CC0 ou Creative Commons Cero, Universal

CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0.

CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que se atopan para pór algunha creación baixo o dominio público.

A idea é que, no canto de licenciar a túa creación con diversas restricións, poidas renunciar aos teus dereitos tanto como sexa posible, incluídos os dereitos morais, legalmente irrenunciables na LPI (Lei da Propiedade Intelectual) como sinala o seu artigo 14. Isto déixame en dúbida sobre a súa aplicación legal no noso estado precisamente por seren irrenunciables os dereitos morais.

Daquela de seu non se trata de dominio público porén comporte teoricamente os mesmo efectos.

Para obter a renuncia CC0 tes que seguir os mesmo pasos cós que dunha licenza normal CC coa diferenza de que tes que activar o elemento clickwrap para expresamente renunciar aos teus dereitos morais.

Tes máis información no wiki de CC, na fonte e neste artigo que analiza á CC0 en profundidade.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jamendo Pro, Creative Commons substituíndo á SGAE

Coñeces Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre.

Veń de anunciarse un novo servizo, Jamendo pro. Ofrece unha ampla colección de músicas, variadas e sen publicidade. Ademais, ao elixir música Creative Commons (CC), non terás que pagar canon a ningunha entidade de xestión de dereitos.

Como funciona? Compras unha licenza comercial a través de PayPal, tarxeta de crédito ou por transferencia. Tal licenza dáche acceso a numerosos estilos musicais e a un certificado que demostra que non tes que pagar polos dereitos de autor.

Tes unha necesidade específica? Contacta con Jamendo pro para que atopedes unha solución axeitada se precisas música para o teu local comercial, video, web ou evento.

Non me resisto a sinalar, especialmente para quen saiba de Jamendo por esta nova, que dous dos últimos álbums do grupo de rock industrial Nine Inch Nails foron feitos baixo licenzas CC, son récord de vendas e até gañaron premios de prestixio, como dúas veces o Grammy tras seren nomeados nunha dúcia de ocasións. Iso é xusto o que precisa a música CC para gañarlle terreo ás entidades xestoras do tipo $GA€.

Eis un exemplo de tipo hiphop:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Sentenza Copyleft en Pontevedra (Javier de la Cueva)

Javier de la Cueva fai unha análise dunha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra ditada o pasado 31 de xullo de 2008.

Os feitos foron os seguintes: a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGA€) demandou ao establecemento El Monstruo de un Solo Ojo reclamándolle a cantidade de 1.325,70 euros como importe da música que se reproducía no local. Aproveitamos para reiterar a explicación de que a SGAE non pon multas (é unha asociación privada), senón que reclama importes que lle corresponden como un provedor máis dun establecemento (como o fan os provedores de bebidas, electricidade, gas, etcétera). A SGAE fornece a música e se esta é de autores aos que representa, ten dereito a cobrar. No establecemento, segundo a sentenza, só se reproducen dous tipos de música: música libre e maquetas de autores noveis.

En primeira instancia o Xulgado determinou que a SGAE non tiña dereito a cobrar e rexeitou a demanda, con expresa imposición de costas a devandita entidade, sentenza que agora ratifica a Audiencia Provincial de Pontevedra, volvendo impor as costas á SGAE.

En dúas ocasións anteriores a Audiencia Provincial de Pontevedra, mediante sentenzas de datas 29 de novembro de 2005 e 25 de febreiro de 2008, rexeitara os recursos doutros establecementos que alegaban o uso de música libre: o primeiro deles era unha cafetería sita en Marín e, o segundo, a Sala a Iguana.

(…)

Tal e como conclúe de la Cueva:

É unha boa nova este rigor da Audiencia de Pontevedra, que vén demostrar que se se proba correctamente o uso de música libre, non hai problemas para modificar criterios contrarios de resolucións anteriores dunha Audiencia Provincial. Os profesionais do Dereito coñecemos que poden existir criterios diferentes no ámbito de diversas Audiencias. Con todo, tras esta resolución, sabemos que o criterio é coincidente entre as Audiencias Provinciais de Madrí, Valencia e Pontevedra, as únicas que, ata esta data, resolveron sobre este tipo de música libre.

e, lido o anterior, recomendo o que escribira uns poucos dias atrás neste artigo. Promocionemos músicas Creative Commons porque habelas hainas!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Jamendo.com, música Creative Commons

Xa son varios os portais web adicados a grupos e autores que licenzan as súas obras musicais baixo algunha das modalidades Creative Commons. Sirvan de exemplo, MusicaLibre.es ou SomaFM.

Desta vez hei referirme unicamente a Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Jamendo está a mellorar de seguido a súa interfaz web para facela máis amigable e participativa. Polo de agora está a acadalo con foros, wiki, área de desenvolvemento, listas de favoritos, reseñas, amizades, etc para os seus ~20.000 integrantes dados de alta.

A calidade musical, tanto artística como de produción, é moi elevada. Podes sorprenderte se é que pensas que por non seren artistas de canles privativas a súas composicións non pagarán a pena. Anímote a que entres no portal, elixas un estilo e selecciones por clasificar o resultado por «popularidade». De seguro que atoparás auténticas «xoias».

E, por suposto, xa vai sendo hora de promocionar a quen coa música fai paralelamente o mesmo que quen desenvolve, traduce, difunde… Sw Libre.

Promociona música CC!

Deixo a miña lista provisional das sorpresa que me fun atopando neste portal:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Imaxina… NO COPYRIGHT

O venerado profesor da Universidade de Utrecht Joost Smiers é coñecido principalmente polo seu libro de título «Un mundo sin copyright. Artes y medios en la globalización» (edición en castelán).

Foi o propio Javier de la Cueva quen me recomendou ese título e estoutro que veño de mercar: «Imagine… NO COPYRIGHT«.

Libro que defende o «NO COPYRIGHT» ten copyright restritivo!

E agora vén a fea anécdota: o libro ten coyright restritivo, como calquera outro! Por que? Nas verbas de Smiers:

«Non estou soñando, entendo que neste momento o mundo é copyright, e o editor debe facer o que lle permita protexer os seus dereitos«.

É cousa só do editor? Non había outro camiño?

Entendo que SI hai outro camiño. Proba dilo son os libros de Richard M. Stallman «Software libre para una sociedad libre«, o de Jordi Mas traducido ao galego por Daniel Romero e Ana Salgado «Software Libre: Tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto» da editorial Biblos Clube de Lectura ou o de David Bravo «Copia este libro«.  Cada un deles ten copyright, si, pero de tipo non-restritivo, é dicir, teñen algúns dereitos reservados e podemos copialos… De feito podes descargar o de Stallman, o de Jordi Mas e o de David Bravo.

Descoñezo se os libros de Smiers están dispoñibles para a súa descarga posto que a pesares de intentalo non fun quen de atopalos. Se realmente non estiveran dispoñibles, a súa excusa escorrendo o bulto cara o editor sería deplorable porque acho que hai que predicar co exemplo.

Imaxinas se a xente defendera o SwL pero non o copiara, modificara ou distribuira? Sería o que hoxe é?

Por favor, se sabes dun sitio público onde poida descargar os libros de Smiers, dimo. Estou ansioso de poder rectificar este artigo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Obama aposta por Creative Commons e unha Internet Libre

Barack xa prometía mudanza para o seu mandato e no seu discurso de vitoria afirmou que a mesma chegará aos Estados Unidos. O sitio web Change.gov, estandarte virtual da transición presidencial norteamericana, revela que a postura mudou.

A pesar de explicitar o seu respecto polo DMCA (Dixital Millennium Copyright Act) e o tradicional Copyright, Obama afirma a súa política autoral adoptando unha licenza Creative Commons para todo o website, excepto cando haxa aviso previo. Desa forma, é permitido o reparto da obra, incluíndo a copia, distribución e transmisión da mesma, así como a adaptación. Sempre relembrando que o crédito é esixencia e a asignación do mesmo á obra imprescindíbel.

Esa mudanza non está sen fundamento e as propostas tecnolóxicas, tamén presentes no sitio web, revelan boas posibilidades para o futuro. Entre elas están:

a) Garantir a total e libre troco de ideas por unha internet aberta e diversas outras mídias

b) Protexer a liberdade da internet apoiando o principio da neutralidade na rede a fin de preservar os beneficios da libre competencia no ámbito virtual.

c) Animar á diversidade na propiedade das obras multimedia, promover o desenvolvemento de novas saídas para a expresión de diversos puntos de vista.

d) Protexer a Propiedade Intelectual atualizando e reformando os sistemas de dereitos autorais e patentes para incentivar a discusión cívica, a innovación e o investimento, así como garantir o tratamento xusto aos propietarios de propiedade intelectual.

Máis información en http://change.gov/.

A fonte desta nova foi atopada por este sitio.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

VI Aniversario de Creative Commons

Creative Commons vai celebrar o seu VI Aniversario e está abrindo tal celebración á nosa participación.
As festas terán lugar en diversas partes do mundo o 16 de decembro. Nestes intres hainas previstas en Ann Arbor, Washington D.C., Brisbane, Berlin, Guatemala, San Francisco, New York, Seúl e Barcelona.

Calquera pode contribuir organizando celebracións porque todas son importantes por pequenas que sexan. Tamén podes facer un video de 90 segundos amosando o teu aprecio á CC A Facebook A Twitter

Libro geek traducible e mesturable baixo CC

Cory Doctorow é editor en Boing Boing e deste blog. Tamén é ciberactivista e o autor de varios libros, entre eles este titulado «Little Brother» que se pode traducir baixo licenza Creative Commons-Recoñecemento-Non Comercial-Compartir baixo a mesma licenza-3.0. Grazas a esta licenza e maila facilidade de dispor do texto podes traducilo e até creares unha nova obra empregando mesturas con outras historias.

Cory recrea no libro a historia dun geek de tan só 17 anos moi avezado en sistemas e redes.

Souben dela grazas a MaryBeth Panagos de Open Media Now!, a quen coñecín na OSWC’08.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto

Grazas a un correo-e de Keko (OuSLi) entérome dun número da revista NovATIca adicado exclusivamente ao campo lexislativo no ámbito das TIC co título «Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto«.

Este número ten todos os seus artigos descargables:

  • O amplo mundo das Licenzas de Software Libre
  • A protección xurídica dos programas de computador no Dereito Español
  • Fundamentos ideolóxicos e efectos reais do modelo vixente de propiedade intelectual
  • O marco legal das licenzas de programas de ordenador: ten límites a vontade do licenciador?
  • Reflexións xurídicas sobre as licenzas ‘libres’ de programas de computador no ámbito da Administración Pública
  • Software Libre en Estremadura, historia dunhas boas razóns
  • Creative Commons: licenzas de contido aberto para regular traballos creativos
  • As publicacións científicas: o papel dos Estados na era das TIC
  • e varios máis.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Big Buck Bunny

Desde o 28 de maio está dipoñible a película de debuxos animados «Big Buck Bunny«, feita con Blender e licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0.

Está feita por 7 dos mellores desenvolvedores da Blender Foundation, pódese descargar en múltiples formatos e para calquera plataforma. Óllaa:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Software Livre (rap brasileiro)

Un novo tema sobre SwL vén de aparecer na rede, desta vez un rap brasileiro feito por Mano Robson con licenza Creative Commons. Estaría ben que incluira a letra…

Pódelo baixar directamente A Facebook A Twitter

Selo ‘aprobado para obras culturais libres’

aprobado para obras culturais libresNa lista CC-es coméntase que Creative Commons vén de dar un importante paso para aproximarse ás teses de FreedomDefined. E é que Mike Linksvayer, de Creative Commons, anunciou a creación dun selo «aprobada para obras culturais libres» que permitirá distinguir as licenzas Creative Commons que son libres (by e by-sa, ademais das declaracións de dominio público, que non son unha licenza pero que tamén permiten usos libres das obras) das que non o son (as que teñen as cláusulas nc-»non comercial» e nd-»sen obras derivadas»).

Isto terá importantes beneficios para proxectos libres como Wikipedia, Commons e outros análogos, que atopaban dificultades para explicar por que unhas licencias CC eran válidas e outras non. Achanda de paso o camiño para a anunciada adopción por parte de Wikipedia da licenza copyleft de CC.

Desta forma sálvase a principal obxección que se lle facía á CC desde o ámbito da cultura libre (no sentido que se dá a este adxectivo no ámbito do software libre) e permitirá que non sexan confundidas unhas licenzas con outras, permitindo distinguilas dentro do rango das licenzas de CC.

Fonte.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp