EOI publica estudo sobre a oportunidade do SwL

EOI, escola de negocios fundada en 1955, xerentada pola Fundación EOI de carácter público, sen ánimo de lucro e dependente do Mº de Industria, Turismo e Comercio, vén de publicar un estudo titulado «La oportunidad del software libre. Capacidades, derechos e innovación«.

Tal estudo é conciso, directo, de rápida e doada consulta. En apenas 15 páxinas amosa os mapas de viabilidade (tecnolóxica, económica, administrativa, xurídica e política), de recomendacións cun un repertorio delas. Tales recomendacións van dirixidas maioritariamente a mandatarios políticos, valorando cada unha delas de 1 a 3 (valor máximo) por novidade, custo, rapidez, visibilidade e eficacia.

Podes descargar este documento, liberado baixo licenza Creative Commons
Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza, directamente aquí.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL tamén medra no terceiro sector

Así sinálao o estudo «Software Libre y TIC en Entidades del Tercer Sector en España: una visión panorámica 2009» realizado polo Proxecto socialGNU, un proxecto que ten como finalidade a difusión e uso de Software Libre dentro das entidades do Terceiro Sector.

O estudo refírese a un ámbito estatal, reflicte que tres de cada catro entidades enquisadas coñecen o Software Libre e un 80% delas utilízano de xeito habitual. O mesmo estudo mostra que moitas das entidades usuarias de Software Libre compatibilizan o seu uso co do Software Privativo, aínda que se rexistran algunhas entidades que empregan en exclusiva Software Libre (16%).

Sorprende que a principal área de uso do Software Libre son os escritorios de usuario, pois o 80% das entidades usuarias afirma instalalo nos seus equipos. A porcentaxe de uso en servidores corporativos chega ao 20%, debido a varios factores, sobre todo a que moitas entidades non dispón dos mesmos, e a temas de formación técnica dos responsables informáticos.

As aplicacións de Software Libre de maior uso son as de ofimática e as aplicacións de Internet. As aplicacións Software Libre máis utilizadas nas entidades sociais son as aplicacións de Internet, comunicacións e correo electrónico (26%) e as ofimáticas (23%).

O estudo considera que o éxito dos programas e iniciativas de introdución de Software Libre vén condicionado, en gran medida, polo despregamento simultáneo dun plan de formación.

O proxecto socialGNU é un proxecto sen ánimo de lucro apoiado pola Asociación Semilla e IBM.

Máis na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Redes Sociais xa son máis empregadas cós correos-e

Nielsen Online publicou un novo estudo que revela que durante 2008 o 66,8% do uso de Internet accedeu a algunha rede social e só o 65,1% empregou correo electrónico.

O crecemento no uso das redes sociais é constante. Durante 2008, os usuarios de Internet navegaron un 63% máis de tempo nas redes sociais comparado con 2007. Tamén durante 2008 incrementouse en 566% o tempo que utilizaron os usuarios visitando a rede social máis popular, Facebook. Esta rede social é a máis popular en todos os países agás Brasil, Alemaña e Xapón.

Myspace continúa sendo a rede social máis rendible de todas, a pesar de ser superado recentemente por Facebook. Durante 2008, MySpace xerou mil millóns de dólares en ingresos, mentres que Facebook só acadou 300 millóns de dólares en ingresos.

A substitución de información viaxando por redes sociais no canto de correos-e implica unha serie de consecuencias dignas de seren estudiadas. Entre elas, a máis ca mencionada perda de privacidade.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española

Elena Pérez Gómez (Sánchez-Crespo Abogados y Consultores) vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007.

No ano 2006 xa publicaran unha primeira versión sobre a GPL 2 que actualizamos en decembro dese mesmo ano con motivo das modificacións introducidas na Lei de Propiedade Intelectual española. A versión sobre a GPL v2 podédela descargar nesta ligazón.

Ademais do estudo referido á versión 3 da GPL, nesta ocasión, o informe inclúe a partires da páxina 39 un resumo doutro tipo de licenzas opensource para que poidan verse as diferenzas e similitudes entre todas e ver as compatibilidades e incompatibilidades. Entre estas están as MPL, BSD, Affero, Apache, CCDL, etc.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gartner di que en 12 meses todas as empresas usarán SwL

A consultora Gartner apunta que o 85% das empresas xa son usuarias de software de código aberto e o 15% restante van adoptalo en 2009.

Estas conclusións foron obtidas a raíz dunha enquisa levada a cabo entre os meses de maio a xuño de 2008 que abrangue a 274 organizacións das rexións Asia/Pacifico, Europa e América.

