Por exemplo, en Málaga 2006 había dous representantes oficiais do Brasil, igual o ano pasado en Badaxoz e desta vez eran tropa, alomenos uns sete ou máis. Galeg@s? O incremento foi aínda máis esaxerado pois abonda ollar a foto incompleta da nosa comunidade.

Tiven a sorte de compartir momentos intensos, até emocionantes con Claudio F. Filho, cos brasileiros, con Tim O’Reilly… e moita, moita máis información aínda por procesar.

Persoalmente tou ledo pola miña participación como ponente cunha especie de resumo de iniciativas en SwL co fío da lusofonía.

E agora? Para cando é a seguinte?

asennadas

4 ResponsesResumo da OSWC-08 Málaga to “”

  1. E agora? Para cando é a seguinte? Pois non sei cando será a seguinte pero eu apuntome… 😛 ainda que saque o tempo de baixo das pedras.

  2. Amigo, xa cho dixen varias veces, tes máis ca merecido vir. Para a vindeira ocasión xa non cho pedirei, virás á forza! 🙂

  3. Jajajaaaa hai secuestrado que me da máis morbo jajaaaaa

  4. […] o BrOffice, o ambiente é absolutamente cordial, acudiu aos eventos que creu convinte (Brasil, Málaga, China…)… Porén a adaptación familiar ao noso país foi un dos maiores pesos á hora de tomar […]