Gilberto Gil: Piratería é desobediencia civil

Nunha ampla entrevista dividida en partes que podes atopar partindo desta ligazón, o compositor e ex-ministro de Cultura brasileiro Gilberto Gil fala sobre piratería, propiedade intelectual e dereito de autor. "Piratería é desobediencia civil", crava.

  • A indústia fonográfica cedeu a esa nova democracia?

Si. Se non cedeu aínda, parcialmente ou nalgúns aspectos, é unha cuestión de tempo, non ten moito máis para resistir. Non sei en que base esa lóxica de hexemonía e dominio do modelo industrial da cultura, sexa polo que sexa, en que base van atopar unha visión para manter os seus intereses intactos. Non sei. Non o vexo. Falo de democracia exactamente nese sentido. Hai un ímpeto. Todo o que eles propios crean, todo o que é producido polo mundo hexemónico do dominio capitalista, é elemento de fortalecimento da base democrática. Vostede colle todas as novas tecnoloxías, todo o que está na Bolsa da Nasdaq, os grandes proxectos da industria punta no mundo... Eu estaba falando dun computador de dez dólares! Vai estar aí o proxecto da India e do Xapón. Cando vostede fala dun computador de dez dólares, de cal exclusión dixital vostede pode estar falando a medio prazo? No momento en que vostede teña computadores espallados por aí, como vostede pode evitar o MP3, o MP4 e etc. etc. etc.? Non pode.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Da Cultura Livre

Fernando Henrique Leme vén de publicar un libro dixital con licenza Creative Commons que podes descargar aquí.

Produtores nervosos, consumidores neuróticos?
Apesar das dificuldades de produzir cultura e da qualidade rarefeita do cenário atual, este mercado encara um futuro brilhante!
Quer saber como?
Da Cultura Livre
Fundamentos e soluções
Qual o espaço para produtores e consumidores de cultura num mundo hiperconectado?

É un pracer para min publicar un artigo sobre o traballo do amigo Fernando, o "Gestor Inteligente", quen me foi presentado por Claudio F. Filho.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Freedomdefined.org, licenzas para obras culturais libres

Un dos moitos sitios web recomendados polos que interviron nas pasadas Xornadas de Dereito TIC foi o de freedomdefined.org.

Trátase dunha documentación feita con metodoloxía wiki que define as "obras culturais libres" (Free Cultural Works) como obras ou expresións que poden ser libremente estudadas, aplicadas, copiadas e/ou modificadas por calquera, para calquera propósito. Tamén describe certas restricións admisibles que respectan ou protexen esas liberdades esenciais. A definición distingue entre obras libres e licenzas libres que poden usarse para protexer legalmente o status dunha obra libre. A propia definición non é unha licenza, senón unha ferramenta para determinar se unha obra ou licenza debería considerarse "libre".

Alén do amplo contido do sitio, destacaría o cadro resumo e comparativo das licenzas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala dos Oxcars

Este ano, na Sala Apolo-Barna, 28 de outubro ás 20,30 h terá lugar a gala dos Oxcars, artellado polo colectivo de activistas pola cultura libre ExGAE.

Durante sete horas haberá actuacións, premios,... na que creación en código aberto e a cultura compartida serán as principais protagonistas. Xogando coa posta en escea dos grandes eventos do mercado do arte e a cultura, este acto plantéxase coma unha deconstrucción deste xeito de creación excluinte, pobre ou nulo nos contidos e absolutamente elitista, onde unha minoría produce e a maioría consume de xeito pasivo. É un xeito tamén de dar a coñecer, e polo tanto promocionar a todas aquelas persoas e colectivos que están a desenvolver a sua creatividade de xeito aberto e cooperativo, na procura de que cada vez máis persoas e espazos abandonen o consumo privativo de produción cultural e aposten pola cultura livre.

Máis en Olho Livre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas: Cultura libre para unha sociedade libre

No CSA ATREU! Travessa Sam José, 2 - As Atochas-Montealto

Martes 10 -20:00 > 22:00 Iniciación a GNU/Linux. Primeira parte do obradoiro de inciación ao sistema GNU/Linux, instalación de Ubuntu. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Mércores 11 -20:00 > 22:00 Permanecer en GNU/Linux. Segunda parte do obradoiro de inciación ao sistema GNU/Linux,nocións básicas para manexar o sistema. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Xoves 12 - 21:00 Blogaliza, a información alternativa Palestra ofrecida por Pedro Silva, creador de blogaliza.org,
portal de blogues en galego.

Luns 16 - 19:00 > 22:00 Programación web. Inciación ás linguaxes Html e Css, obradoiro a cargo de Trebelab (A Cova dos ratos, Vigo)

Martes 17 - 19:00 >21:00 Deseño con ferramentas libres: Inkscape. Primeira parte do obradoiro, manexo do programa de deseño vectorial
inkscape, exercicio práctico contrapublicitario. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Mércores 18 - 19:00 > 21:00 Deseño con ferramentas libres: Gimp. Segunda parte do obradoiro, manexo do programa de retoque fotográfico Gimp, exercicio práctico contrapublicitario II. Desenvolvido polo Hacktreu (CSA Atreu)

Sábado 21 - 12:00 > 14:00 - 16:00 > 20:00 Obradoiro de Cinelerra. Software libre de edición e posprodución de video, introdución teórica
máis módulo práctico. Desenvolvido por Olholivre.

Na Casa das Atochas Atocha Alta, 14 - As Atochas-Montealto

Venres 13 - 21:00 Virtual WWWorlds. Servidumes e liberacións na era dixital. Palestra ofrecida por Rosendo González. Revista Transversal

Sábado 14 - 12:00 > 14:00 - 16:00 > 19:00 Montando unha radio libre. Obradoiro práctico para a montaxe dunha radio libre, a cargo da Radio Kalimera
(Compostela)

19:00 > 22:00 Contrapublicidade. unha aproximación teórica, proxección de material contrapublicitario, a cargo de Semsumistas (Vigo)
Martes 17 - 21:00 Software libre para unha sociedade libre Palestra a cargo de Roberto Brenlla, integrante de AGNIX (asociación sen fins de lucro que promove o Software libre)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google