No entanto, o Gartner dixo que 69% das empresas pescudadas non posúen unha política formal para avaliar e catalogar a utilización de open source, co cal pode significar «un gran potencial de crear violacións de propiedade intelectual«, alerta o instituto.

«As empresas precisan ter políticas para aplicacións en código aberto, decidindo cales áreas terán open source e identificando cales son os riscos asociados con propiedade intelectual ao usar o open source. Cando as políticas estiveren estabelecidas, é preciso ter un proceso de dirección para garantilas.«

De acordo co Gartner, o código aberto está sendo instalado de maneira equivalente tanto en ambientes de misión crítica canto nos que non son críticos.

As tres principais razóns para adoptar open source están relacionadas co

  1. custo total de propiedade (TCO),
  2. custo menor para o desenvolvemento e
  3. maior facilidade para comezar novas iniciativas usando unha base de código aberto.

«Algúns dos entrevistados dixeron que eles tamén utilizan open source para se protexeren de ter só un fornecedor que é ‘dono’ de todo o seu departamento de TI» resaltou o Gartner. É dicir, avalían positivamente a independecia tecnolóxica que lles fornece o código aberto.

Outros entrevistados dixeran que a principal razón de negocios para adoptar código aberto estaba nun «tempo de resposta» (traducino de time to market) máis rápido para novos produtos e a capacidade de evitar procedementos e regras de vendas complexas.

Con todo, ter unha correcta dirección na contorna aberta é o maior desafío para as empresas, seguido polos termos conflitivos de ter varios tipos de licenzas e formulários.

«Entender cando e como a alternativa aberta debe ser usada é un proceso frustrante. Esas cuestións deberán ser resoltas lentamente. A maior popularidade do código aberto vai empurrar esas mudanzas«, dixo Wurster.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Só o 4,13% da web é estándar

A empresa que desenvolve o navegador privativo Opera vén de publicar os resultados dun estudo sobre a estrutura dos contidos de Internet. Para facelo crearon MAMA (Metadata Analysis and Mining Application), unha ferramenta que rastrexa a web e indexa datos dunhas 3,5 millóns de páxinas.

Preténdese obter unha análise útil para responsables de desenvolvemento, deseño e demais persoas implicadas.

Algúns dos datos deste estudo sinalan:

  • Só o 4,3% valida de acordo coa W3C
  • O mecanismo XMLHttpRequest típico de Ajax é usado no 3,2%, sendo máis popular en Noruega.
  • CSS úsase nun 80% das páxinas.
  • Javascript nun 75%
  • Adobe Flash está nun 35% dos sitios web, sendo máis popular en China.

Souben deste estudo grazas a esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Como combatir ao Open Source

Leo en Barrapunto que á súa vez vén de Slashdot unha nova que amosa ben ás claras as raíces que están a botar o SwL e o código aberto (open source) en xeral. Así, algúns cren que o modelo de negocios de software privativo precisa de axuda xa que logo dous profesores de negocios das prestixiosas universidades de Harvard e Stanford publicaron a obra «Divide e Conquista: competindo coa tecnoloxía libre en contornas de rede» (Divide and Conquer: Competing with Free Technology Under Network Effects).

Ese traballo de pescuda está adicado a axudar ao persoal executivo de negocios a loitaren contra a avalancha do software open source. Os profesores aconsellan chegar ao mercado o primeiro e manter o produto pechado ao tempo que se segmenta o mercado para daquela obter vantaxa da estratexia «divide e conquista».

Os profesores tamén recomendan o modelo «abrazar, extender e extinguir» (‘embrace and extend‘), a mesma estratexia que o Departamento de Xustiza dos EE.UU. alegou que empregaba M$. Segundo o estudo, esta estratexia é a idónea cando quen chega primeiro ao mercado é a solución de código aberto.

O artigo remata recomendando a lectura destoutro titulado «open source is having a serious effect on proprietary technology vendors«.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo sobre o desenvolvemento de Linux

Pasei por riba del meses atrás e desta vez indirectamente lendo esta nova releo con máis calma un estudo sobre o desenvolvemento do kernel Linux co ilustrativo subtítulo «Que rápido vai, quen o está a facer, que están a facer e quen o está a patrocinar» (How Fast it is Going, Who is Doing It, What They are Doing, and Who is Sponsoring It).

As imaxes e gráficas que contén están todas dispoñibles nesta ligazón.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

CEH (Certified Ethical Hacker)

Agora sei dunha iniciativa semellante á do título universitario en Hacking Ético grazas a esta fonte. É o CEH (Certified Ethical Hacker) ou Certificado de Hacker Ético.

