Elephants Dream, a curta libre traducida ao galego
Elephants Dream é unha película aberta, feita enteiramente con aplicacións libres e abertas como Blender. Alén disto, todos os arquivos da produción están nlibremente dispoñibles onde sexa que queiras pois ten unha licenza Creative Commons. Dela sábese xa desde hai bo tempo.
Lendo nos foros de Blender, atópome con que hai unha tradución en galego feita por Adrián Chaves. Sobre este tema, Adrián sinala:
Si, fixen a tradución, pero coido que non vai subirse ao sitio web oficial (nin a miña nin ningunha outra). Semella que o proxecto xa quedou estancado. Algo que supoño que nos casos das obras artísticas, pode ter algo de sentido.
De todas formas, teño activo un torrent da curtametraxe con 33 subtítulos, incluídos os subtítulos en galego, e aberto a máis subtítulos.
O torrent podes atopalo nesta páxina:
http://thepiratebay.org/torrent/4797765/Elephants_Dream_[HD][English][33_subs]Por se prefires descargar o filme pola túa conta (coido que no sitio web oficial do proxecto hai descarga directa dispoñible), anexo os subtítulos.
Para visualizalos, ben podes abrir o filme cun reprodutor e logo cargalos desde o programa, ou ben podes situar os subtítulos no mesmo cartafol que o filme e co mesmo nome (a maioría dos reprodutores cargan automaticamente os subtítulos cando o nome coincide co do filme).
Esta curta foi creada polo estudio Orange Open Movie Project, sito en Amsterdam, durante os anos 2005 e 2006. Para ilo contou cun diverso equipo de artistas e desenvolvemento de todo o mundo.
Tes máis información sobre esta curta aquí.
asennadas![]()
En: AGNIX, Cultura Libre, FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »

Xa son varios os portais web adicados a grupos e autores que licenzan as súas obras musicais baixo algunha das modalidades
A calidade musical, tanto artística como de produción, é moi elevada. Podes sorprenderte se é que pensas que por non seren artistas de canles privativas a súas composicións non pagarán a pena. Anímote a que entres no portal, elixas un estilo e selecciones por clasificar o resultado por «popularidade». De seguro que atoparás auténticas «xoias».
Cory Doctorow
Susana de Lorenzo vén de recomendar esta nova referida a 
