Por que NON extirpar Mono? (Ubuntu)

Onte escribín un artigo sobre o “dilema” Mono ofrecendo o parecer de Richard Stallman e, de estares de acordo co seu discurso, tamén daba o método para eliminalo do teu sistema.

Moitas distros inclúen Mono na súa instalación por defecto, entre elas OpenSUSE, Debian e Ubuntu. Velaquí a posición que ten Ubuntu sobre o asunto Mono, o proxecto de código aberto iniciado por Ximian e actualmente impulsado por Novell (tras a adquisición de Ximian) para crear un grupo de ferramentas libres, baseadas en GNU/Linux e compatibles con .NET segundo o especificado polo ECMA ( European Computer Manufacturers Association), segundo a Wikipedia-es.

En nome de Canonical e do Corpo Técnico de  Ubuntu, Scott James Remnant emitíu un comunicado respecto a Mono. A legalidade de Mono é a miúdo unha preocupación esencial para quen defende o Software Libre de patentes e outra propiedades intelectuais que pertencen a Microsoft.  Pois ben, maila todo o acontecido, Ubuntu decidiu reafirmarse na súa posición respecto a Mono.

Mono é unha parte integral de Ubuntu dado que F-Spot, Tomboy e outras aplicacións dependen da implementación libre de C# /. Net. Nestes intres, porén, Ubuntu non ten problemas co proxecto Mono e continuará tendo Mono como parte do seu sistema principal de paquetes. Dado que Ubuntu e outros proxectos de software libre non recibiron aínda ningún aviso legal por infrinxir ningunha propiedade intelectual, eles han seguir empregando Mono porque, ademais, cumprir coa legalidade é unha prioridade no proxecto Ubuntu.

Souben da postura de Ubuntu por esta fonte.

Agora que tes o parecer de dúas partes, podes tomar daquela a túa propia opinión ao respecto.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

One ResponsePor que NON extirpar Mono? (Ubuntu) to “”

  1. […] polémica sobre Mono SI ou Mono NON, sei por Ismael Olea que Microsoft aplicará a Community Promise tanto á ECMA 334 como […]