V Aniversario de AGNIX

Tal dia como hoxe entregamos na oficina da Coruña a Acta Fundacional de AGNIX con data de 29 de outubro de 2003.

Unhas liñas non abondan para relembrar as moitas loitas e frontes onde participamos e as grandes melloras que a nosa sociedade acadou no eido do SwL dende aquela grazas ao esforzo de moita xente, de diversos recunchos e condicións, moitas veces de xeito anónimo.

Daí que, con espírito festeiro, imos celebrar un hacking-cocido en casa Amancio (Vilamaior 9 – Lavacolla – Santiago, mapa aquí), sede doutras xuntanzas de AGNIX, o vindeiro 8 de novembro. Quen queira vir, por favor, que mande un correo-e ao presi Manuel para reservar con antelación: mhermo @ gmail.com.

asennadas

2 ResponsesV Aniversario de AGNIX to “”

  1. jum, jum!!

  2. […] Como puido pasar isto? Pois si, a verdade é que non ten perdón. Hai pouco fixemos cumprimos o V Aniversario de AGNIX e eu debería lembrar que cando a fundamos decidimos rexistrar o dominio por un período de cinco […]