A comunidade de SwL moi crítica con ZP polos mini-pcs

A comunidade está a facer o que pode (basicamente inundar a rede con entradas e novas ao respecto) para evitar á escola 2.0 tal e como a concibe o presidente do Goberno.

Víctor Domingo, actual presidente da AI (Asociación de Internautas), nunha entrevista para ElEconomista.es sinala que ZP ten «unha oportunidade de ouro» para apostar polo Software Libre, advertindo ao xefe do Executivo sobre as «dificultades» que terá para «explicar o gasto en case medio millón de licenzas de sistemas operativos» tendo ademais «unha referencia moi importante» en Estremadura.

Hispalinux non queda atrás e rotundamente espeta «É a maior estafa que se produciu nos últimos 30 anos«.

A cousa está plantexada cun financiamento tipo «vaporware«, a cidadanía cre que sairalle gratis pero a cousa non é tal. Segundo o xornal El País, as comunidades autónomas terán que corresponsabilizarse co gasto, estendendo un bono dixital e «créditos de baixo custo para as familias máis desfavorecidas«. Daí que sexa moi meneada a nova cuxo artigo orixinal está titulado «Anda, la escuela 2.0 tenía truco» que resume a proposta de ZP tal que así:

  • Vostede pasa por caixa para comprar o computador. Toshiba (ou Intel) fai a onda.
  • Se vostede é deses millóns de españois que as pasan putas. Pase vostede polo banco. Banesto fai a onda.
  • Úseo a súa comunidade autónoma ou non, o pc virá con windows. Microsoft fai a onda.
  • Cada vez que queira un librito dixital, vostede pasará por caixa. As editoriais fan a onda.

E se vostede non fai a onda, xa sabe. Será un antipatriota que non soubo ler entre liñas o que quería dicir o artigo 27.4 da Constitución. Si, ese que di «O ensino básico é obrigatorio e gratuíto«.

Dígase tamén que entre as presumibles empresas beneficiadas, alén das multadas pola UE Intel e M$, podería estar a editorial Santillana, pertencente ao grupo PRISA (El País, Canal Satélite Digital, Cuatro…), casualmente afín ao goberno e en grave crise económica.

Hai moitos máis artigos analizando esa escola 2.0. Entre eles destaco «Un ordenador para cada niño en Primaria» e «Zapatero se equivoca«.

SwL non ten cor política

Se cadra paga a pena lembrar que o SwL non ten cor política. Son moitos os exemplos de adopcións da liberdade tecnolóxica tanto de gobernos dun extremo como doutro. Polo tanto esta voráxine de críticas contra ZP non debería considerarse nin contra o seu grupo político nin contra a súa persoa, si sobre esa medida. Obviamente, se tal medida viñera doutro grupo, doutra cor, a reacción sería exactamente e mesma, con certeza.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Preséntase o Gyy, o mini-pc libre e ecolóxico

Tal e como anunciara dias atrás, preséntase hoxe o Gyy, así é o seu nome.

Anxo Blazquez e Pablo Machón, integrantes da marca iUnika, lideraron o proxecto de desenvolvemento dun computador portátil de 700 gramos que combina Software Libre, uso de enerxías renovables mediante placa solar, respecto ao medio ambiente grazas á súa construción en bioplástico, e mobilidade mediante conectividade GSM. iUnika está a presentalo hoxe no encontro LibreMeeting 2009, en Miraflores de la Sierra, Madrí.

Estará á venda a partires de xuño.

Que bo sería que o noso presidente tomase nota disto!

Tes máis información nestas fontes: unha e outra.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Stallman critica o reparto de mini-pcs do goberno

Non era de estrañar! Richard M. Stallman, criticou a iniciativa do Goberno de regalar un computador persoal portátil a cada alumno das escolas públicas e concertadas, porque significaría «vender o futuro do país a Microsoft«, un programa de software privativo.

Ao seu xuízo, «o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, debe decidir ser o partido socialista ou o partido monopolista«. Neste sentido, apuntou que «unha escola ética debería prohibir recibir esas computadoras» nos centros escolares, xa que «

Stallman preguntouse «por que –o Goberno español– quere regalar Microsoft ás escolas?» e comparouno con «regalar drogas adictivas«, ao que engadiu que «a primeira dose é gratis e, cando se é dependente hai que pagar«.

Como alternativa ao software privativo, Stallman propuxo ao Goberno español «proporcionar aos nenos ordenadores portátiles cheas de software libre para ensinar aos nenos de España a vivir en liberdade, a participar nunha comunidade e axudar aos seus próximos«. «O estado ten unha misión de protexer a liberdade, a independencia e a capacidade dos cidadáns na informática» e, desde o seu punto de vista «faise a través do software libre«.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mini-pcs para primaria: as CC.AA. decidirán e ZP lava as mans

Tal e como estaba previsto, o presidente do Goberno anunciou a entrega de mini-pcs ao alumnado de primaria. Lamentablemente tamén queda confirmado o estrago de cartos aínda que exista a opción de teren SwL posto que han vir con arranque dual, é dicir o pagamento de licenzas a M$ existirá igualmente, e serán as CC.AA. as que decidan que tecnoloxías han dotar ao seu ensino primario: ou libre ou privativo.

Polo tanto, nun acto de responsabilidade (ou irresponsabilidade suma?) «o goberno esixiu aos fabricantes que os seus equipos estean preparados» con dobre arranque e engaden que algunhas Comunidades Autónomas utilizarán as súas redes educativas xa existentes -baixo Software Libre- e polo tanto preferirán que tanto alumnado como profesorado traballen con ese sistema.

Os acordos, en todo caso, estivéronse negociando previamente con fabricantes de software e hardware pois unha das premisas do proxecto era garantir a asistencia tecnolóxica. E empresas como Micro$oft contan xa cunha ampla rede de asistencia e venda. Micro$oft, ademais, participou desde o principio nas conversacións co Ministerio!

Sexa como for, o goberno non pretende facer recomendacións nese sentido (por que non? non se fan sobre sanidade pública ou sobre autoestradas?), máis aló de esixir aos participantes no proxecto que posibiliten ambas as opcións, é dicir, a neutralidade segundo é entendida por M$.

O comunicado (PDF en galego) pedía valentía ao presidente do Goberno mais este non foi quen de amosala: «…apelamos a que vostede mostre a valentía necesaria para anticiparse ao inevitable: a liberdade acabará impoñéndose«. E si, a liberdade acabará impoñéndose mais non con este presidente.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

A prol do SwL no Ensino

Diversas organismos e persoas publicamos a versión definitiva do manifesto «A prol do SwL no Ensino«. Temos versións en galego e castelán que agora hanse repartir aos medios de comunicación e partes interesadas xa que logo é previsible que mañá, durante o debate do estado da nación, o presidente do Goberno anuncie a distribución de mini-pcs ao alumnado de primaria contendo no seu interior software privativo.

Sabendo de antemán a previsible reacción da comunidade, a empresa de software privativo beneficiada está a tomar astutas medidas. Segundo sinala Roberto Santos:

«Parece que M$ está aplicando el principio de «libertad de elección«…a su manera… y está negociando con todos los integradores para que pongan «doble arranque» y que paguen en la fase de preinstalación (OEM) con lo que se asegura que él se lleva lo suyo. Incluso parece que van a meter un programa en el que elijes al principio (en el primer arranque) y elimina la otra partición, donde está el otro SO, dejándola para datos

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Nota: Nestes intres estase a traballar no formulario que permita asinar este manifesto. Desculpa a demora na actualización da ligazón coa que remata este documento.

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL galego unido a prol dun ensino ético e libre

Os GUGLs (Grupos de usuarios/as de GNU/Linux) galegos, asociacións, grupos de tradución e diversas persoas estamos a preparar unha solicitude de firmas para impedir un máis ca probable anuncio do presidente do goberno na vindeira semana.

Os documentos provisionais teñen unha introdución e logo unha exposición algo máis ampla de motivacións. Previsiblemente mañá comezaremos a campaña de divulgación mediática e a apertura de recollida de firmas.

Preme en «Segue lendo…» se queres ler o contido destes documentos.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Grava o teu escritorio con imaxes animadas

Byzanz é unha aplicación de liña de comando coa posibilidade de ser minimamente gráfica se a engades como applet nun panel de GNOME. Con ela podes gravar o teu escritorio completo, partes seleccionadas del ou tan só unha fiestra. O resultado é gradado nun arquivo en formato .GIF animado.

