Poucos días atrás, Linus Torvalds inaugurou o seu propio blog no Blogger.com (porque non coñecía Blogaliza :-) n.d.r.)
Para confirmar que o blog realmente lle pertencía, Linus dixo nun artigo da NetworkWorld: "Si, si, son eu. Un 'Linus falso' probablemente procuraría ser divertido".
Aqueles que esperan textos alucinantes sobre o desenvolvemento do kernel poden ficar decepcionados. O título do blog é "Linus' Blog: Eventually this might even contain some Torvalds family pictures" (Blog do Linus: Un día el talvez até conteña algunhas fotos da familia Torvalds). Ata agora, o blog contén posts bastante persoais. Linus fala sobre súa vida nos EE.UU. e as eleccións presidenciais.
El preferiría falar sobre outros tópicos que non teñan lugar nas listas de correo-e do kernel ou do git. Como el di "é probable que sexa sobre algo relacionado coa tecnoloxía e Linux, xa que é iso que eu fago". Algunhas cousas interesantes xa comezaran a xurdir alí como, por exemplo, o seu interese polos discos de estado sólido da Intel. Linus non teme os trolls porque escribe unha vez por semana e non resposta aos comentarios.
Fonte.
asennadas
chúzame -
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Para todos os fans do microblogging popularizado por Twitter agora tedes un en galego: lareta.net. Como é de seu, está en fase beta mais xa somos varios a microbloguear por aló, anímaste?
Outros fontes xa deron conta del (Chuza! e Código Cero).
asennadas
chúzame -
En: AGNIX, Blogroll, Galicia-Galiza, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Decidín probar a trocar o meu xestor de sementes a FeedBurner polo que se agora queres estar sindicad@ ao meu blog tes que subscribirte a esta ligazón.Se non sabes de que estou a falar pode interesarche ler esta páxina da Wikipedia (en castelán).
A decisión veu motivada por mor dos múltiples inconvintes que tiña o antigo pois non exportaba imaxes, formatos, caracteres especiais, etc. Agora, sexa o lector de sementes que empregues (Google Reader, extensións de Firefox, Liferea, etc) acho que a lectura será moito máis agradable.
Desculpade que fora sen previo aviso
É posible que durante un tempo a páxina de AGNIX reséntase por esta causa pois ela está sindicada parcialmente ao meu blog. No momento de escribir esta entrada estaba a ver dobres entradas, unha formatada e outra non, xa que logo recolleu á anterior semente e agora a nova.
asennadas
chúzame -
En: AGNIX, Blogroll, Estándares, Internet, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Pois iso cho explica Andrés Milleiro nesta páxina:
O futuro é, e debe ser OpenID. Para aquelas persoas ás que lle soe a chinés o termo pode botar unha ollada á súa definición na Wikipedia, mais básicamente ven a ser un sistema de identificación dixital descentralizado.
Maxina por un intre tódolos servizos web que utilizas: o correo electrónico, tal ou cal foro, twitter, etc… Pensa por un intre en tódalas combinacións de usuario:contrasinal que usas, e pensa por un intre que cunha soa poderías entrar a todas. ¿Moito máis cómodo, nonsi? Pois iso ven a ser, a grandes rasgos OpenID.
(...)
asennadas
chúzame -
En: AGNIX, Blogroll, Internet por Roberto Brenlla
2 Comentarios »
O estudante en Harvard Ethan Zuckerman fixo unha guía práctica poñéndose na pel dun funcionario cuxa intención é sacar á luz informacións sobre un escándalo do cal é testemuña, nun país onde pode ser perigoso facelo.
Estes consellos non se destinan a expertos en cifrado (mal nomeado criptografía), máis ben a persoas que viven en países onde non se respecta a liberdade de expresión e que temen pola súa seguridade e queren protexer a súa vida privada. Un artigo da EFF (Electronic Frontier Foundation), unha organización norteamericana de defensa das ciberliberdades, "How to blog safely" dá informacións prácticas complementarias sobre este tema.
A personaxe de Ethan chámase Sarah, traballa como contable nos servizos do Estado. Dáse conta de que o seu xefe, un ministro, aprópiase de fondos públicos. Quere que isto saia á luz, pero teme perder o seu posto. Se o fala co ministro, sempre que obteña unha entrevista, será despedida. Fala cun xornalista que traballa para un xornal local, pero lle contesta que non pode traballar sobre este asunto coas escasas informacións que ela ten, e que necesita documentos para demostrar o que afirma.
O artigo completo (en castelán).
asennadas
chúzame -
En: AGNIX, Blogroll, Seguridade por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Sweetter é un servizo microblogging, onde podes escribir o que estás a facer, pensar... e os demais poden votar. Daquela, segundo vaias acadando máis ou menos puntuación o teu karma variará.
Sweetter non é Twitter, pois tes karma, lista de cousas por facer e outras funcionalidades que poderás engadir ou personalizar grazas a que é libre con licenza AGPLv3. Está a ser desenvolvido por SUGUS (group of GNU users from the University of Seville).
Tamén podes participar nos servizos Twitter ou Jaiku empregando Sweetter pois dispón dos complementos (plugins) adecuados. Outros poden ser feitos para crear o teu propio servizo microblogging.
asennadas
chúzame -
En: AGNIX, Blogroll, FLOSS, Internet, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »