AGNIX.org, This domain has expired
Estando de viaxe decátome que o dominio AGNIX.org expirara. Como puido pasar isto? Pois si, a verdade é que non ten perdón. Hai pouco cumprimos o V Aniversario de AGNIX e eu debería lembrar que cando a fundamos decidimos rexistrar o dominio por un período de cinco anos. E claro, expiraba.
Non avisaron? Pois si, avisarían, non o sei porque a conta de correo-e que empreguei para o rexistro non a utilizo dende hai tempo. É unha de Hispalinux redireccionada a mundo-R, e a esta última non a soportaba: era tanto o correo lixo que entraba a pesares do anti-spam que decidín ir obviándoa pouco a pouco ata deixar de usala. Polo tanto, non souben do aviso ata este mércores, de viaxe dando un relatorio para AGASOL o mércores e o xoves para as Xornadas de OuSLi.
Agora xa estamos a traballar para que a nova xunrta directiva de AGNIX, nomeadamente Manuel Hermo e Xabi Alonso, sexan os responsables do rexistro para o seguinte período.
Daquela, de seguido AGNIX.org estará activa, con certeza.
Desculpa as molestias e vaian as miñas desculpas públicas.
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Claudio F. Filho está que non para. Chegou á nosa terra a primeiros de setembro e ás dúas semanas xa tivo que viaxar a Brasil para o
É moi complexo resumir uns dias tan intensos como os vividos nunhas poucas liñas. Alédome de que se abrira un fío 

Decidín probar a trocar o meu xestor de sementes a 

Quen escribe vén de confirmar que do vindeiro 25 de xuño ao 1 de xullo irá convidado a un evento sobre SwL en 
