Google libera SDK para o Android, que segue medrando
Google vén de liberar unha previa do seu kit para desenvolvementos de aplicativos (SDK) para Android 1.5.
O paquete da acceso a recursos da nova versión do sistema operativo móbil, apelidada de Cupcake, como soporte a vídeo e navegación máis rápida.
O novo kit de desenvolvemento trae APIs para recursos como teclados virtuais, widgets e recoñecemento de voz.
A previa pode ser baixada no sitio web do Android para desenvolvemento, onde tamén están detalladas mudanzas feitas na estrutura do novo SDK.
Android xa está en uso en aparellos da HTC e outros fabricantes prometen entregar novidades baseadas neste sistema aberto.
Mais non só hai que falar de telefonía móbil ou smartphones. A plataforma non quere ficar só aí. STBs (set top boxes), TVs, netbooks e até escritorios tamén andan analizando a mesma posibilidade. Xapón ten sido un dos redutos con máis planos para o Android. Outras grandes empresas como Acer, por exemplo, mostrou un prototipo dun escritorio con Android. Motorola está desenvolvendo un set top box co sistema. HP vén estudando o uso do Android en netbooks.
Fontes: sdk, expansión de Android
asennadas ![]()
En: FLOSS, Negocios por Roberto Brenlla
Sen Comentarios »




Tal e como prometeran, vén de publicarse o 

Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.