Formalizada a nova C.T.I. TEGNIX

Tras máis dun semestre de elaboración do proxecto empresarial, onte se formalizou perante notario o nacemento da nova C.T.I. TEGNIX, S.L.. Moitas son as ilusións depositadas nesta nova etapa e claros os obxectivos e estratexias.

Atrás quedan as implicacións de varias persoas que agora, por diversos motivos, abandonaron o proxecto e que, unha vez máis, agradecemos profundamente. Os que quedamos, xunto aos que entran, estamos claramente decididos a facer realidade o noso proxecto e o que o futuro nos depare.

Integramos este novos proxecto:

  • Carlos Rodríguez, capri99, actual presidente de GALPon como xerente (CEO) de TEGNIX.
  • Pedro Silva, goretoxo, promotor de Blogaliza.org como responsable técnico.
  • Claudio F. Filho, BrOffice, Mozilla-BR… como experto consultor en migracións masivas.
  • Roberto Brenlla (eu), asennadas, fundador de AGNIX como CKO e relacións externas.

O único que nos inqueda é a tramitación de Claudio, pois a burocracia é asfixiante nas máis das veces.

Hoxe mesmo comezaremos o estudo da anovación da nosa imaxe corporativa e nas vindeiras semanas hanse ir incorporando varios técnicos cos que xa temos acadado acordos laborais.

Parelelamente contamos coa participación dunha Facultade de Informática coa colaboración dun profesor universitario que ofrecerá o seu asesoramento técnico nos proxectos que levemos. Este será anunciado tras completar a súa formalización co FEUGA.

Netes intres son moitas as persoas que lembro e ás que, de ser posible, encataríame incorporar a TEGNIX ofrecéndolles traballo. Ogallá así sexa!

Hoxe comeza esa andaina…

6 ResponsesFormalizada a nova C.T.I. TEGNIX to “”

  1. Sorte nesta nova andaina! Aínda que co equipo personal que tedes non creo que sexa necesaria 😉

  2. Parabéns pola aposta e boa (a)ventura!

  3. Ánimo e moita forza!!!

  4. Forza, animo e sobre todo sorte!!! Comenzar a camiñar nunca foi fácil, abrir novas portas é moi complicado, mantelas abertas unha tarefa ardua,… pero que che vou contar a ti de iso… ;-D

    Noraboa e Pra’diante!!!!

  5. Estou moi agradecido polas mostras de apoio que nos dades. Muito obrigado!

  6. Sorte! xD