Elephants Dream, a curta libre traducida ao galego

Elephants Dream é unha película aberta, feita enteiramente con aplicacións libres e abertas como Blender. Alén disto, todos os arquivos da produción están nlibremente dispoñibles onde sexa que queiras pois ten unha licenza Creative Commons. Dela sábese xa desde hai bo tempo. Lendo nos foros de Blender, atópome con que hai unha tradución en galego […]

CC0 ou Creative Commons Cero, Universal

CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0. CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que […]

Jamendo Pro, Creative Commons substituíndo á SGAE

Coñeces Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Veń de anunciarse un novo servizo, Jamendo pro. Ofrece unha ampla colección de músicas, variadas e sen publicidade. Ademais, ao elixir música Creative Commons (CC), non terás que pagar canon a ningunha entidade de xestión de dereitos. Como funciona? […]

Sentenza Copyleft en Pontevedra (Javier de la Cueva)

Javier de la Cueva fai unha análise dunha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra ditada o pasado 31 de xullo de 2008. Os feitos foron os seguintes: a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGA€) demandou ao establecemento El Monstruo de un Solo Ojo reclamándolle a cantidade de 1.325,70 euros como importe da música que […]

Jamendo.com, música Creative Commons

Xa son varios os portais web adicados a grupos e autores que licenzan as súas obras musicais baixo algunha das modalidades Creative Commons. Sirvan de exemplo, MusicaLibre.es ou SomaFM. Desta vez hei referirme unicamente a Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Jamendo está a mellorar de […]

Libro geek traducible e mesturable baixo CC

Cory Doctorow é editor en Boing Boing e deste blog. Tamén é ciberactivista e o autor de varios libros, entre eles este titulado “Little Brother” que se pode traducir baixo licenza Creative Commons-Recoñecemento-Non Comercial-Compartir baixo a mesma licenza-3.0. Grazas a esta licenza e maila facilidade de dispor do texto podes traducilo e até creares unha […]

GNU Free Doc License 1.3 permite migrar a CC

Vén de saír á luz a versión 1.3 da GNU Free Documentation License coa súas FAQ (preguntas frecuentes). Esta é unha licenza moi pouco usada agás por ser empregada no octavo sitio web máis visitado, a Wikipedia. Nesta versión inclúense métodos especiais para permitir re-licenciar contidos baseados en ferramentas wiki desde a propia GFDL cara […]

Música copyleft con certificación AENOR

Susana de Lorenzo vén de recomendar esta nova referida a MúsicaLibre.es que está publicada dixitalmente en El País. Que pasa se alguén colle unha canción doutro e a difunde como propia? É un risco ao que se enfrontan por igual os autores que usan copyrights restritivos e os libres, aínda que o perigo é maior […]

EXGAE, libérate da SGAE

A EXGAE é a primeira asesoría legal case que gratuita especializada en liberar á cidadanía das actuacións da SGAE e outras entidades xestoras. Nace coa vontade de canalizar a popular e xustificada hostilidade cara estas entidades xestoras empregando ferramentas artísticas e legais. EXGAE aposta por outras formas de circulación da cultura. Está constituída por 24 […]

Selo ‘aprobado para obras culturais libres’

Na lista CC-es coméntase que Creative Commons vén de dar un importante paso para aproximarse ás teses de FreedomDefined. E é que Mike Linksvayer, de Creative Commons, anunciou a creación dun selo “aprobada para obras culturais libres” que permitirá distinguir as licenzas Creative Commons que son libres (by e by-sa, ademais das declaracións de dominio […]