Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil
O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das implantacións, recibíu retornos favorables do persoal que emprega este software multiplataforma.
O BB é un dos maiores usuarios corporativos de Software Libre no mundo. Practicamente todos os computadores das súas catro mil axencias, máis de 65 mil máquinas, utilizan GNU/Linux, Br-Office e Mozilla Firefox. As outras 35 mil máquinas que utilizan o Mozilla pertencen a órganos rexionais e dependencias da Dirección Xeral, utilizan Mozilla e Br Office, pero aínda non migraron a GNU/Linux.
En 2009, os terminais de auto-atención (TAA) tamén comezaron a ser equipados con software de código aberto. A iniciativa do BB conta co apoio das comunidades de software libre nacionais e internacionais, do goberno federal e de empresas.
Esta é a fonte da nova.
Opinión
A marca acadada é moi salientable a lo menos polos seguintes motivos:
- É un proceso de instalación feita a propósito, con decisión firme pois o normal é ter equipos que veñen con software privativo.
- Aínda máis salientable por ser unha elección dunha entidade que acumula grandes beneficios económicos, até en época de crise. Idéntico escenario (grandes beneficios) ten Petrobras e mailo seu poder económico comezou este mesmo proceso integrador de solucións libres. Polo tanto, non só hai motivacións económicas senón outras como liberdade e independencia.
- Daquela, que debería facer quen xestione recursos públicos se ademais ten motivos éticos e legais (Constitución, LOPD, LSSI, lei de contratos públicos...)?
- Como é posible que gobernos recentes e mesmo actuais sigan pedindo en concursos públicos marcas de software? Ademais de ser software privativo que non cumpre estándares de empresas sancionadas internacionalmente? Velaquí unha mostra dos requerimentos técnicos dun recente concurso público (DOG nº 95, 18 de maio de 2009), aprobado pola asesoría xurídica da Xunta con data 11 de febreiro de 2009, onde se pide expresamente software da marca de Redmond.
Insisto, a ignorancia non é eximente de culpa en responsables políticos pois contan con medios máis ca suficientes para dirixirnos. Ignorar programas e promesas políticas, ao seu electorado, ao resto da cidadanía ou aos múltiples informes técnicos elaborados polos diversos organismos públicos, déixaos na situación de cómplices conscientes, incumpridores, inconsecuentes e deplorables.
asennadas![]()
En: AGNIX, Brasil, Estándares, FLOSS, Galicia-Galiza, Hasefroch, Negocios, Pensamento por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Firefox 3 en galego con Chuza! como fonte de novas predeterminada
Entéronme por Facebook dunha entrada que apunta cara o chuza! blog e que trae esta boa nova (c & p):
Despois duns mesiños en probas a versión oficial do Firefox 3 en galego xa está aquí. E chega cunha novidade interesante: chuza! foi a fonte de novas escollida por Mozilla e o equipo de tradución ao galego para alimentar de “últimos titulares” ao navegador de código aberto.
Pois nada, agora a chuzarlle tamén no firefox ![]()
NOTA: só veredes eses “Últimos titulares” en galego se facedes unha instalación limpa de firefox, se ata agora tiñades o firefox en español, portugués, inglés, etc… ao instalar por riba manterá a configuración anterior. Se queredes mudar ao galego so tedes que pulsar co botón dereito en “Últimos titulares” e poñer este enderezo da fonte: http://gl.fxfeeds.mozilla.com/gl/firefox/headlines.xml e no enderezo do sitio http://chuza.org. No caso de que vós cargárades ese botón da barra de marcadores (como fixen eu
) na páxina de mozilla hai instrucións sobre como restaurala.
En: AGNIX, Amizade, FLOSS, Galicia-Galiza, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Mozilla esixe a EULA para usares o Firefox na Ubuntu
Quen use a vindeira versión de Ubuntu, nomeadamente a Intrepid Ibex, terá que ler a licenza de uso do navegador Firefox ao abrilo por primeira vez.
Mark Shuttleworth sinala que 'Mozilla Corp pediulles que isto se engadira para poder seguir chamando ao navegador Firefox... Eu non consideraría unha licenza de uso (EULA, End-User License Agreement) como a mellor práctica. Non é afortunado que Mozilla perciba que iso sexa abosolutamente necesario'.
A actividade comezou e xa hai un paquete que elimina calquera mención ás marcas e nomeado abrowser. Moitos dos comentarios verquidos din que Ubuntu debería apartar o Firefox por non ser software libre e polo tanto empregar o Iceweasel ou Epiphany de GNOME.
En: AGNIX, Internet, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Será Aurora o substituto do Firefox?
Podería converterse no sucesor de Firefox. De momento, é un concepto no que traballa o equipo de investigación de Mozilla Lab.
