Software Libre a tu Alcance

Inaugúrase hoxe no Parque Tecnolóxico de Andalucía (PTA) de Málaga a I Feira “Software Libre a tu alcance“, un atractivo evento que ten como obxectivo ofrecer demostracións de produtos e servizos con casos reais de aplicación, o cal permitará ao público avaliar a idoneidade do Software Libre. Este atractivo enfoque complementarase coa organización de encontros […]

A Xunta impulsará o Sw Libre. Mancomun.org segue adiante.

Tiven a sorte de participar hoxe na xuntanza promovida pola secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Convocados íamos CESGA, Mancomun.org (tamén presente a Fundación para o Fomento e Calidade), as oficinas de SwL das tres universidades e AGASOL. Tras unha primeira posta en común das actividades realizadas por cada entidade, na que por […]

AGASOL anova a xunta directiva

AGASOL (Asociación Galega de Empresas de Sotware Libre) celebrou a súa asemblea xeral o pasado luns 20 de xullo. Entroutros temas, esta asemblea aprobou a necesidade de adecuación dos estatutos, o informe de actividades realizadas, o plan estratéxico para o período 2009-10, a creación de novos grupos de traballo e a continuidade en materia de […]

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores. Modelos Negocio en Sw Libre Sw Libre na empresa galega: CTI TEGNIX, AGASOL asennadas

En 12 hs dous relatorios en dúas vilas

A verdade é que seis anos dando relatorios sobre SwL dan para moito. Realmente moitísimo se temos en conta que apenas rexeitei intervir nun par de ocasións e sempre por mor de causa maior, nomeadamente en Foz e Ponteareas (na que xa fora dúas veces). Nelas saía de vacacións coa familia e, polo tanto, foi […]

AGASOL rematará a xira en Vilagarcía

O vindeiro xoves 12 de febreiro, ás 19,30 horas, realizarase a sesión informativa “Software Libre contra a crise -Mellore a súa rentabilidade con Linux e SwL-” no auditorio da Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa (información e e inscrición de balde), sita na Avda Doctor Tourón, 46. Con esta xornada remata AGASOL unha xira […]

O longo proceso dixestivo ata amar ao SwL

Non teño xeito de comprobalo con certeza pero durante o evento no que representaba a AGASOL na Cámara de Comercio de Lugo sentín que había persoas con total rexeite ao SwL. Tan só percebín isto en dúas persoas que non estiveron despois na sesión de cattering e, polo tanto, non puiden entrar a pedrilles explicacións […]

Xornada de AGASOL en Lugo

Hoxe (5 febreiro 2009) ás 19 hs dará comezo no Edificio FORCAM (rúa Cántigas e Frores, 31) da Cámara de Comercio de Lugo unha nova xornada de AGASOL baixo o título de “Vantaxes do SwL para as PEMES – Mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL.” Pódese facer a inscrición de balde a partir […]

AGASOL na Cámara de Comercio de Santiago

O vindeiro mércores 28 de xaneiro ás 19 hs dará comezo unha nova xornada de AGASOL titulada “SwL contra a crise. Mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL“. O evento terá lugar nas instalacións da Cámara de Comercio de Santiago, San Pedro de Mezonzo, nº 44 baixo – 15701 Santiago de Compostela, tel: 981 […]

AGASOL na Cámara de Comercio de Ferrol

A Cámara de Comercio de Ferrol acollerá o 20 de xaneiro ás 19 hs a xornada informativa “Software libre contra a crise. Mellore a súa rendibilidade con Linux e SwL”. O obxectivo é dar a coñecer ás empresas da súa demarcación as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas para o tecido empresarial, especialmente en […]

CEP, seguinte xornada de AGASOL

Baixo o título “Vantaxes do Software Libre para as Pemes“, a CEP (Confederación Empresarial de Pontevedra) acollerá a seguinte xornada de difusión de AGASOL para presentar o SwL. O evento terá lugar o dia 17 de decembro ás 17 hs na sede da CEP (Avda García Barbón nº 104 Andar 1º, Vigo) ten como obxectivos […]

AGASOL en xornada sobre SwL en Ourense

Hoxe martes, 18 de novembro de 2008, AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) ofrecerá na CEO (de confederación de empresarial de Ourense, Praza das Damas, 1) a sesión informativa “Software Libre contra a Crise – Mellore a súa rendibilidade con Linux e Sw Libre” que, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, […]