Unha das vantaxes del frente aos xa coñecidos Istanbul, xvidcap ou record-my-desktop é que ese formato, aínda sen ser libre, é visible por calquera navegador. Isto, unido ao pouco peso dos resultados obtidos, faino idóneo para fins didácticos.

Un exemplo de uso de liña de comandos pode ser:

byzanz-record -c -x 0 -y 0 -w 600 -h 600 -l ficheiro.gif
Opcións da aplicación:
  -d, --duration=SECS      Duración por defecto 10 seg
  --delay=SECS             Retraso ata dar comezo (1 seg)
  -l, --loop               Let the animation loop
  -c, --cursor             Record mouse cursor
  -x, --x=PIXEL            X coordinate of rectangle
  -y, --y=PIXEL            Y coordinate of rectangle
  -w, --width=PIXEL        Width of recording rectangle
  -h, --height=PIXEL       Height of recording rectangle
  -v, --verbose            Be verbose
  --display=PANTALLA       Pantalla de X que se vai usa

Byzanz

Como sinalei enriba, podes obviar a liña de comandos se decides engadir un applet nun panel (botón dereito enriba no panel, atopalo e aceptar).

Instálase doadamente en Ubuntu e creo que en calquera outra distro:

sudo aptitude install byzanz

Algo que deberán resolver é a gravación tendo activados os efectos de escritorio (compiz-fussion) xa que logo con eles non grava como é debido.

Souben desta aplicación grazas a esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Kerala (India) bate record de uso de GNU/Linux

Kerala, un pequeno estado do sur da India, vén de gañar a honra de ser a primeira entidade que examinou simultaneamente a 500.000 persoas en Teconoloxías da Información empregando todas elas GNU/Linux. Trátase do proxecto IT@School do Departamento Xeral de Educación dese estado.

A variante de GNU/Linux empregada é unha inicitaiva da escola e desenvolvida en colaboración coa FSF (Free Sw Foundation). Nas súas páxinas fan constar textualmente:

IT@School project had developed its own OS in Linux in association with Free Software foundation namely IT@School Linux The platform of IT education completely shifted from Windows to non proprietary software – Linux

A fonte sinala que este feito posibilitou a entrada no libro Limca dos records, o equivalente indú ao libro Guinness do que tamén están á espera de recoñecemento .

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Proxecto Aprende Linux

O Learn Linux Project (Proxecto Aprende Linux) ofrece cursos en liña para que poidas aprender en profundidade un amplo espectro de temas sobre GNU/Linux.

Para seguires estes cursos terás que saber suficiente inglés, ter nocións de computadoras, tanto de hardware como software, e unhas mínimas aptitudes de programación.

A secuencia de cursos é:

Para todas estas seccións tes a posibilidade de baixar un PDF, seguilo en liña ou empregar a vía do tele-ensino mediante Moodle. En calquera danche unha idea en horas da duración de cada parte do curso.

Estes cursos están baixo licenza Creative Commons.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

iTALC, ensino con computadores

iTALC (Intelligent Teaching and Learning with Computers) é unha ferramenta didáctica con licenza libre GPL deseñada para asistir ao profesorado. A pesares do seu nome, esta ferramenta non é unha contorna de aprendizaxe senón que pretende dotar de control ao profesorado grazas ás súas funcionalidades de visualización de escritorios remotos.

Estas mesmas funcionalidades poden ser de utilidade tamén para profesionais doutro tipo de especialidades pois corre perfectamente en equipos modestos. Recoméndase 512MB RAM, procesador de 1GHz e tarxeta gráfica na parte máster (profesor/a) e aínda menos requerimentos para os clientes.

iTALC é multiplataforma, doado de se instalar (zona de descargas) con binarios para Debian, Ubuntu, SUSE, Gentoo e até para M$-Window$. Tamén podes compilar o paquete desde a fonte. Podes ollar o seu wiki para seguir en pantallas o proceso de instalación.

