Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio.

Para ilo deseñou estes potenciais escenarios:

  • GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios
  • GNU/Linux acadando paridade con M$ e Apple
  • GNU/Linux desaparecendo dos escritorios

Sutor cre que a maioría da xente di: «Non quero que me molesten. Iso simplemente funciona. Quero facer o meu traballo e irme a casa«. Daí que Sutor conclúa que «facer unha substitución completa do escritorio é unha ruela sen saída» e que, polo tanto, é un erro intentar convencer ás persoas para que usen algo no cal non están interesadas. «Non desperdicien o seu tempo«, aconsella.

Ao mesmo tempo Sutor suxire á comunidade que enfoque a súa estratexia noutros nichos onde os seus esforzos teñan unha mellor oportunidade de acadar éxito, como os contornos virtualizados. E un exemplo dalguén que sen dúbida se está tomando moi en serio a potencialidade doutros nichos é Intel coa súa iniciativa Moblin.

Podes ampliar máis disto na fonte e máis na nova orixinal.

Opinión

Certo é que hai un factor determinante en todo isto: o costume. Quen está afeito a un xeito de traballar sabe que un cambio de contorno halle supoñer un esforzo, mínimo (considero) pero esforzo ao fin. Ademais é certo que estamos a tratar cunha xeneración á que a tecnoloxía informática chegou de xeito pouco natural. Moitas persoas, atrévome a dicir que a maioría, non navegaba hai unha década e outras moitas foron autodidactas aprendendo a traballar coas aplicacións informáticas. Polo tanto o medo ao cambio é lóxico e natural.

Porén, explicar con claridade as vantaxes do cambio, apoialo con formación e acompañalos nos seus primeiros pasos no novo contorno semella ser determinante para acadar o éxito perseguido por quen promove o cambio. De feito esa é unha mostra da estratexia que empregamos en TEGNIX perante calquera proceso integrador de tecnoloxías libres.

Moitos xa sabedes que penso que no eido particular considero que cada quen pode empregar o que considere apropiado maila aconsellar SwL, está claro. No eido empresarial o SwL supón un monte de vantaxes competitivas e daquela considero que é unha escolla estratéxica e decisiva. No eido público, con total certeza, só se pode promover e dar os pasos necesarios para o seu emprego na totalidade das súas dependencias e usos.

Os múltiples casos de éxito de integracións de tecnoloxías libres fanme concluir que «Si» compensa esforzarse, até se hai desinterese. Abonda con seguir unha planificación estratéxica adecuada e ben medida para cada caso.

Todo isto sen afondar nos múltiples puntos nos que pagaría a pena entrar ou salientar. Se cadra nun seguinte artigo…

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das implantacións, recibíu retornos favorables do persoal que emprega este software multiplataforma.

O BB é un dos maiores usuarios corporativos de Software Libre no mundo. Practicamente todos os computadores das súas catro mil axencias, máis de 65 mil máquinas, utilizan GNU/Linux, Br-Office e Mozilla Firefox. As outras 35 mil máquinas que utilizan o Mozilla pertencen a órganos rexionais e dependencias da Dirección Xeral, utilizan Mozilla e Br Office, pero aínda non migraron a GNU/Linux.

En 2009, os terminais de auto-atención (TAA) tamén comezaron a ser equipados con software de código aberto. A iniciativa do BB conta co apoio das comunidades de software libre nacionais e internacionais, do goberno federal e de empresas.

Esta é a fonte da nova.

Opinión

A marca acadada é moi salientable a lo menos polos seguintes motivos:

  • É un proceso de instalación feita a propósito, con decisión firme pois o normal é ter equipos que veñen con software privativo.
  • Aínda máis salientable por ser unha elección dunha entidade que acumula grandes beneficios económicos, até en época de crise. Idéntico escenario (grandes beneficios) ten Petrobras e mailo seu poder económico comezou este mesmo proceso integrador de solucións libres. Polo tanto, non só hai motivacións económicas senón outras como liberdade e independencia.
  • Daquela, que debería facer quen xestione recursos públicos se ademais ten motivos éticos e legais (Constitución, LOPD, LSSI, lei de contratos públicos…)?
  • Como é posible que gobernos recentes e mesmo actuais sigan pedindo en concursos públicos marcas de software? Ademais de ser software privativo que non cumpre estándares de empresas sancionadas internacionalmente? Velaquí unha mostra dos requerimentos técnicos dun recente concurso público (DOG nº 95, 18 de maio de 2009), aprobado pola asesoría xurídica da Xunta con data 11 de febreiro de 2009, onde se pide expresamente software da marca de Redmond.

