Xornadas de Oportunidades de Negocio do SwL no CFV

Na web Club Financiero de Vigo sinalan:

O Foro da Sociedade da Información, en colaboración con Caixanova, organizou para o 29 de outubro sendas xornadas destinadas ás PEMES e ás empresas do sector TIC, nas que se abordarán as oportunidades de negocio que ofrece o ´Software´ Libre.

A primeira das xornadas terá lugar pola mañá, a partir das 10.00 horas, e tratará de demostrar a viabilidade do software libre e animar ás PEMES para que en situacións concretas ou xerais utilíceno de igual xeito que agora usan outros software. Participan como relatores Roberto Brenlla, socio fundador de AGNIX e promotor de «GNU/Linux para O Pobo«, e Manuel Velardo, responsable de proxectos e servizos de Cenatic, quen explicarán as vantaxes competitivas do software libre en canto a aforro de custos e adaptabilidade.

A segunda xornada, que se encadra no ciclo «Encuentra TIC» do Foro da Sociedade da Información, dará comezo ás 17.00 horas, e, destinada ao sector específico das TIC, exporá como moitas empresas están aproveitando a liberdade de comerciar para facer negocios co software libre, tanto vendéndoo como dando servizos de formación e consultoría. Participan na mesma Roberto Moreda, director de Allenta Consulting, Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre, Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información, e Nicolás Osuna, responable de mercadotecnia de Velneo.

Podes incribirte na mesma web premendo na imaxe «deseo incribirme».

Neste caso, irei en representación múltiple: AGNIX, TEGNIX e AGASOL. Confírmanme que Claudio F. Filho intervirá en representación de TEGNIX aportando a súa ampla experiencia, especialmente no eido de migracións-evolucións e estándares abertos.

Quero agradecer a Miguel Díaz Cacho o gran esforzo na organización desta xornada.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL na Cámara de Comercio de Coruña (fotos)

Deixo a ligazón a un novo álbum que fixen para incluir as fotos destes eventos de AGASOL.  Tamén vai esta ligazón que comenta o evento. Aquí deixo unha mostra:

De AGASOL

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Comeza a xira de AGASOL

Comeza na Cámara de Comercio da Coruña* a serie de intervencións que AGASOL fará polos distintos centros empresariais galegos froito do convenio asinado o 8 de outubro de 2008 coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

AGASOLEstas xornadas están tituladas «Sw Libre contra a Crise«.

(*) Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º), 14 outubro ás 19,30 horas. Inscrición gratuíta no teléfono 981 21 60 72.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Convenio Industria – AGASOL para divulgación de SwL

AGASOL
O pasado mércores 8 de outubro de 2008 a Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) asinaron un convenio de colaboración para a realización de actuacións que contribúan ao desenvolvemento e á difusión das tecnoloxías de código aberto entre o tecido empresarial galego. A iniciativa disporá dunha partida orzamentaria de 20.000 euros achegados a través da Fundación.

No marco deste convenio inscríbese todo un programa de actuacións de difusión no ámbito empresarial, como o ciclo de relatorios Software libre e a crise cuxo inicio está previsto para o vindeiro 14 de outubro na cidade da Coruña e que continuará o seu periplo por cámaras de comercio e confederacións empresariais das principais cidades galegas.

A inscrición gratuita pode facerse na Cámara de Comercio. r/ Alameda, 30-1º. A Coruña. Tel: 981­ 216 072.

Máis en Mancomun.org.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

AGASOL, Software Libre contra a crise

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crise”, un ciclo de sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira cita terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º) e nela intervirei como relator. Segundo di a nova «Roberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e fundador de TEGNIX, unha das 24 empresas que se integran en Agasol«.

A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non estenderá máis de dúas horas. Nela está previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplien o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux, os Estándares Abertos e as súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade. Ademais se exemplificará con implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou mesmo na Administración.

Os asistentes, que poderán inscribirse de maneira gratuíta no teléfono 981 21 60 72, recibirán o DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe un amplo recompilatorio de software de uso empresarial libre, gratuíto e legal.

AGASOLEsta será a primeira cita dunha variada serie de intervencións por distintos puntos da nosa xeografía entre os que xa hai previstos eventos en Vigo e Ourense. En AGASOL seguimos a ofrecer este evento a calquera organismo empresarial que o desexe ata o remate do primeiro semestre de 2009.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp