Creación dixital en 3D con Blender no CNTG

O CNTG amplia a súa oferta formativa incluindo na súa programación a impartición dun curso de Creación dixital en 3D con Blender (PDF). A apertura do prazo de inscrición terá lugar o vindeiro día 1 de novembro, estando previsto para o 25 de xaneiro, de luns a venres e en xornadas de mañá, o inicio […]

Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”. Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o […]

Presentacións na OSREVOLUTION’09

A seguir deixo ás ligazóns ás miñas dúas presentacións na OSREVOLUTION’09 da USC na que participarei este mércores. Modelos Negocio en Sw Libre Sw Libre na empresa galega: CTI TEGNIX, AGASOL asennadas

OSREVOLUTION 09, na USC (20-24 xullo)

Os vindeiros 20-24 de xullo hanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC un curso conformado por unha serie de conferencias baixo o título “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Podedes ver o programa completo, a listaxe de ponentes, prezos, prazos e demais información nas páxinas da Oficina de […]

UEx desenvolverá xogos educativos e libres

A Universidade de Estremadura (UEx) traballa desde fai uns dez anos no desenvolvemento de produtos educativos en software libre e estiman que “dentro dun ano” darán a coñecer o xogo Chapas, unha recreación do tradicional xogo popular. Esta foi unha das ideas que se abordou no curso de verán “Desenvolvemento de videoxogos con Software Libre” […]

A Revolución do Software Libre (USC)

Os vindeiros 20-24 de xullo vanse celebrar na Aula 10 da Facultade de Xeografía e Historia da USC unha serie de conferencias tituladas “A Revolución do Software Libre” (OSREVOLUTION 09). Serán impartidas por unha colección de expertos recoñecidos nas áreas da economía, legalidade, filosofía, historia, activismo e outras ramificacións do Software Libre. Podedes ver o […]

Morfeo oferta cursos gratuitos de Sw Libre

Morfeo Formación e Certificación é un proxecto de Morfeo cofinanciado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011 e cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). O obxectivo xeral do proxecto é o de responder ás necesidades de cualificación en tecnoloxías libres tanto de empresas […]

II Xornadas de Control Automático e Robótica con Ferramentas Open Source 09

Os sistemas de control automático e os sistemas autónomos permiten automatizar unha gran cantidade de procesos industriais e domóticos. Aínda que no mercado existen múltiples alternativas, propoñemos unha introdución ás solucións baseadas en deseños libres que, ademais de ser completamente funcionais, facilitan a súa introdución nas PEMES e no ensino. O obxectivo principal destas xornadas […]

Cursos da Linux Foundation

Linux Foundation está ofrecendo os seus primeiros cursos online de tan só dous dias de duración cada un. Estes cursos foron demandados por persoas interesadas en dispor de formación neutral, independente de empresas forncedoras. Pretenden ser cursos tecnicamente avanzados, feitos en conxunción cos actuais líderes da comunidade de desenvolvemento do kernel Linux. Os cursos dispoñibles […]

Material de Curso de Administración de sistemas GNU/Linux

Jorge Fuertes, ex-presidente de Hispalinux, vén de anunciar unha páxina que recompila as unidades didácticas xeradas para os seus cursos de administración de sistemas. Inclúen exercizos, solucións e explicacións dirixidas a unha clara e rápida comprensión dos temas, sen pretender ser exhaustivas pero tratando de chegar ao alumnado con todo o importante. Púxoas a disposición […]

Fase final do Premio ao mellor PFC de Sw Libre

Andrés Maneiro conta que a empresa Igalia en colaboración coas tres universidades galegas e mancomun.org atópanse na fase final do Premio ó mellor PFC de Sw Libre onde é imprescindible a participación dos estudantes. Por resumir, os aspectos máis relevantes son: Inscripción ata o 31 de outubro de 2008 Só para PFCs do ano académico […]

Curso Oficial de Ubuntu 8.04

Vexo en NoticiasLinux que está dispoñible o Curso Ubuntu Desktop Training escrito pola Canonical Ltd. e pola comunidade Ubuntu Training traducido a pt-br. É bastante didáctico, con moitas figuras, tratando os principais tópicos do escritorio Ubuntu 8.04 e os seus aplicativos máis comúns: efectos, ofimática, multimedia e moi máis xa que abonda dicir que consta […]