Certified Ethical Hacker é unha certificación ofrecida pola EC-Council (International Council of Electronic Commerce Consultants) cuxo obxectivo é garantir que quen posúa esta certificación sabe pensar como un cracker para defenderse contra eles. Tes máis información nestas FAQ.

O requisito da certificación CEH é ter polo menos 2 anos de experiencia comprobada en seguranza da información. Por exemplo, o autor do artigo orixinal, Ulisses Castro, pediulle ao seu xefe para que lle asinara unha declaración. Logo encheu un formulario e enviouno todo para que lle devolveran por correo-e un código necesario para completar outro formulario do sitio web Pearson VUE onde marcou a proba. E así en adiante, moi ben explicado por Ulisses.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Análise da popularidade de GNU/Linux no mundo

GNU/Linux no mundoO mapa de GNU/Linux está constantemente cambiando cunha comunidade moi forte tanto desenvolvendo como usando. Mais, onde é máis popular? Cales distros son as máis populares?

Para respostar estas cuestións Royal Pingdom ollou os datos obtidos pola ferramenta de Google nomeada Insights for Search.

Alén de procurar Linux incluíronse varias distros: Ubuntu, OpenSUSE, Fedora, Debian, Red Hat, Mandriva, Slackware e Gentoo.

Como determinaron a popularidade?

Ollando por termos específicos e por rexións. Por exemplo, “Linux” ou “Ubuntu” por zonas. Google chámao “interese rexional”.

Se unha alta proporción de procuras nun país refírense ao termo “Linux” isto debería indicar o popular que é GNU/Linux nese país ou alomenos o nível de interese.

Popularidade global de Linux

A nível global, o interese por GNU/Linux semella ser máis elevado en India, Cuba e Rusia, seguido da Chequia, Indonesia e Bangladesh. O primeiro país occidental en popularidade é Alemaña co 10º posto na xeral.

Popularidade global de distribucións

Das oitos seleccionadas obténse estes resultados:

  • Ubuntu é máis popular en Italia e Cuba.
  • OpenSUSE o é en Rusia e Chequia.
  • Red Hat en Bangladesh e Nepal.
  • Debian en Cuba.
  • Cuba está no top-cinco con tres das oito distros elexidas na enquisa.
  • Indonesia está no top-cinco con catro.
  • Rusia e Chequia están con cinco no top-cinco.
  • EE.UU. non está no top-cinco de ninghuna disto.

Persoalmente considero que os resultados ofrecidos son un tanto ilusorios dado que rexións e países como Estremadura ou Brasil apenas figuran encabezando as listas sendo os pioneiros neste eido. Probablemente porque o conxunto de usuarios e desenvolvedores han ir directamente a portais especializados e ben maduros.

Estas e outras puntualizacións poderían engadirse, con certeza.

O estudo foi atopado grazas a esta fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo de O’Reilly revela razóns para crecemento do FLOSS

estudo_oreilly.gifVisto en Barrapunto e traducido ao galego a partir de Comunidad Linux:

 De acordo a unha nova e custosa investigación de O’Reilly existen polo menos 6 razóns para o rápido crecemento do software de código aberto ou open source. Axilidade e escalabilidade, independencia de fabricante, calidade e seguridade, custo e innovación. Sen importar cal destas sexa a máis forte as descargas desde Sourceforge.com continúan medrando.

Nunha área en particular o software de código libre brilla e é a habilidade de escaparse de quedar atrapado cun fabricante de software. Segundo o estudo:

«Debido a que os fabricantes de software practicamente non teñen medo de ser substituídos, atópanse na posición de cobrar altos cargos de mantemento e actualizacións. Por exemplo Oracle acaba de anunciar un aumento dun 20% no custo do seu software de base de datos (acompañado tamén dun crecemento do mantemento do mesmo) completamente seguros de que moi poucas empresas atópanse na posición de resistir este aumento debido á dificultade de substituír os seus produtos«

Sen importar o prezo asociado a relacionarse con Oracle, Microsoft, SAP, IBM, HP, etc. algúns compradores corporativos comezan a reflectir o custoso que sería desfacerse destas relacións. Tecnoloxías como SaaS que poderían ser moi boas para os clientes poden ser facilmente evitadas por fabricantes que son donos dos seus clientes.

Esta situación incita a Sun, Red Hat e a outros vendedores open source a prover aínda máis solucións abertas. Os clientes non deberían ter que elixir o menor custe entre dous vendedores. Deberían gañar opcións cando compran software, e non perdelas.

O estudo de O’Reilly e a nova orixinal en inglés.

Nota: FLOSS equivale a Free/Libre/Open Source Software

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp