É unha pregunta que me fago cada «x» tempo.
Percorrín dúcias de distros, dende a sempre benquerida Slackware até hoxe, pasando por varias distros que empregan RMPs, directamente códigos fontes ou até as *BSD e mailo fabuloso «make world» (hoxe substituído por outros pasos como «make buildworld» e «make installworld») . Con fecuencia leo as múltiples dificultades de dependencias que posúe o sistema RPM, nada tralo éxito do sistema de paquetes de Debian, e a historia persiste agora que non uso nin Fedora, Mandriva, SUSE ou semellantes.
Non é que sexa perfecto o sistema das *.deb pero, por regra xeral, é unha auténtica gozada, con certeza. Porque si, de cando en vez teño algúns atrancos por dependencias non solventadas ou «tuberías rotas» pero… finalmente resolvénse case sempre moi doadamente, e noutras veces con paciencia, tesón ou co simple transcurso dun tempo de espera.
Cos RPMs? Os problemas eran, e semella seguir sendo, moito máis persistentes e contínuos. Xa non digo de instalares paquetes «de-sistema» ou «de-distro» senón dun calquera que, por exemplo, dependa dunha biblioteca concreta que xa teñas instalada. E non digamos instalar rpms de distintas distros! Isto adoita ser coñecido como o «inferno da dependencia» (dependency hell).
A simpleza e velocidade de Slackware sempre me abraiou, na contra doutras cousas como a súa filosofía máis vertical ou, como neste caso, o sistema de paquetes. Mágoa que sexa moi curto o número de paquetes tgz dispoñibles!
Ben sei que na variedade está a certeza de acadarmos un obxectivo común. Sempre ten que haber quen vaia investigando por algures para confirmar que o camiño certo e «tal». E aínda tendo a certeza dese «tal» camiño, hai que seguir deixando portas abertas e incentivando á investigación pero… as estas alturas, despois de algúns anos de experiencia, non sería bo termos unha ringleira de apoio e desenvolvemento masivo a prol do sistema de paquetes Debian? A iso refírome ao poñer no título a verba «estándar«.
Paga a pena lembrar que o sistema de repositorios común nas Debian foi recollido polas distintas distros, sexan do tipo código fonte, tgz ou rpm. O sistema APT xestiona á ferramenta de baixo nível dpkg a xeito de front-end, algo que nas RPMs o fai YUM dende hai poucos anos. E todo isto véu… hai que recoñecelo, de Debian.
Podes ler máis sobre isto en The story of RPM, dpkg, rpm, APT e a partir daquí as ligazóns que recomenden.
De seguro que algunhas das ideas que deixo neste artigo serán transitorias, tan só un lapsus emocional.
asennadas
En: AGNIX, Estándares, FLOSS, Pensamento, TecnoloxÃa por Roberto Brenlla
3 Comentarios »