Configurando Compiz-Fusion 0.7.4 na nova Ubuntu 8.04

A nova Ubuntu 8.04 Hardy Heron está a ser personalizada nestes dias trala súa recente saída oficial. Unha das personalizacións máis desexadas pode ser a do Compiz-Fusion, neste caso correspondente á versión 0.7.4..

Para instalala podes engadir este enderezo na caixa de enderezos do Firefox:

apt://compizconfig-settings-manager

ou executar nun terminal

sudo apt-get install -y compizconfig-settings-manager

Feito isto, vaite a Sistema > Preferencias > Apariencia, elixe a aba «Efectos Visuais» e nela a opción «Personalizado». Preme logo en «Preferencias»para axustares todo ao teu gusto.

Podes facelo seguindo o comentado neste recente artigo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anunciado GNOME 2.22

O novo GNOME 2.22 é a nova versión deste popular escritorio multiplataforma, que procura a facilidade de uso, estabilidade e suporte de primeira liña á internacionalización e acesibilidade. Por suposto, é aberto e libre.

Desta vez GNOME inclúe varias melloras:

  • Cheese, programa para sacar fotos coa cámara web
  • Efectos especias integrados
  • Mellor sistema de arquivos en rede
  • DVD, TV dixital e máis
  • Reloxo internacional
  • Xestor de correos, contactos e axenda Evolution mellorado
  • Acceso remoto
  • Configuración de teclado simplificada
  • Integración con PolicyKit, xestor de privilexios administrativos

Alén de todo isto está ampliamente traducido ao galego.

Tes máis información nunha primeira análise de Ars Technica.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Screenlets, pequenas aplicacións no teu escritorio

Os screenlets son pequenas aplicacións escritas en Python que poden ser definidas como unha representación virtual de obxectos arredor do teu escritorio, como notas, reloxos, regras… e calquera outra cousa imaxinable que medre a usabilidade e a harmonía do escritorio.

Podes darlle unha ollada á súa sección de pantallas ou obter máis información, ir á sección de descargas directas (Ubuntu/Debian, Fedora, OpenSuse, Gentoo, Mandriva, fonte…) emailas numerosas contribucións de terceiras partes. A súa licenza é GPL.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp