Noruega, SI ao ODF, NON ao OOXML

Souben por Jomar Silva que Noruega vén a engrosar a lista de países que oficialmente adoptan o ODF (OpenDocument Format) como estándar de formato para documentos. O goberno noruegués fixo unha contundente declaración no seu novo catálogo de normas: “As empresas públicas non deben usar outros formatos de ficheiro dsitintos ao ODF (versión 1.1) e […]

Bluetooth 3.0 xa é oficial

O pasado martes o Bluetooth SIG (Bluetooth Special Interest Group) deu como oficial a versión 3.0 HS (high speed). Os dispositivos que teñan tanto WiFi coma Bluetooth 3.0 terá ao propio Bluetooth encargado de emparellalos pero coa transferencia de datos indo por WiFi a través dunha conexión WiFi ad-hoc, moi útil nas transferencia de arquivos […]

ODF é adoptado por 16 países (polo de agora)

Entérome polo blog de Jomar Silva que Venezuela vén de adoptar oficialmente o estándar ODF. O Open Document Format (ODF) continúa gañando espazo entre os gobernos como o formato escollido para a elaboración dos seus documentos. A ODF Alliance anunciou que Alemaña e Uruguai uníronse aos outros 14 países e 8 gobernos rexionais na adhesión […]

Goberno Federal alemán comeza adoptar ODF

O Consello TI (Tecnoloxías da Información) alemán anunciou que o goberno federal comezará a empregar gradualmente o estándar aberto ODF (Open Document Format – Formato de Documento Aberto). Para o 2010 todas as autoridades federais serán quen de recibir, enviar, ler e escribir documentos neste formato electrónico cualificado como estándar aberto ISO/IEC 26300. “A cidadanía, […]

Brasil adopta ODF como estándar nos documentos oficiais

Os principais órganos, bancos oficiais e empresas estatais de procesamento de datos federais, asinaron un “Protocolo de Intención para a Adopción do Open Document Format – ODF“. Asemade a entidade tamén fai pública a súa protesta contra a decisión da ISO de aceptar como estándar para a mesma finalidade a outro formato ademais do ODF, […]

OTAN adopta ODF (Open Document Format)

Lido nesta páxina: A OTAN adoptou o estándar ISO 26300 ODF (OpenDocument Format) co obxecto de promover a interoperabilidade. Nos estánadres adoptados pola OTAN inclúense o formato RTF –Rich Text Format-, XML e o formato Office XP como requisitos para compartir datos. A OTAN non incluíu o Office Open XML (OOXML), competidor do ODF, que […]

Declaración da Haia (Digital Standards Organization)

Declaración da Haia Adoptada e proclamada pola asemblea fundadora da Organización para os Estándares Dixitais (Digital Standards Organizations –es, pt-) na cidade da Haia, o día 21 de Maio 2008. Considerando que fai case 60 anos a Declaración Universal dos Dereitos Humanos estableceu como leis internacionais as seguintes liberdades e dereitos: O dereito a non […]

Robot humanoide libre e aberto á colaboración

iCub é unha plataforma robótica aberta que está a promover a investigación colaborativa en sistemas cognitivos artificiais. iCub é un robot humanoide, de 94 centímetros de alto de mesmo tamaño e forma similar que un neno de 2 anos, dotado de 53 grados de liberdade. Será capaz de gatear, erguerse, as súas mans permitirán unha […]

UTF-8 domina a web

Decembro de 2007 foi o primeiro mes da historia, segundo sinala Google, no que o UTF-8 foi identificado como a codificación de carácteres (character encoding) máis utilizado na web, ultrapasando o US-ASCII e Latin-1/Windows-1252 (o famoso ISO8859-1), os máis populares ata ese intre. UTF-8 é a codificación de carácteres que vén instalada por defecto na […]

Brasil xa ten Proxecto de Lei para adoptar ODF

Leo en BR-Linux: “O Brasil tem o primeiro Projeto de Lei do mundo para que a Administração Pública Federal adote a norma ISO/IEC 26.300 (Open Document format – ODF). A iniciativa é do Deputado Federal Paulo Teixeira, que protocolou o Projeto de Lei 3070/2008, na Câmara dos Deputados, em Brasília, no dia 25 de março […]

OOXML non acada a maioría na votación ISO

O formato privativo OOXML (Office Open XML) proposto pola Hasefroch para ser o segundo estándar da ISO, rexeitado xa con anterioridade, está a piques de estragar a súa derradeira oportunidade. A ISO ten todo este mes de marzo para decidirse mais, polo de agora, sábese que a votación acontecida no BRM (Ballot Resolution Meeting) estes […]

ODF pode chegar ser norma brasileira (alén da ISO)

O debate ODF vs OOXML non rematou. O primeiro xa é estándar ISO 26300:2006 e comeza ser adoptado amplamente por diferentes estados e gobernos rexionais como se pode comprobar neste PDF co relatorio anual ODF de 2007. Lido superficialmente, en España só aparece a admirada Estremadura. Pola contra, o OOXML da M$ foi rexeitado como […]