O CNTG amplia a súa oferta formativa incluindo na súa programación a impartición dun curso de Creación dixital en 3D con Blender (PDF). A apertura do prazo de inscrición terá lugar o vindeiro día 1 de novembro, estando previsto para o 25 de xaneiro, de luns a venres e en xornadas de mañá, o inicio da acción formativa.
Para máis información consulte a ficha do curso accedendo á sección formación do menú actividades do CNTG.
O curso será dado por Antonio Carranza contratado por TEGNIX.
Roberto Brenlla
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.
Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.
Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.
O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.
As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.
“O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 1 crédito de libre configuración.
Inscríbete!
Roberto Brenlla
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores.
asennadas
En: Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal, Relatorios, TEGNIX por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título «A Revolución do Software Libre» (OSREVOLUTION 09).
Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.
O curso está pensado para un público tanto xeralista interesado en coñecer máis en profundidade o Software Libre como a persoas afeitas á esta temática xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadas
En: AGNIX, Cultura Libre, Estándares, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
A Universidade de Estremadura (UEx) traballa desde fai uns dez anos no desenvolvemento de produtos educativos en software libre e estiman que «dentro dun ano» darán a coñecer o xogo Chapas, unha recreación do tradicional xogo popular.
Esta foi unha das ideas que se abordou no curso de verán «Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre» incidindo na idea de mesturar o entretemento coa educación, e «non ver os videoxogos como algo obrigatoriamente prexudicial para a educación do neno«, segundo o profesor da UEx Francisco Fernández de Veiga, quen subliñou que a industria dos videoxogos move na actualidade «ata máis cartos» có cine.
En concreto, Chapas e é unha recreación do tradicional xogo popular, consistente en realizar un itinerario xunto a varios xogadores da forma máis rápida. A principal peculiaridade é que o camiño que debe percorrer cada usuario é un itinerario repleto de preguntas sobre Historia.
Ademais, os investigadores da UEx están centrados na mellora tecnolóxica da coñecida como «realidade inventada«. Baixo este termo acuñouse unha liña que persegue o uso dos videoxogos máis aló do computador.
Este curso de verán desenvolveuse en Almendralejo (Badaxoz) e del xa comentei outra novidade, nomeadamente a GP2X Wiz, unha consola feita con Sw Libre.
Fonte.
asennadas
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas «A Revolución do Software Libre» (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre.
Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de Software Libre e do curso, respectivamente.
As conferencias serán exposicións teóricas que abranguirán todo este espectro, impartidas por recoñecidos referentes profesionais e filosóficos das múltiples áreas implicadas e avaladas polos datos e a experiencia que as entidades que representan — administracións, empresas, universidades, asociacións — poden aportar.
O curso está pensado para un público xeralista, en boa medida ca vontade de amosar o xeito en que o Software Libre afecta a toda a sociedade. Partirase das nocións básicas e non son precisos coñecementos previos de ningún tipo. Nembargante, agárdase que o curso sexa tamén de interese para os veteranos no mundo do Software Libre, xa que permitirá abordar moitos aspectos que decote quedan en segundo plano.
asennadas
En: AGNIX, Cultura Libre, Eventos, FLOSS, Persoal por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Morfeo Formación e Certificación é un proxecto de Morfeo cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
O obxectivo xeral do proxecto é o de responder ás necesidades de cualificación en tecnoloxías libres tanto de empresas de desenvolvemento de solucións tecnolóxicas como de empresas usuarias das mesmas que asegure a mellora das súas competencias individuais e o seu desenvolvemento profesional en solucións libres.
Morfeo conta con diversos socios tecnolóxicos: CELSCAM (Centro de Execelencia de Sw Libre de Catilla La Mancha), Telefónica, ESI (European Sw Institute), ITI (Instituto Tecnológico de Informática), Universidade Politécnica de Madrid, Universidade Rey Juan Carlos, etc.
Algúns dos cursos gratuitos que ofrece Morfeo:
Nota: Inscribinme para probar a plataforma e semella que os cursos darán comezo a partir de setembro a pesares de que o material xa estea dipoñible. Polo de agora só está activo o de Formación a Formadores
asennadas
En: FLOSS por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino.
