Xornadas de Oportunidades de Negocio do SwL no CFV

Na web Club Financiero de Vigo sinalan:

O Foro da Sociedade da Información, en colaboración con Caixanova, organizou para o 29 de outubro sendas xornadas destinadas ás PEMES e ás empresas do sector TIC, nas que se abordarán as oportunidades de negocio que ofrece o ´Software´ Libre.

A primeira das xornadas terá lugar pola mañá, a partir das 10.00 horas, e tratará de demostrar a viabilidade do software libre e animar ás PEMES para que en situacións concretas ou xerais utilíceno de igual xeito que agora usan outros software. Participan como relatores Roberto Brenlla, socio fundador de AGNIX e promotor de “GNU/Linux para O Pobo“, e Manuel Velardo, responsable de proxectos e servizos de Cenatic, quen explicarán as vantaxes competitivas do software libre en canto a aforro de custos e adaptabilidade.

A segunda xornada, que se encadra no ciclo “Encuentra TIC” do Foro da Sociedade da Información, dará comezo ás 17.00 horas, e, destinada ao sector específico das TIC, exporá como moitas empresas están aproveitando a liberdade de comerciar para facer negocios co software libre, tanto vendéndoo como dando servizos de formación e consultoría. Participan na mesma Roberto Moreda, director de Allenta Consulting, Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información, e Nicolás Osuna, responable de mercadotecnia de Velneo.

Podes incribirte na mesma web premendo na imaxe “deseo incribirme”.

Neste caso, irei en representación múltiple: AGNIX, TEGNIX e AGASOL. Confírmanme que Claudio F. Filho intervirá en representación de TEGNIX aportando a súa ampla experiencia, especialmente no eido de migracións-evolucións e estándares abertos.

Quero agradecer a Miguel Díaz Cacho o gran esforzo na organización desta xornada.

asennadas

Os comentarios están pechados.