ArtistX, DVD para estudio de produción multimedia

ArtistX é un DVD baseado en Debian SID que inclúe todas as ferramentas necesrias para que poidas ter un estudio de produción multimedia. E, como na maioría dos dispositivos “vivos”, podes probalo antes de instalalo, gardar o que fagas ou, como non , instalalo. Esta versión está caracterizada por dispor de : Base en Debian […]

O negrón de Debian

Nos pasados dias puidéronse ler moitas novas referidas ao gran erro de seguridade de Debian, algo que para moita xente crítica supón un duro golpe á imaxe da distro GNU/Linux máis social se con ela xuntamos ás súas derivadas, especialmente Ubuntu. Aconteceu que os que manteñen os paquetes OpenSSL cometeron algúns erros que comprometían potencialmente […]

Manual de Seguridade para Debian e derivadas

O profesor de informática estremeño, José Manuel Calero Romero, ofrece no seu blogue un Manual de Seguridade (PDF) para Debian que é extensible ás derivadas desta como Ubuntu ou GnuLinex. Alén deste manual, Calero dipón de diversos materiais didácticos referidos principalmente a redes, hardware e multimedia. Fonte. asennadas

SwL no III Dia do emprendedor

O III Día Galego do Emprendedor celébrase o vindeiro 15 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Nesta edición afóndase nun novo e paradigmático modelo de negocio, o software libre, cun amplo itinerario no que distintas empresas explicarán como basean os seus negocios nesta tecnoloxía. O software libre presenta importantes […]

Debian estará no Google Summer of Code 2008

Debian vén de anunciar que estará no Google Summer of Code 2008, desta vez cunha dúcia de proxectos aceptados. Google patrocinará aos mencionados estudantes para que traballen a tempo completo durante as súas vacacións de verán, desde o 26 de maio ata o 18 de agosto. Durante ese tempo serán dirixidos e evaluados por un […]

Cantón suizo migrando 2000 escritorios a Debian

O cantón suizo Solothurn está a migrar 2000 escritorios cara GNU/Linux, concretamente a Debian. Así o fixo saber Kurt Bader, director de AIO (Amts fur Informatik und Organisation), durante o congreso “Open Source Meets Business” que se celebrou en Nuremberg. Alí foi presentada a migración como unha estratexia coa que acadar maior economía, seguridade e […]

A miña andaina no Sw Libre (’98-’99, libros, revistas e internet)

A miña implicación co SwL foi aumentando exponencialemente aínda que con moita dificultade por mor de non dispoñer de ninguén na miña contorna que me axudara ou, como mínimo, compartira experiencias. Seguía xogando con simuladores de F-1 nun Pentium I á vez que aprendía cousas coa Slackware no 486, lendo howtos, páxinas man e practicando. […]