Firefox 3.5, novidades en video breve

O recén anunciado Firefox 3.5 vén cargado de novidades. Podes comprobalo neste video (2’52”): [gv data=”k5Zbc-Rg6e8″][/gv] asennadas

Máis de 100.000 PCs con Firefox no Banco do Brasil

O Banco do Brasil (BB) vén de anunciar que atinxiu no pasado mes de maio a marca de máis de 100.000 instalacións do navegador web Mozilla Firefox nos seus computadores. A institución utiliza ese software desde 2005 cando iniciou a implantación do GNU/Linux nas máquinas das axencias. A dirección de tecnoloxía do BB, responsable das […]

Firefox 3 en galego con Chuza! como fonte de novas predeterminada

Entéronme por Facebook dunha entrada que apunta cara o chuza! blog e que trae esta boa nova (c & p): Despois duns mesiños en probas a versión oficial do Firefox 3 en galego xa está aquí. E chega cunha novidade interesante: chuza! foi a fonte de novas escollida por Mozilla e o equipo de tradución […]

Mozilla esixe a EULA para usares o Firefox na Ubuntu

Quen use a vindeira versión de Ubuntu, nomeadamente a Intrepid Ibex, terá que ler a licenza de uso do navegador Firefox ao abrilo por primeira vez. Mark Shuttleworth sinala que ‘Mozilla Corp pediulles que isto se engadira para poder seguir chamando ao navegador Firefox… Eu non consideraría unha licenza de uso (EULA, End-User License Agreement) […]

Será Aurora o substituto do Firefox?

Podería converterse no sucesor de Firefox. De momento, é un concepto no que traballa o equipo de investigación de Mozilla Lab. A demostración do navegador Aurora mostra un sistema baseado na colaboración para a recompilación de datos na Web. Estes datos (por exemplo, os partes do tempo) recompílanse como “obxectos” que poden ser arrastrados ao […]

Mozilla e Firefox 3 portándose ás Qt

As equipas Mozilla e Nokia están a traballar nas versións do Firefox 3 e da Plataforma Mozilla portándoas ás Qt. Xa hai unhas primeiras versións dispoñibles. Tes un desenvolvemento experimental do Firefox Qt así como as fontes destes traballos. A idea é fundir este porte na central de Mozilla para que se torne oficial. Fonte.

Consegue o certificado de teres colaborado baixando Firefox 3.0

  É ben doado, tan só tes que ir a esta páxina de certificación e encher o formulario co nome que queres que apareza 😉 Así de sinxelo! asennadas

Desculpas oficiais: I love you too, Galego!

O presidente fundador de Mozilla Europe, Tristan Nitot, recoñece ter falado do Firefox en galego sen saber: The truth is actually much simpler : I just did not know, e recoñece o seu erro: I honestly did not want to sound controversial to the Galician community. A fonte apunta cara esta entrada do blogue de […]

Cúpula de Mozilla arremete contra a tradución do Firefox ao galego

Segundo diversas fontes, entre outras Vieiros e El País, o co-fundador de Mozilla Europa nomeadamente Tristan Nitot, explica en Barcelona por que non hai aínda unha tradución oficial do navegador na nosa lingua. Na xornada inaugural do Bdigital Global Congress interviu o propio Tristan Nitot para analizar a traxectoria e as características do proxecto que […]

Sincronizando todos os axustes do Firefox

FEBE (Firefox Environment Backup Extension) é unha extensión para o navegador Firefox que só permitía inicialmente facer copias de seguidade das extensións que teñas instaladas. Agora amais disto, FEBE posibilita un xeito para que dispoñas da mesma contorna no teu navegador favorito esteas no traballo, na casa ou co teu portátil. FEBE fai unha copia […]

Mozilla Messaging

Meses depois do seu anuncio inicial, a Fundación Mozilla presenta o proxecto Mozilla Messaging. Con isto Mozilla pode separar os seus esforzos en dúas bandas principais, o navegador Firefox e mailo espazo de mensaxería e comunicacións. A vindeira versión 3.0 do Thunderbird terá importantes melloras, axenda integrada, motor de buscas, etc. Para facelo posible Mozilla […]