Noruega, SI ao ODF, NON ao OOXML

Souben por Jomar Silva que Noruega vén a engrosar a lista de países que oficialmente adoptan o ODF (OpenDocument Format) como estándar de formato para documentos.

O goberno noruegués fixo unha contundente declaración no seu novo catálogo de normas:

«As empresas públicas non deben usar outros formatos de ficheiro dsitintos ao ODF (versión 1.1) e PDF como anexo no intercambio de documentos por correo electrónico. Esta regra será aplicable a partir de 1 de xaneiro de 2011

Pola súa banda, o goberno danés está a traballar nunha decisión semellante maila crear o autor da nova que non terá o mesmo alcance.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bluetooth 3.0 xa é oficial

O pasado martes o Bluetooth SIG (Bluetooth Special Interest Group) deu como oficial a versión 3.0 HS (high speed).

Os dispositivos que teñan tanto WiFi coma Bluetooth 3.0 terá ao propio Bluetooth encargado de emparellalos pero coa transferencia de datos indo por WiFi a través dunha conexión WiFi ad-hoc, moi útil nas transferencia de arquivos pesados como adoita acontecer cos de tipo multimedia.

Ademais do anterior esta nova versión mellora o seu rendimento e é compatible coas versións anteriores.

Agrárdase que os primeiros dispositivos estean no mercado dentro de nove meses.

Nota de prensa e maila fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

ODF é adoptado por 16 países (polo de agora)

Entérome polo blog de Jomar Silva que Venezuela vén de adoptar oficialmente o estándar ODF. O Open Document Format (ODF) continúa gañando espazo entre os gobernos como o formato escollido para a elaboración dos seus documentos. A ODF Alliance anunciou que Alemaña e Uruguai uníronse aos outros 14 países e 8 gobernos rexionais na adhesión do ODF, e non do OOXML da multinacional de Redmond.

A importancia do apoio de gobernos foi evidente cando os partidarios do ODF gañaran a adhesión do goberno de Massachusets, nos EEUU. O Estado afirmou que a decisión se baseou en facer os documentos accesibles para calquera persoa no futuro.

Os 16 países que optaran polo ODF están Bélxica, Brasil, Croacia, Dinamarca, Francia, Alemaña, Xapón, Malaisia, Holanda, Noruega, Polonia, Rusia, África do Sur, Suíza, Uruguai e Venezuela. Alén diso, adheriran o ODF dúas administracións españolas, dúas na India, unha na Arxentina, unha na China e o Estado do Paraná en Brasil.

E a suma ha seguir!

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Goberno Federal alemán comeza adoptar ODF

O Consello TI (Tecnoloxías da Información) alemán anunciou que o goberno federal comezará a empregar gradualmente o estándar aberto ODF (Open Document Format – Formato de Documento Aberto). Para o 2010 todas as autoridades federais serán quen de recibir, enviar, ler e escribir documentos neste formato electrónico cualificado como estándar aberto ISO/IEC 26300.

«A cidadanía, empresas e outras administracións públicas serán capaces de intercambiar documentos coa administración federal no futuro.«

Hans Bernhard Beus, presidente do consello, sinalou nun comunicado do Ministerio do Interior alemán que o uso de ODF provocará un incremento da competitividade entre os fornecedores TIC así como unha mellor interoperatividade. Este comunicado avala a decisión tomada polo goberno federal en xullo de 2007 referida a estes termos.

Asemade o consello está observando «con interese» o desenvolvemento doutros formatos, con mención especial ao OOXML de M$ dado que foi aprobado a través dun procedimento que está a ser actualmente investigado pola Comisión Europea dadas as múltiples irregualridades presentadas.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Brasil adopta ODF como estándar nos documentos oficiais

Os principais órganos, bancos oficiais e empresas estatais de procesamento de datos federais, asinaron un «Protocolo de Intención para a Adopción do Open Document Format – ODF«. Asemade a entidade tamén fai pública a súa protesta contra a decisión da ISO de aceptar como estándar para a mesma finalidade a outro formato ademais do ODF, nomeadamente o OOXML.

O anuncio sobre a intención de adoptar o estándar ODF, como formato de documento público do goberno brasileiro obrigará aos demais órganos, non asinantes deste documento, dentro do espírito da «interoperabilidade» a mudaren os seus procedementos para asegurar a publicación e tamén a lectura de documentos oficiais neste formato estándar.

Máis neste artigo de Claudio para o BrOffice.org.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

OTAN adopta ODF (Open Document Format)

Lido nesta páxina:

A OTAN adoptou o estándar ISO 26300 ODF (OpenDocument Format) co obxecto de promover a interoperabilidade. Nos estánadres adoptados pola OTAN inclúense o formato RTF -Rich Text Format-, XML e o formato Office XP como requisitos para compartir datos.