Con iTALC poderás:

  • comprobar como se están a empregar os computadores e tomar snapshots
  • controlar remotamente aos computadores clientes
  • amosar demostracións nunha fiestra ou en escritorio completo en tempo real
  • bloquear aos clientes
  • enviar mensaxes aos clientes
  • prender e apagar os computadores de xeito remoto
  • ensino fóra do centro vía conexións VPN (redes privadas virtuais)

Máis información neste artigo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Resultados da reunión coa conselleira de Educación

Para contextualizar é bo que leas antes:

Estes foron os puntos que finalmente tratamos coa conselleira de Educación Laura Sánchez Piñón e que a seguir deixo:

Asunto: Estratexia TIC na Educación galega

Reunión: 22 de febreiro de 2008

DEFICIENCIAS

Comunidade e o profesorado observan as seguintes deficiencias en materia TIC no ensino galego:

  • Herdanzas de políticas anteriores baseadas en pagamentos por licenzas.

  • Non hai seguimento decidido cara a adopción de estándares abertos (UE, PEGSI)

  • Fuga de capitais polo pagamento de licenzas a empresas foráneas.

  • Non se está a cumprir o PEGSI en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • Heteroxeneidade de estratexias e actuacións a diferentes niveis.

  • Escaseza de persoal no SIEGA, só 20 técnicos. Imaxinemos unha empresa cuns 40.000 empregados, canto persoal está adicado aos sistemas e información? Abondaría con vinte?

  • Quen é o persoal TIC nos centros? É adecuado que non sexan profesionais TIC?

  • Non está na actuación da Consellería favorecer a pirataría e os estándares propietarios pero está a acontecer e sen remedio aparente a curto prazo (fuga de capitais).

  • Non se está a cumprir o acordo de goberno de 2005 en materia TIC agás, con matizacións, nos servizos centrais.

  • (…)

SOLUCIÓNS

Comunidade e o profesorado propoñen as seguintes solucións:

  • Analizar os exemplos de Estremadura ou Andalucía en materia de implantación de estándares abertos, independencia tecnolóxica, aforro económico por licenzas, xeración de emprego endóxeno, libre transmisión do coñecemento e, en resumo, ética educativa e política. Sen ir tan lonxe, temos o noso caso de éxito no aforro económico na plataforma PLATEGA.

  • Xerar un Plan de Actuación que implique de facto:

    • Análise funcional cara a estandarización, homoxeneización de estratexias TIC nos centros e independencia tecnolóxica.

    • Multidepartamental, con compromisos firmes e consolidados das partes implicadas.

    • Seguimento que evite a distorsión na interpretación dos obxectivos a acadar

    • Dotar de recursos adecuados. O aforro resultante sufraga con creces o esforzo inicial.

    • Reconversión do actual Plan de Formación cara a consecución de resultados en función dos seus perfís e das súas responsabilidades TIC nos centros.
    • Cumprimento estrito da súa axenda
  • Aproveitar as sinerxias do trinomio «Contidos educativos + sistemas + centros PTIC»

  • Crear un responsable TIC con titulación técnica que atenda un axeitado número de centros.

     

ACTUACIÓNS URXENTES

Comunidade e o profesorado consideran urxente:

  • Incrementar o número de persoal TIC no SIEGA e o persoal técnico nos centros

  • Concretar a distribución de Software Libre elixida para o ensino

  • Promover un Sistema de Información Base Común para todos os centros que favoreza a colaboración e o soporte entre o profesorado

  • Concienciar sobre as bondades dos estándares abertos, o Software Libre e maila libre transmisión do coñecemento como ética educativa.

Asistentes: Benjamín Lois, Carlos Carrión, Manuel Morán e Roberto Brenlla.

Deixo o pdf da Reunión Conselleira de Educación, Laura S. Piñón – 20080222.

Os que alí estivemos saímos moi satisfeitos de como trancorreu a hora que tivemos pois o cordial interese amosado foi confirmado polas constantes solicitudes de ampliación de información a cada punto tratado ou a cada anécdota contada. Foi do sentir unánime a naturalidade coa que axiña nos atopamos. Sorprendeunos que xa empregara sistemas libres durante a súa estadía en Cambirdge.

Entre os compromisos asumidos, a conselleira confirmou que ampliará información sobre o Sw Libre e a súa ética, aproveitará unha viaxe que ten por facer a Andalucía para comprobar as súas experiencias en materia educativa e TICs libres, replantexará o actual Plan de Formación especialmente nestas materias e tamén emitirá un comunicado oficial da Consellería.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp