GP Brasil, sábado – 20091017

Previo Como chove! Semella cancelada a terceira sesión libre, é demais, pero bastante habitual aquí. Aínda así ábrese a pista a 15 minutos do final. Con certeza, a cualificación vai ser en mollado… ou non. Aquí tamén seca en instantes. Tralo forte accidente de Grosjean. detense todo. Os poucos minutos en total deixaron esta clasificación: […]

GP Brasil, venres – 20091016

Previo Chegamos á penúltima carreira da temporada co título aínda por decidir maila haber un claro favorito a el pola enorme vantaxa acumulada nos primeiros GPs, Jason Button. O seu compañeiro Rubinho está a 14 puntos, Vettel a 16. En canto a novidades entre GPs, Kubica foi confirmado como piloto de Renault por unha temporada […]

X FISL, Lula comenta SwL no Brasil

Se cadra a parte máis salientable deste pasado X FISL, porén o video de Stallman bailando con GNU, sexa o que dixo o presidente Lula sobre o SwL no Brasil: “Porque nós tínhamos que escolher: ou nós íamos para cozinha preparar o prato que nós queríamos comer, com os temperos que nós queríamos colocar e […]

Comeza o X Fórum Internacional Sw Livre

Desde hoxe e ata o 27 de xuño de 2009 ten lugar en Porto Alegre (Brasil) o X Fórum Internacional Software Libre “A Tecnologia que liberta“. Na súa páxina oficial tes información de relatores, programación, novas e horarios. Grazas a súa retransmisión por streaming podes asistir ao evento tranquilamente dende o teu computador, tanto en […]

Claudio F. Filho regresa a Brasil

Hai algo máis dun ano anunciaba a posible chegada de Claudio F. Filho a C.T.I. TEGNIX, S.L., algo que se concretou definitivamente en setembro do ano pasado. Lamentablemente agora hei de anunciar o regreso ao seu país por motivos estritamente persoais. Cremos que sempre estivo satisfeito co traballo na nosa empresa pois deixámolo en total […]

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

A Arte de HACKEAR Pessoas

É o título dun libro de Antonio Marcelo e Marcos Pereira, editado por Brasport. Aborda os problemas da enxeñaría social,  os crimes dixitais, ataques de phishing e afíns. O libro consta dos seguintes capítulos: Capítulo I – Hackeando Persoas Capítulo II – Presentando ao Enxeñeiro Social Capítulo III – Enxeñaría Social para Diversión e Lucro […]

Tela Azul, comedia teatral sobre SwL

A peza teatral “Tela Azul” refírese ao fondo de escritorio de cor azul que o sw privativo popularizou. Foi ideada e creada pola 4Linux e gravada durante o evento Campus Party 2008. Contou coa participación de John ‘maddog’ Hall e ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-Uso Non-Comercial 2.5 Brasil. Esta breve comedia está falada en […]

10º Fórum Internacional Software Livre, en Porto Alegre

Souben por Marcelo Branco da apertura do 10º Fórum Internacional Software Livre “A Tecnologia que liberta“. Este é un aniversario moi especial toda vez que… Em 1999, quando idealizamos o fisl, e nos jogamos na construção do que é hoje a rede “Projeto Software Livre Brasil”, fomos visionários-quase-por-acaso, pois não sabíamos ao certo a dimensão […]

MUAN, animación cadro-a-cadro

MUAN ( Manipulador Universal de Animação) é un sistema de software libre para animación cadro-a-cadro, desenvolvido para GNU/Linux. Foi concibido polo Anima Mundi, Festival Internacional de Animación do Brasil, e desenvolvido polo IMPA, Instituto de Matemática Pura e Aplicada, co apoio de IBM. A súa interface gráfica permite a rápida creación, edición, manipulación e visualización […]

Goberno do Brasil leva aforrados 55 millóns de euros grazas ao SwL

O presidente do Serpro (Serviço Federal de Processamento de Dados), Marcos Mazoni (de quen comentei xa algo nesta entrada) dixo que, co uso de distribucións abertas GNU/Linux en órganos gobernamentais, deixouse de gastar máis de R$ 150 millóns (uns 55 millóns de euros) nos últimos anos. Só co Expresado (solución libre de correo-e, axenda, catálogo […]

Síndrome de Orwell e Google (humor)

Karlisson Bezerra é o brasileiro autor da serie de tiras cómicas titulada “Nerdson não vai à escola” liberada baixo licenza Creative Commons by-nc-sa 3.0. Ao respecto do temor que temos pola nosa privacidade depositada en Google, Karlisson fixo esta tira: asennadas