Insisto, a ignorancia non é eximente de culpa en responsables políticos pois contan con medios máis ca suficientes para dirixirnos. Ignorar programas e promesas políticas, ao seu electorado, ao resto da cidadanía ou aos múltiples informes técnicos elaborados polos diversos organismos públicos, déixaos na situación de cómplices conscientes, incumpridores, inconsecuentes e deplorables.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ulteo lanza Open Virtual Desktop 1.0

Segundo Ulteo, agora as organizacións poden ofrecer aos seus usuarios, tanto de Window$ coma GNU/Linux aplicacións ou unha combinación dos dous sistemas nun mesmo escritorio a través do Open Virtual Desktop.

«No ano pasado, cando lanzamos o noso OVD para aplicacións Linux, moitas organizacións públicas e privadas de todo o mundo contactaron connosco para preguntarnos cando íamos ofrecer unha solución só para aplicacións de Windows ou por unha combinación de Windows e Linux«, di Thierry Koehrlen, CEO da Ulteo.

«A instalación é moi rápida e non impacto no cliente PC. Os usuarios de Windows poden finalmente achegarse ás aplicacións Linux e aqueles que migren ou planificaquen migrar para Linux poden ofrecer as  aplicacións de Windows de volta no PC, todo desde un navegador web. «
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

tint2, panel alternativo para GNOME, KDE…

tint2 é un panel/barra de tarefas sinxelo deseñado para os modernos xestores de fiestras. Foi feita especificamente para openbox3 pero tamén pode traballar con outros xestores de fiestras (GNOME, KDE, etc ..). Está baseado no código de ttm.

O obxectivo é manter unha apariencia limpa, non intrusiva e de conformidade coas especificacións de freedesktop.

Tint2 presenta unha barra que soporta

  • Cor/transparencia na fonte, icona, borde e fondo
  • Personaliza eventos do rato
  • Tarefas con posibilidade de arrastrar e soltar (drug and drop) entre escritorios
  • Reloxo con letras, cor e transparencia
  • Multi-monitor
  • Área de notificación

Máis na web do proxecto tint2.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

YourGnome, garda a configuración do teu Gnome

yougnome permite crear unha copia de seguridade de todas as cousas relacionadas co teu Gnome nun arquivo de tipo tar.gz. Este programa xa dispón de interfaz gráfica.

Que garda yourgnome? Velaquí a lista:

  • Todos os temas.
  • Configuración de gnome-panel.
  • Bluetooth-manager (axustes).
  • Axustes de Evolution.
  • Configuración de file-roller.
  • Configuración de gnome-screensaver.
  • Configuración de gnome-session.
  • Configuración de gnome-terminal.
  • Configuración de gnome-volume-control.
  • Confuguraciones de metacity e compiz.
  • Configuración de update-manager
  • etc.

Tes información de como empregalo nesta ligazón e na fonte. Aínda así tiven que facer algúns axustes como, por exemplo, darlle permisos de escritura ao directorio creado «$HOME/yourgnomeTEMP»  e non gardar o backup nese mesmo directorio xa que logo hano borrar tras facer tal backup.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Compiz, xanelas en 3D

Para telo hai que instalar o paquete «cf-freewins».

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ministerio belga leva migrados a metade dos seus PCs

O Ministerio de Xustiza belga decidiu intalar no 2005 OpenOffice.org e OpenSUSE GNU/Linux en todos os novos PCs. O proceso comezou aquel estío coas cortes de Vredegerechten e uns asuntos legais menores pero sempre requiriu dun paso decidido e firme xunto ao soporte de uso e formación.

O ministro Onkelinx tiña baseada a súa decisión de migrar a escritorios de código aberto (Open Source) nas recomendacións do goberno nacional en materia de estándares abertos.

Nestes últimos tres anos ao redor da metade de todos os escritorios foron anovados e están a executar GNU/Linux. A cantidade é equivalente a uns 2500 equipos.

Porén o ministerio recoñece que están a loitar contra algúns males como determinados periféricos incompatibles, algunhas aplicacións privativas feitas a medida así como pequerrechas tarefas feitas co Access de M$ que lles xera unha dependencia da que desexan liberarse.

O informe en PDF e maila fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

QGtkStyle fai que as KDE apps semellen para GNOME

O desenvolvedor de Trolltech Jens Bache-Wiig está a traballar nun motor de novo estilo para que Qt poida xestionar o tema por defecto de GTK+. Isto fará posible que as aplicacións para Qt poidan compartir a apariencia e sensación dunha contorna GNOME.

O atranco de deseñar aplicaións par KDE que poidan ser levadas cara GNOME dun xeito natural pode ser mititgado grazas ao tema de GTK+ que emprega widgets Qt. Porén non había ningún equivalente para usuarios GNOME. a solución de integración visual actual vén do estilo Qt QCleanlooks.

Mellorará este proxecto a integración de aplicacións deseñadas para un ou outro escritorio?

Na fonte tes un afondamento nesta materia.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Grava o teu escritorio con imaxes animadas

Byzanz é unha aplicación de liña de comando coa posibilidade de ser minimamente gráfica se a engades como applet nun panel de GNOME. Con ela podes gravar o teu escritorio completo, partes seleccionadas del ou tan só unha fiestra. O resultado é gradado nun arquivo en formato .GIF animado.

Unha das vantaxes del frente aos xa coñecidos Istanbul, xvidcap ou record-my-desktop é que ese formato, aínda sen ser libre, é visible por calquera navegador. Isto, unido ao pouco peso dos resultados obtidos, faino idóneo para fins didácticos.

Un exemplo de uso de liña de comandos pode ser:

byzanz-record -c -x 0 -y 0 -w 600 -h 600 -l ficheiro.gif
Opcións da aplicación:
  -d, --duration=SECS      Duración por defecto 10 seg
  --delay=SECS             Retraso ata dar comezo (1 seg)
  -l, --loop               Let the animation loop
  -c, --cursor             Record mouse cursor
  -x, --x=PIXEL            X coordinate of rectangle
  -y, --y=PIXEL            Y coordinate of rectangle
  -w, --width=PIXEL        Width of recording rectangle
  -h, --height=PIXEL       Height of recording rectangle
  -v, --verbose            Be verbose
  --display=PANTALLA       Pantalla de X que se vai usa

Byzanz

Como sinalei enriba, podes obviar a liña de comandos se decides engadir un applet nun panel (botón dereito enriba no panel, atopalo e aceptar).

Instálase doadamente en Ubuntu e creo que en calquera outra distro:

sudo aptitude install byzanz

Algo que deberán resolver é a gravación tendo activados os efectos de escritorio (compiz-fussion) xa que logo con eles non grava como é debido.

Souben desta aplicación grazas a esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gloobus, visualizador de arquivos ao estilo Apple

Un dos efectos visuais máis coñecidos que inclúen os trebellos da casa Apple é o visualizador de arquivos en 3D. Como de efectos en SwL andamos sobrados, velaquí o proxecto Gloobus (en Launchpad, Sourceforge e blog propio) disposto a demostralo.

Aínda está en fase de desenvolvemento pero xa tes paquetes deb dispoñibles e moi operativos. Así, a última versión namentres escribo esta entrada é a 0.0.25. Dela podes ollar este video:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Stackswitch, novo efecto 3D para o teu escritorio

Stackswitch é un novo complemento (plugin) para Compiz Fusion que ofrece un vistoso xeito de trocar de tarefas no escritorio. Con el pódense separar as fiestras de xeito similar ao Exposé de Mac pero en tres dimensións coma se estivesen nunha mesa, permitindo elixir a que nos conveña.

Fonte.

Podes ollar os efectos acadados neste video.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

GnomeArt NG, deixando Gnome personalizado

Con GnomeArt NG poderás personalizar o teu Gnome con poucos clics trocando fondo do escritorio, temas, splash, xestor de entrada GDM…

Gnome-Art Next Generation 0.5.0 é o sucesor de Gnome-Art.  Aínda que estea nas súas primeiras fases de desenvolvemento, a aplicación semella cumprir perfectamente a súa función.
Tes a páxina oficial, a do proxecto, pantallas, zona de descargas (binarios ‘deb’, código fonte) e maila fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp