Compensa esforzarse en convencer se hai desinterese?

Bob Sutor, vicepresidente de negocio Open Source e Linux en IBM, deu o relatorio inaugural da recentemente concluída LinuxCon 2009 e nel deixou algunhas ideas sobre o seu parecer arredor do futuro de GNU/Linux no escritorio. Para ilo deseñou estes potenciais escenarios: GNU/Linux destacándose, probablemente tendo unha distro dominando os escritorios GNU/Linux acadando paridade con […]

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

Ulteo lanza Open Virtual Desktop 1.0

Segundo Ulteo, agora as organizacións poden ofrecer aos seus usuarios, tanto de Window$ coma GNU/Linux aplicacións ou unha combinación dos dous sistemas nun mesmo escritorio a través do Open Virtual Desktop. “No ano pasado, cando lanzamos o noso OVD para aplicacións Linux, moitas organizacións públicas e privadas de todo o mundo contactaron connosco para preguntarnos […]

tint2, panel alternativo para GNOME, KDE…

tint2 é un panel/barra de tarefas sinxelo deseñado para os modernos xestores de fiestras. Foi feita especificamente para openbox3 pero tamén pode traballar con outros xestores de fiestras (GNOME, KDE, etc ..). Está baseado no código de ttm. O obxectivo é manter unha apariencia limpa, non intrusiva e de conformidade coas especificacións de freedesktop. Tint2 […]

YourGnome, garda a configuración do teu Gnome

yougnome permite crear unha copia de seguridade de todas as cousas relacionadas co teu Gnome nun arquivo de tipo tar.gz. Este programa xa dispón de interfaz gráfica. Que garda yourgnome? Velaquí a lista: Todos os temas. Configuración de gnome-panel. Bluetooth-manager (axustes). Axustes de Evolution. Configuración de file-roller. Configuración de gnome-screensaver. Configuración de gnome-session. Configuración de […]

Compiz, xanelas en 3D

[gv data=”16Qz_Ov3FuU”][/gv] Para telo hai que instalar o paquete “cf-freewins”. asennadas

Ministerio belga leva migrados a metade dos seus PCs

O Ministerio de Xustiza belga decidiu intalar no 2005 OpenOffice.org e OpenSUSE GNU/Linux en todos os novos PCs. O proceso comezou aquel estío coas cortes de Vredegerechten e uns asuntos legais menores pero sempre requiriu dun paso decidido e firme xunto ao soporte de uso e formación. O ministro Onkelinx tiña baseada a súa decisión […]

QGtkStyle fai que as KDE apps semellen para GNOME

O desenvolvedor de Trolltech Jens Bache-Wiig está a traballar nun motor de novo estilo para que Qt poida xestionar o tema por defecto de GTK+. Isto fará posible que as aplicacións para Qt poidan compartir a apariencia e sensación dunha contorna GNOME. O atranco de deseñar aplicaións par KDE que poidan ser levadas cara GNOME […]

Grava o teu escritorio con imaxes animadas

Byzanz é unha aplicación de liña de comando coa posibilidade de ser minimamente gráfica se a engades como applet nun panel de GNOME. Con ela podes gravar o teu escritorio completo, partes seleccionadas del ou tan só unha fiestra. O resultado é gradado nun arquivo en formato .GIF animado. Unha das vantaxes del frente aos […]

Gloobus, visualizador de arquivos ao estilo Apple

Un dos efectos visuais máis coñecidos que inclúen os trebellos da casa Apple é o visualizador de arquivos en 3D. Como de efectos en SwL andamos sobrados, velaquí o proxecto Gloobus (en Launchpad, Sourceforge e blog propio) disposto a demostralo. Aínda está en fase de desenvolvemento pero xa tes paquetes deb dispoñibles e moi operativos. […]

Stackswitch, novo efecto 3D para o teu escritorio

Stackswitch é un novo complemento (plugin) para Compiz Fusion que ofrece un vistoso xeito de trocar de tarefas no escritorio. Con el pódense separar as fiestras de xeito similar ao Exposé de Mac pero en tres dimensións coma se estivesen nunha mesa, permitindo elixir a que nos conveña. Fonte. Podes ollar os efectos acadados neste […]

GnomeArt NG, deixando Gnome personalizado

Con GnomeArt NG poderás personalizar o teu Gnome con poucos clics trocando fondo do escritorio, temas, splash, xestor de entrada GDM… Gnome-Art Next Generation 0.5.0 é o sucesor de Gnome-Art.  Aínda que estea nas súas primeiras fases de desenvolvemento, a aplicación semella cumprir perfectamente a súa función. Tes a páxina oficial, a do proxecto, pantallas, […]