Barcelona acolle a I Conferencia Internacional de SwL promovendo a educación

Barcelona acollerá do 15 ao 17 de xullo a 'I Conferencia Internacional sobre o Software Libre' como instrumento que favoreza a educación. O evento contará cuns 200 profesionais de administracións públicas, empresas do sector pedagóxico e de ONGs de todo o mundo.

O congreso analizará, entre outros temas, as posibilidades de que o programario libre contribúa a universalizar a educación, a abaratala e a aplicala, polo menos, na educación pública.

A "I Free Knowledge, Free Technology Conference" (FKFT) realizarase no pavillón 5 de Fira de Barcelona Montjuïc, organizada polo Free Knowledge Institute e o proxecto europeo SELF, ao que pertence a Universitat Oberta de Catalunya (UOC), e que coordina o programador holandés Wouter Tebbens.

En declaracións a Europa Press, Tebbens explicou que un dos grandes obxectivos de SELF é a Plataforma do mesmo nome, que consiste nun portal similar ao de Wikipedia, para crear e compartir materiais educativos en liña. O proxecto, impulsado con axuda da Comisión Europea, xa está na súa primeira fase.

Un dos relatores do congreso será o director do departamento de tecnoloxías da información da Xunta de Estremadura, Carlos Castro.

Explicará como esta rexión se converteu nunha das primeiras do mundo en adoptar o programario libre cun plan estratéxico integral que afecta á administración, a incubadoras de empresas e á educación, entre outros ámbitos, explicou Tebbens.

Outros relatores serán o fundador da Free Software Foundation, Richard Stallman; o membro do Consello Nacional de Investigación de Canadá Stephen Downes, especializado en software aplicado a educación; e Karel de Vriendt en representación da Comisión Europea.

A conferencia está organizada polo Free Knowledge Institute e o SELF Consortium, formado polas universidades Oberta de Cataluña e de Goteborg, Internet Society Netherlands, Free Software Foundation Europe, Internet Society Bulgaria, Fundación Via Libre e Tata Institute for Fundamental Research.

Fonte.

asennadas

Chuzame! chuzame -

Kerala (India) bate record de uso de GNU/Linux

Kerala, un pequeno estado do sur da India, vén de gañar a honra de ser a primeira entidade que examinou simultaneamente a 500.000 persoas en Teconoloxías da Información empregando todas elas GNU/Linux. Trátase do proxecto IT@School do Departamento Xeral de Educación dese estado.

A variante de GNU/Linux empregada é unha inicitaiva da escola e desenvolvida en colaboración coa FSF (Free Sw Foundation). Nas súas páxinas fan constar textualmente:

IT@School project had developed its own OS in Linux in association with Free Software foundation namely IT@School Linux The platform of IT education completely shifted from Windows to non proprietary software – Linux

A fonte sinala que este feito posibilitou a entrada no libro Limca dos records, o equivalente indú ao libro Guinness do que tamén están á espera de recoñecemento .

asennadas

Chuzame! chuzame -

Resultados da reunión coa conselleira de Educación

Para contextualizar é bo que leas antes:

Estes foron os puntos que finalmente tratamos coa conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón e que a seguir deixo:

Asunto: Estratexia TIC na Educación galega

Reunión: 22 de febreiro de 2008

DEFICIENCIAS

Comunidade e o profesorado observan as seguintes deficiencias en materia TIC no ensino galego:

  • Herdanzas de políticas anteriores baseadas en pagamentos por licenzas.

  • Non hai seguimento decidido cara a adopción de estándares abertos (UE, PEGSI)

  • Fuga de capitais polo pagamento de licenzas a empresas foráneas.

  • Non se está a cumprir o PEGSI en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • Heteroxeneidade de estratexias e actuacións a diferentes niveis.

  • Escaseza de persoal no SIEGA, só 20 técnicos. Imaxinemos unha empresa cuns 40.000 empregados, canto persoal está adicado aos sistemas e información? Abondaría con vinte?

  • Quen é o persoal TIC nos centros? É adecuado que non sexan profesionais TIC?

  • Non está na actuación da Consellería favorecer a pirataría e os estándares propietarios pero está a acontecer e sen remedio aparente a curto prazo (fuga de capitais).

  • Non se está a cumprir o acordo de goberno de 2005 en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • (...)

SOLUCIÓNS

Comunidade e o profesorado propoñen as seguintes solucións:

  • Analizar os exemplos de Estremadura ou Andalucía en materia de implantación de estándares abertos, independencia tecnolóxica, aforro económico por licenzas, xeración de emprego endóxeno, libre transmisión do coñecemento e, en resumo, ética educativa e política. Sen ir tan lonxe, temos o noso caso de éxito no aforro económico na plataforma PLATEGA.

  • Xerar un Plan de Actuación que implique de facto:

    • Análise funcional cara a estandarización, homoxeneización de estratexias TIC nos centros e independencia tecnolóxica.

    • Multidepartamental, con compromisos firmes e consolidados das partes implicadas.

    • Seguimento que evite a distorsión na interpretación dos obxectivos a acadar

    • Dotar de recursos adecuados. O aforro resultante sufraga con creces o esforzo inicial.

    • Reconversión do actual Plan de Formación cara a consecución de resultados en función dos seus perfís e das súas responsabilidades TIC nos centros.
    • Cumprimento estrito da súa axenda
  • Aproveitar as sinerxias do trinomio "Contidos educativos + sistemas + centros PTIC"

  • Crear un responsable TIC con titulación técnica que atenda un axeitado número de centros.

     

ACTUACIÓNS URXENTES

Comunidade e o profesorado consideran urxente:

  • Incrementar o número de persoal TIC no SIEGA e o persoal técnico nos centros

  • Concretar a distribución de Software Libre elixida para o ensino

  • Promover un Sistema de Información Base Común para todos os centros que favoreza a colaboración e o soporte entre o profesorado

  • Concienciar sobre as bondades dos estándares abertos, o Software Libre e maila libre transmisión do coñecemento como ética educativa.

Asistentes: Benjamín Lois, Carlos Carrión, Manuel Morán e Roberto Brenlla.

Deixo o pdf da Reunión Conselleira de Educación, Laura S. Piñón - 20080222.

Os que alí estivemos saímos moi satisfeitos de como trancorreu a hora que tivemos pois o cordial interese amosado foi confirmado polas constantes solicitudes de ampliación de información a cada punto tratado ou a cada anécdota contada. Foi do sentir unánime a naturalidade coa que axiña nos atopamos. Sorprendeunos que xa empregara sistemas libres durante a súa estadía en Cambirdge.

Entre os compromisos asumidos, a conselleira confirmou que ampliará información sobre o Sw Libre e a súa ética, aproveitará unha viaxe que ten por facer a Andalucía para comprobar as súas experiencias en materia educativa e TICs libres, replantexará o actual Plan de Formación especialmente nestas materias e tamén emitirá un comunicado oficial da Consellería.

 

Chuzame! chuzame -

Puntos a amosar á conselleira de Educación

Tras case que un ano despois de poder abrir unha porta adecuada na Consellería de Eduación, hoxe imos alomenos catro persoas a unha entrevista coa súa responsable, Laura Sánchez Piñón.

O que aconteza no Ensino galego preocupa e implica a diversas contornas: alumnado, profesorado, APAs e, como non, a quen defendemos a adopción de estándares abertos, a libre transmisión de coñecemento e as tecnoloxías libres, nomeadamente o SwL.

Estas foron as principais motivacións á hora de tentar establecer a canle adecuada coa que poder expresar varias inquedanzas que posúen determinados colectivos. Así, en marzo do 2007 mantivemos unha primeira xuntanza varios GUGLs e profesores a título persoal defensores de SwL con representantes do SIEGA. Ao remate do ano pasado houbo unha segunda entrevista onde foise concretando a estratexia a seguir.

Hoxe imos á reunión Benjamín Lois do SIEGA, os profesores Carlos Carrión e Manuel Morán e eu, en certo xeito representando á comunidade.

Decimos incluir unha serie de puntos a tratar nesta xuntanza, seguindo a orde: análise de deficiencias, proposta de solucións e medidas urxentes. Este é o documento revisado cos puntos a tratar.

Chuzame! chuzame -