A demostración do navegador Aurora mostra un sistema baseado na colaboración para a recompilación de datos na Web. Estes datos (por exemplo, os partes do tempo) recompílanse como "obxectos" que poden ser arrastrados ao escritorio e manipulados de forma dinámica. O vídeo da demostración de Aurora amosa a dúas persoas traballando en diferentes oficinas que comparan os datos sobre choiva. Na demo, Alan invita a Jill a que se lle una na páxina do tempo, onde cada un deles subliñou o que lle parece máis importante para amosalo ao outro.
O vídeo mostra despois un sistema de favoritos visual en 3D no que as páxinas agrúpanse por celas. As páxinas que se abriron máis tarde aparecen máis próximas á pantalla que as outras.
O mellor do vídeo é que mostra un navegador no que todo parece integrado, coas tarefas do escritorio e unha utilidade de mensaxería instantánea ligado todo á interfaz do navegador.
O proxecto encádrase dentro dos Laboratorios de Mozilla, que como o laboratorio de Google, pretende dar saída a proxectos pouco convencionais. Pero a diferenza do de Google, Mozilla di que o seu laboratorio escoita tamén as ideas dos deseñadores que non pertencen á comunidade de desenvolvemento de código aberto.
Aurora (Part 1) from Adaptive Path on Vimeo.
En: AGNIX, FLOSS, Internet, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Mozilla e Firefox 3 portándose ás Qt
As equipas Mozilla e Nokia están a traballar nas versións do Firefox 3 e da Plataforma Mozilla portándoas ás Qt.
Xa hai unhas primeiras versións dispoñibles. Tes un desenvolvemento experimental do Firefox Qt así como as fontes destes traballos.
A idea é fundir este porte na central de Mozilla para que se torne oficial.
En: AGNIX, Internet, Tecnoloxía por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Consegue o certificado de teres colaborado baixando Firefox 3.0
É ben doado, tan só tes que ir a esta páxina de certificación e encher o formulario co nome que queres que apareza
Así de sinxelo!
En: AGNIX, Curiosidades, FLOSS, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Desculpas oficiais: I love you too, Galego!
O presidente fundador de Mozilla Europe, Tristan Nitot, recoñece ter falado do Firefox en galego sen saber: The truth is actually much simpler : I just did not know, e recoñece o seu erro: I honestly did not want to sound controversial to the Galician community.
A fonte apunta cara esta entrada do blogue de Tristan Nitot onde explica o seu punto de vista do acontecido. Pola súa banda Mancomún publica un comunicado oficial feito polo seu coordinador, Suso Baleato.
En: AGNIX, FLOSS, Galicia-Galiza, Historia(s), Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Cúpula de Mozilla arremete contra a tradución do Firefox ao galego
Segundo diversas fontes, entre outras Vieiros e El País, o co-fundador de Mozilla Europa nomeadamente Tristan Nitot, explica en Barcelona por que non hai aínda unha tradución oficial do navegador na nosa lingua.
Na xornada inaugural do Bdigital Global Congress interviu o propio Tristan Nitot para analizar a traxectoria e as características do proxecto que pariu, entre outros, o navegador Firefox e o cliente de correo Thunderbird.
Ademais de presentar a próxima versión do Firefox, a 3.0, que sairá en xuño, Nitot tivo unhas palabras para os desenvolvedores e os voluntarios que traducen o software. Neste aspecto, o galego non saiu ben parado:
En: AGNIX, Eventos, FLOSS, Galicia-Galiza, Internet por Roberto Brenlla
4 Comentarios »
Sincronizando todos os axustes do Firefox
FEBE (Firefox Environment Backup Extension) é unha extensión para o navegador Firefox que só permitía inicialmente facer copias de seguidade das extensións que teñas instaladas. Agora amais disto, FEBE posibilita un xeito para que dispoñas da mesma contorna no teu navegador favorito esteas no traballo, na casa ou co teu portátil.
FEBE fai unha copia de seguridade e restaura as túas:
- Extensións e os seus axustes
- Temas
- Marcadores
- Preferencias
- Cookies
- Contrasinais
- e moito máis!
Tes a súa páxina FAQ, algunhas pantallas e extensión 5.3.1 para ser instalada.
Souben dela nesta páxina.
En: AGNIX, Internet, Seguridade por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »
Mozilla Messaging
Meses depois do seu anuncio inicial, a Fundación Mozilla presenta o proxecto Mozilla Messaging. Con isto Mozilla pode separar os seus esforzos en dúas bandas principais, o navegador Firefox e mailo espazo de mensaxería e comunicacións.
A vindeira versión 3.0 do Thunderbird terá importantes melloras, axenda integrada, motor de buscas, etc. Para facelo posible Mozilla Messaging comeza cun equipo de desenvolvemento pequeno que traballará en paralelo coa comunidade.
O nome inicial MailCo trocou ao de Mozilla Messaging para reflictir que 'tanto unha iniciativa de Mozilla como que estamos a centrarnos na mensaxería e comunicacións como un todo, non só correo-e'
En: AGNIX, FLOSS, Internet por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »


