CC0 ou Creative Commons Cero, Universal

CC0 (Creative Commons Zero) é unha ferramenta na se que estivo a traballar dende decembro de 2007 e nestes dias vén de acadar a versión 1.0. CC0 é máis unha renuncia ca unha licenza. É un intento da Creative Commons de mellorar o sistema de dominio público facéndoo máis internacionalizable e resolvendo os problemas que […]

Jamendo Pro, Creative Commons substituíndo á SGAE

Coñeces Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Veń de anunciarse un novo servizo, Jamendo pro. Ofrece unha ampla colección de músicas, variadas e sen publicidade. Ademais, ao elixir música Creative Commons (CC), non terás que pagar canon a ningunha entidade de xestión de dereitos. Como funciona? […]

Sentenza Copyleft en Pontevedra (Javier de la Cueva)

Javier de la Cueva fai unha análise dunha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra ditada o pasado 31 de xullo de 2008. Os feitos foron os seguintes: a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGA€) demandou ao establecemento El Monstruo de un Solo Ojo reclamándolle a cantidade de 1.325,70 euros como importe da música que […]

Jamendo.com, música Creative Commons

Xa son varios os portais web adicados a grupos e autores que licenzan as súas obras musicais baixo algunha das modalidades Creative Commons. Sirvan de exemplo, MusicaLibre.es ou SomaFM. Desta vez hei referirme unicamente a Jamendo.com, un portal que inclúe a nada desdeñable cifra de +15.000 aĺbums de música libre. Jamendo está a mellorar de […]

Imaxina… NO COPYRIGHT

O venerado profesor da Universidade de Utrecht Joost Smiers é coñecido principalmente polo seu libro de título “Un mundo sin copyright. Artes y medios en la globalización” (edición en castelán). Foi o propio Javier de la Cueva quen me recomendou ese título e estoutro que veño de mercar: “Imagine… NO COPYRIGHT“. Libro que defende o […]

Obama aposta por Creative Commons e unha Internet Libre

Barack xa prometía mudanza para o seu mandato e no seu discurso de vitoria afirmou que a mesma chegará aos Estados Unidos. O sitio web Change.gov, estandarte virtual da transición presidencial norteamericana, revela que a postura mudou. A pesar de explicitar o seu respecto polo DMCA (Dixital Millennium Copyright Act) e o tradicional Copyright, Obama […]

VI Aniversario de Creative Commons

Creative Commons vai celebrar o seu VI Aniversario e está abrindo tal celebración á nosa participación. As festas terán lugar en diversas partes do mundo o 16 de decembro. Nestes intres hainas previstas en Ann Arbor, Washington D.C., Brisbane, Berlin, Guatemala, San Francisco, New York, Seúl e Barcelona. Calquera pode contribuir organizando celebracións porque todas […]

Libro geek traducible e mesturable baixo CC

Cory Doctorow é editor en Boing Boing e deste blog. Tamén é ciberactivista e o autor de varios libros, entre eles este titulado “Little Brother” que se pode traducir baixo licenza Creative Commons-Recoñecemento-Non Comercial-Compartir baixo a mesma licenza-3.0. Grazas a esta licenza e maila facilidade de dispor do texto podes traducilo e até creares unha […]

Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto

Grazas a un correo-e de Keko (OuSLi) entérome dun número da revista NovATIca adicado exclusivamente ao campo lexislativo no ámbito das TIC co título “Licenzas de Software Libre e mailo seu contexto“. Este número ten todos os seus artigos descargables: O amplo mundo das Licenzas de Software Libre A protección xurídica dos programas de computador […]

Big Buck Bunny

Desde o 28 de maio está dipoñible a película de debuxos animados “Big Buck Bunny“, feita con Blender e licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0. Está feita por 7 dos mellores desenvolvedores da Blender Foundation, pódese descargar en múltiples formatos e para calquera plataforma. Óllaa: [gv data=”YE7VzlLtp-4″][/gv] asennadas

Software Livre (rap brasileiro)

Un novo tema sobre SwL vén de aparecer na rede, desta vez un rap brasileiro feito por Mano Robson con licenza Creative Commons. Estaría ben que incluira a letra… Pódelo baixar directamente

Selo ‘aprobado para obras culturais libres’

Na lista CC-es coméntase que Creative Commons vén de dar un importante paso para aproximarse ás teses de FreedomDefined. E é que Mike Linksvayer, de Creative Commons, anunciou a creación dun selo “aprobada para obras culturais libres” que permitirá distinguir as licenzas Creative Commons que son libres (by e by-sa, ademais das declaracións de dominio […]