Campaña LinuxForObama

Nos EE.UU., país onde (case que) todo se merca, estase a presenciar unha amena campaña polo liderado do partido demócrata.

Unha proba máis de que o SwL vende pode ser estas liñas asinadas polo propio Miguel de Icaza a prol da campaña específica de Barack Obama titulada «LinuxForObama«

LinuxersForObama is a campaign for all Free and Open Source Software advocates to contribute to the Obama campaign.

Sorry for the shorthand «LinuxForObama», I know it should have been «FLOSSGNUX11BSDApacheMySQLForObama», but I went for short and simple.

Hopefully team LinuxForObama can do some nice fund raising for Obama and we can settle once and for all the argument about which operating system is the best.

Note: we clearly need a LinuxersForObama logo here, email meif you have some ideas.

Miguel de Icaza

A campaña acepta donativos e, segundo din enriba, tamén ideas para o propio logo de LinuxersForObama.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

A miña andaina no SwL (resumo)

Deixo as ligazóns directas á serie de artigos referidos á miña andaina no SwL:

A partir daquí deixo unha ligazón a un artigo que me pediron para Código Cero na súa edición impresa (páxina 4 do PDF).

Chuzame! A Facebook A Twitter

A miña andaina no SwL (2003, nace AGNIX)

Tal como comentara no derradeiro parágrafo deste artigo, atopar unha nova sobre SwL nun xornal como El País supuxo un punto de inflexión determinante. Xa dixen, daquela semellaba que na nosa comunidade non se facía nada para dar a coñecer á alternativa tecnolóxica libre. Digo ‘semellaba‘ porque evidentemente si se facía aínda que se cadra sen a desexada difusión mediática. Exacto, cría que a difusión era unha das maiores tarefas por diante para que chégasemos ter algo semellante ao que o xornal comentaba sobre Estremadura.

Daí que decidira probar a comentalo nalgúns concellos. Fun a varios deles, petei portas pechadas e, nos que decidiron abrilas para escoitarme, deixaba todas as miñas ideas. Axiña comprobei que era necesario deixar esas ideas faladas resumidas nun texto con linguaxe comprensible e directa. Fíxeno pero tampouco abondaba. Daí unha nova consecuencia, tiña que atopar unha mínima masa crítica para levar adiante a difusión. Unha asociación sen fins lucrativos podería ser o idóneo mais, como coñecer e implicar á xentes nunha nova asociación?

Seguín por esta vía e comenteino coa pouca xente que coñecía. Os que comezamos non coincidimos nas formas: uns desexaban enfocalo a nível empresarial e eu non quería meterme neses líos, só desexaba crear unha asociación porque tiña a sorte de ter cobertas as costas en termos económicos. Entendía que non todo o mundo querería implicarse nalgo a cambio de nada e daquela podería ser necesario engadir á asociación un proxecto empresarial.

Porén, ao pouco tempo todo tomou outro rumbo por mor das profundas discrepancias internas dos que conformábamos o grupo inicial. Hoxe, desde o meu punto de vista, afortunadamente houbo que refacelo todo case que desde cero. Así, naceu AGNIX.

Escribín nas webs dos GLUGs galegos para presentar o proxecto «GNU/Linux para O Pobo«, comecei escribir artigos e novas a cotío, fun falar con todos os grupos políticos (sen coñecer ninguén en ningures!), seguín petando en portas de concellos e noutras de diferentes institucións… Así ata chegar á unha xuntanza de asociacións para loitar contra a posible aprobación das Patentes de Sw en Europa. Indirectamente desa xuntanza saiu o embrión das futuras «I Xornadas de SwL para o Ensino Secundario».

Nota: Evitei adrede entrar en detalles, sobor de todo nomeando persoas e determinados feitos. Do que aconteceu despois deixo unha ligazón a un artigo que me pediron para Código Cero na súa edición impresa (páxina 4 do PDF).

Chuzame! A Facebook A Twitter

OuSLi, II Xornadas de Software Libre no FP Caixanova

OUSLI, de novo volve a organizar este ano a Xornada de Software Libre no FP de Caixanova en Ourense. Esta xornada ten como finalidade a formación no eido das novas tecnoloxías no software libre e a difusión do mesmo. As Xornadas realízanse grazas á colaboración do centro de FP Caixanova, celebrándose no mesmo, a mañá do 11 de Abril.

Nas xornadas colaborará Mancomun.org mediante a realización de dúas charlas sobre tradución de software e aplicacións libres para a PEME.

O programa das xornadas é o seguinte:

  • 8:30 – Wiki: Uso de ferramentas colaborativas a través de web.Descrición: Tralo auxe da web 2.0, cada vez son máis empregadas as ferramentas colaborativas, exemplo delo é a Wikipedia. Na charla amosarase o proceso de instalación, configuración e uso dun sistema wiki.

    Poñente: Enrique Estévez Fernández.

  • 9:30 – Seguridade en GNU/LinuxDescrición: A seguridade é un punto clave da informática e que ten unha especial relevancia e actividade no mundo de GNU/Linux. Na charla exporase distintas técnicas para garantir a seguridade en sistemas empregando software libre.

    Poñente: David Martínez Carballo.

  • 11:30 – Tradución de software libre ó galego.Descrición: Unha das ventaxas do software libre é a posibilidade de personalizalo e adaptalo ás distintas culturas e idiomas. Durante a charla ensinarase a traducir software libre ó galego a través de casos prácticos.

    Poñente: Manuel Varela.

  • 12:10 – Filtrado de correo SPAMDescrición: Na charla exporanse distintas técnicas de filtrado de correo SPAM, e amosarase o funcionamiento dos protocolos SMTP, POP e IMAP.

    Poñente: Jose Ramón Méndez Reboredo.

  • 13:20 – Ferramientas de Software Libre para a PEME.Descrición: Mancomun.org lanzou o CD “Ferramentas informáticas para a PEME”, no cal se recopila software libre enfocado a PEME. Na charla presentarase o CD e faranse demos sobre o mesmo.

    Poñente: Manuel Varela.

  • 14:00 – Achegando o mundo de GNU/LinuxDescrición: ¿Que é o software libre? e o seu estado actual. Como alguén pode iniciarse neste campo a partir de diferentes distribucións e live-CDs. Diferentes contronas de escritorio existentes na actualidade. Uso de aplicación gráficas habituais, como poden ser programas ofimáticos, reprodutores de música…

    Poñente: Antonio Martínez Carballo.

As xornadas están abertas a calquera que queira achegarse polo centro situado en Finca Sevilla Nº2, o lado de Espourense.

Máis na web de OuSLi.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gpul, VIII Xornadas de Software Libre

GPUL, no ano do seu décimo aniversario, comprácese en presentar as

VIII Xornadas de Software Libre

que se celebrarán, como é habitual na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Por suposto, agradecer á Facultade de Informática as facilidades loxísticas para a celebración do evento, á empresa Igalia pola renovación do seu patrocinio para as nosas actividades deste ano 2008 e ao Máster en Software Libre de Caixanova por facilitar a presencia dos dous primeiros poñentes, Fernando Abella e Marcelo Branco.

Á espera de ter lista a páxina web do evento (http://www.gpul.org/jornadas08, esperamos que non máis tarde do martes pola mañá), o programa definitivo das xornadas deste ano quedou así:

Xoves 10 de abril

  • 19:30-19:35 Presentación das xornadas, Emilio J. Padrón (Aula de Graos)
  • 19:35-20:30 Futuro das tecnoloxías abertas, Alberto Abella (Aula de Graos)

Venres 11 de abril

  • 19:00-20:00 Sociedade en rede: desafíos para a construción dun modelo social democrático, Marcelo D’Elia BRANCO (Aula de Graos)

Luns 14 de abril

  • 17:15-18:15 Liberando A Fonera, Santiago García Mantiñán (Aula 3.0)
  • 18:30-19:30 Configuración dun servidor DNS, Juan José Iglesias González (Aula 3.0)

Martes 15 de abril

  • 10:30-11:15 Proxecto gpul-Portiño: montando unha sala educativa de ordenadores con software ibre, Francisco J. Tsao Santín (Aula 3.4)
  • 11:30-12:45 Instalación de OpenBSD, Francisco J. Tsao Santín (Aula 3.4)
  • 16:30-17:30 Mesa redonda: Situación dos entornos de escritorio libres, Diego Fernández Perdomo e José Millán Soto (Aula de Graos)
  • 18:00-20:00 Configuración dun servidor de correo electrónico, Juan José Iglesias González (Aula de Graos)

Mércores 16 de abril

  • 10:30-11:15 Localización de programas a través do Translation Project, Francisco J. Tsao Santín (Aula de Graos)
  • 11:30-13:00 Recompilación do kernel Linux, Francisco J. Tsao Santín (Aula de Graos)
  • 18:20-19:50 Documentación de alta calidade con LaTeX, Mauro Silvosa Rivera e Emilio J. Padrón González (Aula de Graos)
  • 20:00-21:00 De CVS a git: evolución dos sistemas de Control de Versións, Juan José Quintela (Aula de Graos)

Xoves 17 de abril

  • 10:30-11:30 Introdución á metadistribución Gentoo Linux, Héctor Fernández López (Aula de Graos)
  • 11:45-13:45 Obradoiro de instalación de Gentoo Linux, Óscar Amor (Aula de Graos)
  • 17:30-18:30 Vagalume e Modest: dous exemplos de aplicacións para Maemo, Alberto García González e Sergio Villar Senín (Aula de Graos)
  • 18:45-20:15 Desenvolvemento con QT4, José Millán Soto (Aula de Graos)
  • 20:30-21:30 Concurso Real Time Battle, Teodoro Díaz Diz (Aula de Graos)

Venres 18 de abril

  • 11:15-12:15 Aproximación a un servidor doméstico baseado en GNU/Linux, Héctor Fernández López (Aula de Graos)
  • 12:30-14:00 Como montar un Clúster Apache con Balanceo da Carga e Alta Disponibilidade, Miguel Álvarez Úbeda, Bruno López Lagares, Pedro Lorenzo Riveiros, Juan Santos García-Toriello, Marcelino Castañeda Sánchez, Fernanda García Alves de Oliveira e Guillermo López Taboada (coordinador)(Aula de Graos)

Como guinda ás nosas xornadas, o sábado 19 de abril celebraranse as II Xornadas de Software Libre en Ferrol, no Edificio de apoio ao estudio Do Campus de Ferrol. En canto teñamos o programa pechado anunciaremos o evento.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornadas sobre -Programación Web en Software Libre- de OuSLi

Este ano OuSLi volve a celebrar as Xornadas sobre «Programación Web en Software Libre».

A diferencia do ano pasado, este ano en OUSLI queremos contar coa túa opinión. Decide ti o programa, os ponentes, horarios, duración, temática, prezo … ¡¡axúdanos a facer unhas xornadas as que che gustaría asistir!!.

Para que ti podas decidir e axudarnos a web consta de 4 apartados:

  • Elixe o programa: Neste apartado poderas votar sobre conferencias propostas dende OUSLI para realizarse nas xornadas. As máis votadas serán elexidas para realizarse nas xornadas. ¡¡VOTA!!.
  • Call For Papers: Se tes experiencia na programación web en software libre, envíanos unha proposta de conferencia para participar como poñente nas xornadas. ¡¡Envía a túa conferencia!!.
  • Brainstorming: Se tes ideas sobre conferencias que se poderían realizar nas xornadas envíanos as túas ideas e se ademáis coñeces alguen que poida dar a conferencia refléxao na descripción. ¡¡Envía a túa proposta!!.
  • Contacto: Se queres porte en contacto con nos para calqueira dúbida ou suxestión o podes facer no formulario de contacto.

O tempo corre en contra de todos, dalle difusión entre os teus compañeiros e fagamos unhas moi boas xornadas. ¡¡¡Ti decides!!!

A data límite para o envío de propostas e Call for Papers será o día 14 de Abril ata as 23:59:59.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

100.000 persoas aprenden SwL en Cuba

Máis de 100 000 cubanos, entre nenos, novos, discapacitados e persoas da terceira idade, iniciaron clases de computación nos Joven Club.

Ata o vindeiro mes de xuño estenderase o actual período lectivo destas institucións, que nos seus 20 anos de ininterrompido traballo acadaron case un millón e medio de graduados, informa o xornal Juventud Rebelde nesta nova (onde non se mencionada nada sobre SwL e si sobre computación e electrónica xeral).

A Illa conta con 603 Joven Club, que imparten desde cursos básicos en computación e electrónica ata de programación e deseño, entre outros.

Nesta ocasión, ademais dos tradicionais, introdúcense cursos básicos e avanzados sobre o uso e desenvolvemento do Software Libre e outros da plataforma de código aberto.

Inclúen igualmente actividades que contribúen á superación individual, talles como: tempo de máquina, consulta bibliográfica dixital e navegación pola rede cubana.

Tamén en cada municipio habilitáronse laboratorios integrados a estes cadros de persoal para a autoaprendizaxe da lingua inglesa, a partir de plataformas dixitais libres.

Esta nova foi atopada A Facebook A Twitter

Ecuador tamén pasa a Sw Libre

O goberno da Revolución Cidadana promove o uso de Software Libre como Política de Goberno. A Subsecretaría de Informática inicia a implementación de Software Libre nas entidades do Goberno Central.

O Software Libre permítelle ao Estado ter soberanía tecnolóxica, maior seguridade informática, libre acceso a datos e programas, aforro de recursos económicos ao non ter custos de licenzas e é un xerador de emprego para profesionais ecuatorianos.

Con éxito e gran acollida desenvólvese a implementación de Software Libre no Ministerio de Deporte (89 funcionarios) e Ministerio de Cultura (60 funcionarios) como parte do proceso de capacitación. A implementación de Software Libre contempla a preparación, instalación, capacitación e soporte técnico na suite de oficina de Software Libre.

A implementación iniciou cun proceso de sensibilización e difusión do Software Libre en grupos de 45 funcionarios, desde o mes de xaneiro ata a última semana de febreiro, nas que se realizou tamén a capacitación correspondente. O persoal dos Ministerios de Deporte e Cultura recibiron capacitación sobre o uso e manexo de folla de texto, folla de cálculo, presentacións, correo electrónico e navegador de Internet con ferramentas de Software Libre.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

PDFs dos meus relatorios nas III Xornadas de SwL en Monforte

Deixo as ligazóns aos PDFs dos meus relatorios no IES A Pinguela durante as III Xornadas de SwL de Monforte:

Desta vez fun como CKO de C.T.I TEGNIX e socio de AGNIX pois as dúas primeiras son as presentacións que adoito dar na Rede de Dinamización e a derradeira é unha das que din recentemente en Lisboa. Semella que o de CKO está gustando pois o explico dicindo que os avós adoitan ser catalogados como posuidores de moito coñecemento (knowledge) e experiencia, e como moitos chámanme avó… ;-)

Aproveito para agradecer esta nova oportunidade que me deu este IES, especialmente a María Torres, pois así podo seguir divulgando.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Software Livre: Desenvolvedores e os outros

Non é primeira vez que atopo esta idea que provén dunha parte da comunidade de Sw Libre, normalmente desenvolvedora, e que está resumida no titulo que poño, copiado directamente do autonomeado coma nerd brasileiro Aurélio Marinho Jarga:

Muito antes da onda recente de politização do Software Livre, inclusão digital, liberdade tecnológica, ONGs digitais, certificação em Linux, representantes oficiais, porta-vozes da comunidade, paladinos, comitês, movimentos e comissões parlamentares, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.

Muito antes do Software Livre ser sexy e estar na moda, virar buzzword, aparecer na mídia, virar bandeira política, ganhar revistas especializadas, sites, fórums e listas de discussão, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.

Muito antes das intermináveis discussões de qual a melhor distro, da fragmentação de comunidades, das ofensas pessoais em canais públicos, da batalha de egos, das brigas internas de um mesmo time e da crítica gratuita, os desenvolvedores já estavam lá, sentados e produzindo códigos.

O mundo vai continuar girando e o sol vai nascer todos os dias, assim como continuarão os ruídos, as brigas e as modas. Enquanto isso, aqueles que fazem, continuarão fazendo.

Entendo o que Aurélio di igual que entendo moitas outras afirmacións porque procuro acadar a empatía con quen pense dun xeito determinado, aíndo sendo ás veces declaracións excesivamente rotundas e carentes da devandita empatía.

Na comunidade en xeral, e non é menos certo na do Sw Libre, acho que hai escaseza de empatía. Non tela adoita resultar en agresividade, illamento ou até inimizade.

É frecuente inimizade en frases como ás de xentes que non comprenden ás persoas desenvolvedoras pois simplfica os seus pareceres pensando que son tolas pasando todo o dia ao frente dunha pantalla e teclado. Á vez, quen desenvolve pode pensar, por exemplo, que con política nada se resolve. Outros non comprenden a quen se adique á poesía, física nuclear, socióloxía, avogacía e así de seguido ata a infinidade. Infinidade de incompresións, escaseza de empatía.

Ninguén posúe a verdade absoluta, creo que nisto estamos todos de acordo e, porén, abundan as verdades absolutas.

Cuestioneime varias veces que sería do Sw Libre se só se desenvolvera, se non houbera relatorios nin conferencias, se non houbera parties nin farras, se non houbera asociacións, se non houbera novas nas webs ou quen traducira ao galego, se non houbera compromisos políticos ou axudas públicas á adopción destas solucións, se non houbera música ou o Rap do Kill -9… e un longo etcétera que ben podería concluir cun «…e se o profeta Richard M. Stallman non repartira a súa bendición en inúmeras oportunidades ao longo destes últimos anos».

Si, até nesa utópica situación, concordo con Aurélio, seguramente seguirían existindo desenvolvedores desenvolvendo mais, se cadra, non compartindo o código pois posiblemente nin sequera se decataría que existise a alternativa do Sw Libre.

Unha das maiores lindezas da Humanidade é o feito de vivir en comunidade, e nela estamos todos, mutuamente dependentes, todos necesarios. Si, tamén necesitamos de xentes na poesía, física nuclear, socióloxía, avogacía e así de seguido ata a infinidade, pasando por quen desenvolva.

Paréceme sensato afirmar que ninguén debería sentirse o embigo do Universo, aínda que ese universo só sexa o do Sw Libre. Facelo amosaría inexistencia dunha mínima empatía.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp