SwL medra da man de fornecedores de equipos

Seguindo o fío do chamativo titulo “Linux boom?” chego a esta nova que apunta a esta fonte que sinala que 3 de cada 10 PCs vendidos por Asus levan GNU/Linux.

Sendo precisos, segundo Asustek, “A empresa entregou 2,5 millóns de portátiles no primeiro semestre deste ano, 1,7 millóns no terceiro trimestre e agárdase que sexan 1,9 millóns no cuarto trimestre o que equivale a lo menos a 6 millóns de unidades no 2008. A ratio de Eee PCs con Window$ XP e Linux preinstalados é de 7 a 3.

Polo tanto haberá 2,4 millóns de escritorios GNU/Linux máis. Aínda así séguese vendendo máis equipos con sw privativo ca libre pero a tendencia dese goteo é á baixa, pechándose moi aos poucos pero pechando.

Nilo ten parte de culpa a desastrosa nova versión do sistema operativo privativo mentras as distribucións Ubuntu, openSUSE e Fedora seguen a mellorar a cada seis meses. Daquela a multinacional privativa comeza a vender vaporware do vindeiro sistema, posiblemente numerado coa versión 7 e agardado para o 2010, tentando ralentizar este proceso.

Ben sabemos que unha das maiores frontes coas que o SwL ten que lidar é a de equipos con sistemas operativos preinstalados. Se o mercado, tanto a parte forncedora como a compradora, non é quen de nivelalo, por que os estados non toman cartas neste asunto? A fin de contas dos estados hai un inxente goteo de cartos cara esa multincional que, en cumprimento da legalidade, poden deter.

asennadas

Os comentarios están pechados.