A OTAN non incluíu o Office Open XML (OOXML), competidor do ODF, que actualmente está sometido a un controvertido proceso de certificación por parte da ISO. Os observadores din que o Ministro da Defensa Holandés aposta por ODF. O sector público dos Países Baixos adoptarán estándares abertos e código aberto.

O interesante desta nova é o peso da lóxica na toma de decisións, ou o sentidiño como dicimos na nosa terra. Que queiran comunicarse diferentes países integrantes da OTAN dun xeito estandarizado cae polo seu propio peso. Dito ao contrario, como irían comunicarse tantos países se cada un deles envía documentos nos formatos que posúen sen ter a garantía de que os receptores empreguen tal formato?

Daquela é lóxico adoptar o ODF pois é estándar ISO, entidade supranacional certificadora de estándares, e de igual modo co XML. O que xa é máis dubidoso é o do RTF e o Office XP… os dous son deseñados pola M$. Son coñecidos como estándares ‘de facto.

As cuestións son varias. Débense empregar estándares ‘de facto‘ habéndoos ‘de iure‘ (de lei ou oficiais)? Non se deberían incentivar máis os estándares oficiais?

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Declaración da Haia (Digital Standards Organization)

Declaración da Haia

Adoptada e proclamada pola asemblea fundadora da Organización para os Estándares Dixitais (Digital Standards Organizations -es, pt-) na cidade da Haia, o día 21 de Maio 2008.

Considerando que fai case 60 anos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos estableceu como leis internacionais as seguintes liberdades e dereitos:

  1. O dereito a non ser discriminado fronte a lei ou goberno (Artigo 2, Artigo 7).
  2. O dereito a circular libremente dentro das fronteiras do seu Estado (Artigo 13.1).
  3. O dereito a partircipar no goberno do seu país (Artigo 21.1).
  4. O dereito ao acceso igualitario á función pública (Articulo 21.2).

Considerando que estes dereitos e liberdades son hoxe aceptados por todo goberno democrático e outorgados polas constitucións da maioría dos estados;

Chuzame! A Facebook A Twitter

Robot humanoide libre e aberto á colaboración

iCub é unha plataforma robótica aberta que está a promover a investigación colaborativa en sistemas cognitivos artificiais. iCub é un robot humanoide, de 94 centímetros de alto de mesmo tamaño e forma similar que un neno de 2 anos, dotado de 53 grados de liberdade. Será capaz de gatear, erguerse, as súas mans permitirán unha hábil manipulación de obxectos e con articulación total de cabeza e ollos.

RobotCub é un proxecto integrado por 10 centros de investigación europeos, complementados por 3 centros americanos e 3 xaponeses, financiado pola Unión Europea vía a Unidade Cognitiva (E5) da compoñente de Tecnoloxías da Sociedade da Información do Sexto Programa Marco (FP6). O proxecto lanzouse o 1 de Setembro de 2004 e ten unha duración prevista de 5 anos e cun financiamento de 8.5 millóns de euros.

O proxecto RobotCup ten dous obxectivos principais asociados:

  1. Crear un novo robot humanoide avanzado, o iCub, para dar soporte á comunidade de investigadores en cognición imposta.

  2. Avanzar no noso entendemento de varios factores decisivos en cognición, mediante a explotación da plataforma na investigación de capacidades cognitivas.

O iCub é un robot humanoide posúe capacidades visuais, auditivas, vestibulares e sentido do tacto. Unha das grandes vantaxes de iCub é que é un sistema totalmente aberto, o deseño e a documentación de todo o hardware e software se licenza baixo as licenzas da GNU Free Software Foundation, de forma que o sistema poida ser libremente replicado e personalizado. Os deseños mecánicos e electrónicos estanse liberando baixo licenza FDL (GNU Free Document Licence) e todo o software embebido (controladores, interfaces e sistema cognitivo) baixo licenza GPL (GNU Geral Public Licence).

iCub pode supoñer unha revolución na Intelixencia Artificial, establecendo unha plataforma base para a investigación nestas áreas como un proxecto totalmente aberto, establecéndoo como estandar de facto.

A fonte apunta cara este artigo.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

UTF-8 domina a web

Decembro de 2007 foi o primeiro mes da historia, segundo sinala Google, no que o UTF-8 foi identificado como a codificación de carácteres (character encoding) máis utilizado na web, ultrapasando o US-ASCII e Latin-1/Windows-1252 (o famoso ISO8859-1), os máis populares ata ese intre.

unicode2.gif

UTF-8 é a codificación de carácteres que vén instalada por defecto na maioría das distros GNU/Linux actuais, pertencente á familia de carácteres Unicode. Porén, se cadra procurando manter a compatibilidade coa maioría, moita xente adoita trocalo polo da ISO, por exemplo, para ler correos-e.

Agora xa non tes excusa, usa o estándar UTF-8, canto antes mellor! Se ademais desenvolves SwL, sitios web… por favor, faino axiña. Confío que con a clara aposta polo emprego deste estándar, moitos dos persistentes atrancos na codificación de carácteres desapareza o máis rapidamente posible.

Nova atopada en Br-Linux apuntando cara esta fonte que tamén fornece un excelente artigo titulado Charsets e encodings.

asennadas

Nota: O título da imaxe de Google debería correxirse polo de «Crecemento do UTF-8 na web».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Brasil xa ten Proxecto de Lei para adoptar ODF

Leo en BR-Linux:

O Brasil tem o primeiro Projeto de Lei do mundo para que a Administração Pública Federal adote a norma ISO/IEC 26.300 (Open Document format – ODF). A iniciativa é do Deputado Federal Paulo Teixeira, que protocolou o Projeto de Lei 3070/2008, na Câmara dos Deputados, em Brasília, no dia 25 de março de 2008. O PL 3070/2008 “Dispõe que os órgãos e entidades da Administração Pública Direta, Indireta, Autárquica, bem como os órgãos autônomos e empresas sob o controle estatal adotarão, preferencialmente, formatos abertos de arquivos para criação, armazenamento e disponibilização digital de documentos.”

Trecho: “Art. 1º. Os órgãos e entidades da Administração Pública Direta, Indireta, Autárquica e Fundacional, bem como os órgãos autônomos e empresas sob o controle estatal adotarão, preferencialmente, formatos abertos de arquivos para criação, armazenamento e disponibilização digital de documentos.

Art. 2º. Entende-se por formatos abertos de arquivos aqueles que:
I – possibilitam a interoperabilidade entre diversos aplicativos e plataformas, internas e externas;
II – permitem aplicação sem quaisquer restrições ou pagamento de royalties;
III – podem ser implementados plena e independentemente por múltiplos fornecedores de programas de computador, em múltiplas plataformas, sem quaisquer ônus relativos à propriedade intelectual para a necessária tecnologia;

Art. 3º. Os entes, mencionados no art. 1º desta lei, deverão estar aptos ao recebimento, publicação, visualização e preservação de documentos digitais em formato aberto, de acordo com a norma ISO/IEC 26.300 (Open Document Format – ODF).”

No Brasil, o Estado do Paraná foi pioneiro em aprovar uma lei similar que já começou a dar resultados econômicos e de apropriação social do conhecimento tecnológico aberto.”

Alén desta importante medida, Brasil é sólido na súa oposición ao formato OOXML porposto por M$ como segundo estándar ISO e vota negativamente á súa aprobación.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

OOXML non acada a maioría na votación ISO

O formato privativo OOXML (Office Open XML) proposto pola Hasefroch para ser o segundo estándar da ISO, rexeitado xa con anterioridade, está a piques de estragar a súa derradeira oportunidade.

A ISO ten todo este mes de marzo para decidirse mais, polo de agora, sábese que a votación acontecida no BRM (Ballot Resolution Meeting) estes pasados dias en Xenebra (Suiza) foi tal que así:

Aproban = 4

Rexeitan = 4

Desestiman votar = 2

Absténsen = 15

Nembargantes a decisión aínda está totalmente pendente… pero temos razóns suficientes para manter a confianza de que finalmente o ODF será o único estándar recoñecido pola ISO.

Ampla información aquí.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

ODF pode chegar ser norma brasileira (alén da ISO)

ODFO debate ODF vs OOXML non rematou. O primeiro xa é estándar ISO 26300:2006 e comeza ser adoptado amplamente por diferentes estados e gobernos rexionais como se pode comprobar neste PDF co relatorio anual ODF de 2007. Lido superficialmente, en España só aparece a admirada Estremadura.

Pola contra, o OOXML da M$ foi rexeitado como estándar mais aínda ten unha derradeira oportunidade na vindeira semana en Suiza. Daí que estemos de novo a voltas coa súa aprobación ou rexeite definitivo.

Por aquí apenas temos a metade da repercusión que houbera na primeira votación, se cadra confiados demais, descontando o seu rexeite como algo que acontecerá con certeza.

Onte aconteceu no Brasil o debate ODF vs OOXML no Rio de Janeiro onde, unha vez máis, han votar negativamente na contra do OOXML.

De todo isto fun informado polo amigo Claudio F. Filho pois é un dos técnicos que avaliou o OOXML para a ABNT (Associação Brasileira de Normas Técnicas). Contou tamén que o ODF irá a consulta pública para se convertir en norma brasileira de imperativo cumprimento.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp