GP Bélxica, domingo – 20090830
Previo
Os titulares son unánimes xa que logo temos a máis sorprendente das cualificacións dos últimos tempos. Olla por exemplo en Tuttosport (Impresa Fisichella: pole!), Autosport (Fisichella: The best moment of my life) ou en Quatro Rodas (Fisichella surpreende e faz pole em Spa). Quen apostase algúns cartos por unha pole de Force India abofé que hoxe tería uns bos dividendos. A felicidade do multimillonario propietario Vijay Mallya é evidente.
E xa van uns cantos exemplos de veteranos acadando éxito este ano. Sen irmos moi aló, hai unha semana en Valencia foi Rubinho gañando, hoxe temos a grella de saída cos catro primeiros todos maiores de trinta anos!
En canto aos pesos, Fisico tampouco é o máis lixeiro de todos, porque Barrichello parará unha ou dúas voltas antes. E na mesma volta que Fisichella pararán Kubica e Glock. En canto ao tempo, a FIA cre que non choverá… pero, claro, isto é Spa e non sería a primeira vez que os pronósticos erran.
Carreira
Realmente emocionante maila non ser unha carreira pletórica de adiantamentos. O accidente da primeira volta deixou fóra a BUT HAM ALG GRO e logo do Safety Car Alonso tiña as de gañar moitas posicións. De feito estivo de terceiro varias voltas ata a súa parada onde, unha vez máis, outro atranco na roda, desta vez a dianteira esquerda, estragoulle calquera opción a un bo posto final.
Sobresaínte a carreira do Force India de Fisico, sempre pegado ao Ferrari de Raikkonen. A pésima saída de Rubinho e os problemas de motor de Webber e mailo do propio Rubinho nas derradeiras voltas deixáronos moi lonxe dos primieros postos. O brasileiro polo menos descontou dous puntos na loita polo mundial.
Clasificación final: RAI FIS VET KUB HEI KOV BAR ROS (8º) WEB GLO SUT BUE NAK BAD
En: Racing por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »











