Curso Oficial de Ubuntu 8.04

Vexo en NoticiasLinux que está dispoñible o Curso Ubuntu Desktop Training escrito pola Canonical Ltd. e pola comunidade Ubuntu Training traducido a pt-br. É bastante didáctico, con moitas figuras, tratando os principais tópicos do escritorio Ubuntu 8.04 e os seus aplicativos máis comúns: efectos, ofimática, multimedia e moi máis xa que abonda dicir que consta de 348 páxinas.

Os temas tratados son:

  • Capítulo 1 - Presentación
  • Capítulo 2 - Explorando o Escritorio Ubuntu
  • Capítulo 3 - Usando internet
  • Capítulo 4 - Usando o OpenOffice.org
  • Capítulo 5 - O Ubuntu e os Xogos
  • Capítulo 6 - Personalizando o Escritorio e Aplicativos
  • Capítulo 7 - Facendo o Máximo con Imaxes e Fotos
  • Capítulo 8 - Executando Música e Vídeo
  • Capítulo 9 - Axuda e Soporte de Ubuntu
  • Capítulo 10 - Particionamento e Inicialización
  • Apêndice A - Instalando Controladores de Placas NVIDIA ou ATI
  • Apêndice B - Compiz Fusion e o Cubo para Principiantes

Para ter acceso a todo o curso, visita o blog ubuntu804-br.blogspot.com. Podes descargalo todo xunto seguinda calquera das ligazóns daquí.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Dispoñible Ubuntu 8.04.1 LTS

Na lista de anuncios de Ubuntu dan o comunicado de que está dispoñible a versión 8.04.1 LTS con correccións de erros e actualizacións de software. En definitiva trátase dunha acturalización de mantemento.

Podes obter a nova versión desde esta páxina onde, tras elexires o país onde descargala, comprobas que a versión xa é a actualizada.

Asemade veñen de anunciar que tamén está dispoñible a versión Alpha 2 da vindeira  8.10 Intrepid.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Que hai da Ubuntu 8.04 Server?

Moitos estamos pendentes da versión de escritorio da nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron mais, desta vez, unha das apostas máis firmes que ten Ubuntu nesta ocación é a súa versión servidor.

Estase a construir unha documentación mediante wiki exclusivamente para ela. Lembra que é LTS (Long Term Support), 3 anos de soporte en escritorio e 5 para servidores. Ademais dela tes unha ampla guía en Howtoforge.

asennadas

Chuzame! chúzame -

Artigos sobre LVM e repositorios para a Ubuntu 8.04

Ollando no blog de Alexandro Silva atopei unha entrada que liga cara un bo artigo sobre LVM pensado para neófitos así como outro co seu sources.list (repositorios) para a nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron.

Gustaríame ter a oportunidade de coñecer persoalmente ao Alex, dame que é "um cara legal" ;-)

Chuzame! chúzame -

(K)Ubuntu 8.04 LTS, Release Candidate

Vén de anunciarse a (K)Ubuntu 8.04 LTS, Release Candidate.

Pódese descargar a ISO, ollar as notas desta versión antes de actualizar (upgrade) ou instalar e axudar reportando no wiki os erros e experiencias que teñas.

Podes obter un cd oficial aquí. Envíano de balde por correo ordinario tan axiña como saia a versión defintiva.

asennadas

Chuzame! chúzame -