O obxectivo principal destas xornadas é dotar ao alumnado cun coñecemento básico no control automático e nos rudimentos básicos da robótica con microcontroladores, empregando en todo momento licenzas libres. No curso presentarase de forma práctica tanto o uso de hardware libre Arduino, como as ferramentas de programación necesarias e dispoñibles en GNU/Linux. Haberá tamén conferencias sobre robótica e obradoiros nos que se programará un mini-robot móbil autónomo. As xornadas consistirán nun 25% de exposición interactiva e nun 42% de prácticas sobre hardware. Para o maior aproveitamento deste curso, o único
prerequisito son coñecementos básicos dunha linguaxe de programación estruturada.
Grazas ó apoio da Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela, estás xornadas serán recoñecidas como Curso de Verán da USC. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as
estudantes da USC, este curso será recoñecible como 2 créditos de libre configuración.
Só hai 50 prazas e se asignarán por orde de inscrición.
Máis información e material promocional:
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Programación, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras.
Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux.
Os cursos dispoñibles polo de agora son:
- LF01 Creating Applications For Linux 2 dias $1099
- LF02 Essential Linux Device Driver Development Skills 2 dias $1099
- LF03 Linux Kernel Debugging and Performance 2 dias $1099
- LF04 Git Essentials For Developers 2 dias $1099
Todos os cursos inclúen instrucións en directo e exercizos prácticos, con preguntas e respostas aos instrutores, desenvolvedores expertos.
Podes acadar máis información sobre cada un destes cursos no seu sitio web ou mandando un correo-e a Mike Woster (mwoster _ARROBA_ linuxfoundation _PUNTO_org).
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Programación, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
1 Comentario »
Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante.
Púxoas a disposición de todo o mundo, porque, segundo di, «Onde estaría eu se non me nutrira do traballo xerado por outros que antes ca min creron na difusión da cultura e no software libre?«.
Todos os textos están en formato PDF (un estándar aberto) e dispoñibles baixo o seu correspondente contrato de cesión de dereitos con licenza Coloriuris Amarelo. Os temas tratados van dende o editor Vim, exercizos con SSH, LVM (Logical Volume Manager), Cron, copias de seguridade, Bash e MySQL.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS, Programación, Seguridade por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Andrés Maneiro conta que a empresa Igalia en colaboración coas tres universidades galegas e mancomun.org atópanse na fase final do Premio ó mellor PFC de Sw Libre onde é imprescindible a participación dos estudantes. Por resumir, os aspectos máis relevantes son:
- Inscripción ata o 31 de outubro de 2008
- Só para PFCs do ano académico 07/08 (setembro 08 incluido)
- O PFC debe ter unha licenza de sw libre (aprobada pola FSF ou a OSI)
- 1000 € ó gañador e posibilidade de un accésit de 500 €
Por outra banda, acercando a realidade das comunidades de sw libre ao estudantado galego, confiamos en que éstos se acheguen ao Sw Libre. É por isto, que fomos publicando nun blog información sobre os seguintes temas:
- Aspectos legais
- Aspectos económicos
- Organización do traballo en proxectos de sw libre
- Ferramentas habituais
- Análise de casos
asennadas
En: AGNIX, Amizade, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Vexo en NoticiasLinux que está dispoñible o Curso Ubuntu Desktop Training escrito pola Canonical Ltd. e pola comunidade Ubuntu Training traducido a pt-br. É bastante didáctico, con moitas figuras, tratando os principais tópicos do escritorio Ubuntu 8.04 e os seus aplicativos máis comúns: efectos, ofimática, multimedia e moi máis xa que abonda dicir que consta de 348 páxinas.
Os temas tratados son:
- Capítulo 1 – Presentación
- Capítulo 2 – Explorando o Escritorio Ubuntu
- Capítulo 3 – Usando internet
- Capítulo 4 – Usando o OpenOffice.org
- Capítulo 5 – O Ubuntu e os Xogos
- Capítulo 6 – Personalizando o Escritorio e Aplicativos
- Capítulo 7 – Facendo o Máximo con Imaxes e Fotos
- Capítulo 8 – Executando Música e Vídeo
- Capítulo 9 – Axuda e Soporte de Ubuntu
- Capítulo 10 – Particionamento e Inicialización
- Apêndice A – Instalando Controladores de Placas NVIDIA ou ATI
- Apêndice B – Compiz Fusion e o Cubo para Principiantes
Para ter acceso a todo o curso, visita o blog ubuntu804-br.blogspot.com. Podes descargalo todo xunto seguinda calquera das ligazóns daquí.
asennadas
En: AGNIX, FLOSS por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »