Xornadas de Software Libre en Rianxo

Cartaz das Xornadas de SwL de RsCO sábado 6 de setembro Rianxo sen cabos xunto coa asociación AGNIX e o patrocinio do Concello de Rianxo organizan unhas Xornadas de novas tecnoloxías baseadas en Sw Libre no Cuartel vello de Rianxo.

Os temas a tratar serán:

  • Achegamento ao Software Libre (Roberto Brenlla).
  • Blogaliza, how-to (Pedro Silva).
  • A importancia do uso de padróns (Claudio F. Filho).
  • "Install Party" de sistemas baseados en GNU/Linux (Xavi Alonso e Álex González).

Ao remate das xornadas Rianxo sen cabos terá unha Asamblea xeral onde se tratarán temas de interese para todos os seus integrantes.

Máis en RsC.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Traballando en lingua (Curso da UDC en Carballo)

Os dias 15 e 16 de xullo de 2008 hanse celebrar en Carballo, concretamente do Pazo da Cultura do concello, as xornadas correspondentes ao "IV Curso de Verán sobre Dinamización Lingüística, Traballando en Lingua".

Desde a súa páxina web podes acceder á convocatoria que inclúe o programa completo. Nesta ocasión teño a sorte de poder participar na mesa "Oportunidades que ofrece o Software Libre" ás 16,30 hs do martes 15.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Corinto Meffe comenta o I FSL Luanda

Un dos meus acompañantes no evento de Angola, nomeadamente Corinto Meffe, fixo unha boa descrición do que, baixo o seu punto de vista, aconteceu no dia do evento do "I Fórum de Sw Livre de Luanda" así como os instantes previos á súa partida xusto ao dia seguinte a media mañá.

O artigo de Corinto.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda, o evento

O evento do "I Fórum de Software Livre de Luanda" aconteceu o sábado 28 de xuño organizado pola ASL-Angola ("Associação Software Livre Angola").

Persoalmente califico con matrícula de honra á organización e moi especialmente a Marcio Cándido pois a pesares de ter que trocar a grade (axenda) por mor de diversos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poideron vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc, todo saíu á perfección. O lugar seleccionado (Hotel Alvalade), a puntualidade das palestras, a infraestrutura xeral... todo estivo perfecto. A isto hai que engadir o ambicioso obxectivo da organización en convertirse no referente africano nesta materia polo que axiña saberemos de máis fórums. Parabéns.

Trala apertura oficial do Fórum por parte das autoridades o evento celebrouse en dúas salas simultáneas, unha máis técnica e outra máis xeneralista. Tiven a sorte de facer a apertura das xornadas ofrecendo, unha vez máis, o 'achegamento' á materia. Tendo en conta que o evento tiña como unha parte importante de alumnado de Enxeñaría Informática e outra de xentes afíns ao Sw Privativo, fiquei sorprendido coa cantidade e intensidade do debate final.

Alberto Sato tivo moito éxito na sala técnica dado que en Angola tiñan interese no Asterisk. Corinto Meffe, representando ao goberno brasileiro, amosou a estratexia englobada no "Software Público" (que non de dominio público pois sigue a GPL...).

Chamoume a atención o "Projecto Software Livre da CNTI", palestra comandada por Juliana Luzolo Ngundo e compartida co brasileiro Ariel Frozza da Mandriva. Presentaron o Angolinux baseado en Mandriva, e o Aden, específica para cibercafés, moi importante dado que a penetración de internet na poboación apenas ronda o 2%.

Tamén tiven a sorte de rematar a serie de palestras amosando a realidade galega. Chamou poderosamente a atención do público a historia común, a proximidade cultural grazas á língua (as palestras deixeinas escritas en galego), o reducido número de habitantes (até menor có da capital Luanda), o elevado número de asociacións, as funcións de Mancomun.org e mailo seu éxito en Europa, as iniciativas tradutoras, como naceu a nosa empresa (C.T.I. TEGNIX), a asociación de empresas AGASOL.... así ata cubrir todo o meu tempo dispoñible.

En resumo, o evento superou con creces as expectativas deixándome coa fe en que Angola é capaz de liderar en África a implantación do Sw Libre.

Deixo unha selección de fotos ás que axiña lles engadirei comentarios. Outra serie delas tamén están no álbum de Marcio.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda (080625-26), xusto antes do evento

Xentes, xa estou de volta na Coruña!

Por mor do evento en si, os compromisos e maila viaxe de volta non puiden escribir nada e menos conectarme a internet.

Polo de agora deixo un video feito desde o asento traseiro do coche de Mauro amosando a viaxe de retorno ao hotel desde un restaurante que 'factura por peso'.

Deixo tamén un video que require unha outra entrada no blog porque ao final pasamos un gran susto que marcaría o resto da miña estadía na Angola.

 

Corinto Meffe ten a súa propia opinión, non exactamente compartida por min. Por exemplo, non concordo con el cando di que "Mauro foi obrigado a sair do carro a discutir..." porque Mauro saiu voluntariamente do seu carro.  Ou tamén cando sinala que " Em função do susto do Roberto ficamos com pouca mobilidade pela cidade e passamos boa parte do tempo no quarto do hotel". Acho que só eu, teimosamente certo, quixen ficar no hotel mas iso non supuxo ningunha obriga a ninguén a seguir a mesma actitude.

Chuzame! chuzame -

Debian estará no Google Summer of Code 2008

Debian vén de anunciar que estará no Google Summer of Code 2008, desta vez cunha dúcia de proxectos aceptados.

Google patrocinará aos mencionados estudantes para que traballen a tempo completo durante as súas vacacións de verán, desde o 26 de maio ata o 18 de agosto. Durante ese tempo serán dirixidos e evaluados por un equipo de desenvolvedores Debian.

Para coordinar mellor esta actividade Debian creou este Wiki.

asennadas

Chuzame! chuzame -