Claudio agora na OOoCon 2008 de Pequín

Claudio F. Filho está que non para. Chegou á nosa terra a primeiros de setembro e ás dúas semanas xa tivo que viaxar a Brasil para o III Encontro do BrOffice mentras a xente de TEGNIX participábamos por videoconferencia, logo cara o OSWC’08 de Málaga e agora cara Pequín ao OOoCon 2008.

É un luxo para TEGNIX contar cunha persoa coma el porque realza o noso compromiso de participar activamente na comunidade incorporando a súa gran experiencia para xestionar migracións masivas. Ademais Claudio xa é socio de AGNIX e comeza dar os seus primeiros pasos cara a súa integración na comunidade galega.

asennadas

One ResponseClaudio agora na OOoCon 2008 de Pequín to “”

  1. […] o ambiente é absolutamente cordial, acudiu aos eventos que creu convinte (Brasil, Málaga, China…)… Porén a adaptación familiar ao noso país foi un dos maiores pesos á hora de tomar a […]