Por que extirpar Mono? Como facelo?

Richard M. Stallman comenta:

A decisión de Debian de incluir Mono na súa instalación predeterminada, pongamos por caso que debido a que Tomboy está escrito en C#, leva á comunidade a unha dirección arriscada. É perigoso depender de C#, polo tanto preciso desanimar o seu uso.

O problema non só é debido a Mono xa que logo calquera implementación libre de C# tería o mesmo trato. O perigo é que Microsoft está planexando forzar a toda implementación libre de C# a moverse ilegalmente polo emprego de patentes de software. (Olla http://swpat.org e http://progfree.org.) Este é un serio perigo, e só os aparvados deberían ignoralo ata que algún dia iso aconteza. Precisamos tomar precaucións agora para protexernos dun vindeiro perigo.

Se concordas con esta visión, podes desisntalar Mono e todas as súas dependencias executando este comando (en Debian, Ubuntu e similares):
sudo apt-get remove --purge mono-common libmono0 libgdiplus
&& sudo rm -rf /usr/lib/mono

tal e como sinala este HOWTO. A máis hanse desisntalar algunhas aplicacións como Tomboy, Banshee, F-Spot ou Gnome Do.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xenocidio, GNU e Clásula Mariposa

Entereime por un correo-e da intervención dun representante do proxecto GNU, nomeadamente José Marchesi, quen afirmou que «tes que ter o dereito de usar Software Libre para practicar xenocidio«. Podes comprobalo neste video:

Ante estas e outras afirmacións, o avogado José María Lancho, sinala que «Non existe ningún título legal, ningunha licenza de software, ningunha lei, nin sequera unha Constitución que poida autorizar un xenocidio ou un crime contra a humanidade e poida seguir considerándose propiamente como legal«.

José María Lancho inventou e promoveu a chamada «Cláusula Mariposa«. Sobre as motivacións desta cláusula e maila súa redacción tes máis información na Wikipedia. Tal iniciativa foi presentada ao fundador da FSF e mailo proxecto GNU, Richard M. Stallman. Polo que sei, a FSF non a considera axeitada.

Se cadra, outra proba dilo é o que aconteceu polas datas do nacemento da «Cláusula Bolboreta». A raíz dunha suxestión de Carlos Neira feita en 2006, decidín volver a porme en contacto con Stallman para preguntarle sobre algo afín, o uso de SwL con fins militares. Un extracto do meu correo-e preguntaba:

Are you going to take any action on new GPL against the use of free software in military cases?

A ilo Stallman respostou:

Certainly not. Free software means people are free to use it for any purpose; licenses which forbid certain uses are not free software licenses.

The specific example you picked, missile defense, is something which I dont consider bad (supposing it works, rather than just wasting money).

Se queres ter máis opinións, distintas ás de Marchesi, podes ollar a de Julián Coccia ou de Jorge Fuertes.

Subliñar que esta cláusula é complementaria e opcional. Do demais que cada quen tire as súas propias conclusións.

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Apoiando economicamente á FSF e a Linux Foundation

Sábese de moitas maneiras de contibuir co Software Libre, desde o seu simple uso, pasando por localizar, desenvolver, difundir… ata apoiar economicamente. Se queres apoiar á FSF (Free Software Foundation) podes dirixirte a esta páxina onde atoparás distintas modalidades de contribución económica. Basicamente son dúas: membro asociado (desde 120 a 500 dólares/ano ou máis -estudantes 60$-) e donante ocasional.

De igual modo, a Linux Foundation vén de abrir esta mesma vía de contribución contemplando a modalidade individual (99$/ano) e corporativa (desde 5.000$ a 500.000$). A LF ofrece diversas beneficios por facelo, por exemplo, conta de correo-e, camisetas, entradas a eventos, etc.

Dende logo que tamén se pode contribuir economicamente a algún dos múltiples proxectos existentes.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ad Bard Network, a rede de publicidade da FSF

Ad Bard Network é unha rede de publicidade deseñada especificamente para achegar a quen desenvolva, xestione, empregue ou participe na comunidade de Software Libre. Esta rede  permitirá a anunciantes comunicarse directamente con clientes clave nesta excitante área.

Co gallo de manter un alto nível de calidade da publicidade, estase a falar de produtos e servizos que amosen un alto grao de compromiso co SwL e maila súa comunidade. Polo tanto o software privativo «non será benvido aquí«.

A rede limita o número de aparicións publicitarias por mes e páxina, non consentindo ningunha outra publicidade, veña donde veña. Deste xeito garántese exclusividade coa audiencia potencial. Teranse anuncios sinxelos, minimalistas, elegantes e moito mellores cás franxas (banners) ou texto enmarcado en bloques doutras empresas.

Quen lea nos sitios da rede Ad Bard representa a persoas que constrúen e soportan proxectos de SwL. Desde GNU a Linux, MySQL ou Postgres, hai moita xente que inflúe e déixase influír en produtos e servizos que teñen éxito na comunidade de SwL.

Podes ter…

Chuzame! A Facebook A Twitter

Palabras a seren evitadas segundo o proxecto GNU

Unha das múltilpes iniciativas concretas que desenvolve a FSF no seu proxecto GNU para a defensa do SwL é a de amosarnos determinadas palabras e frases que recomendan evitar, ou polo menos eludir en determinados contextos ou usos. A razón é que son ambiguas ou expresan indirectamente unha opinión coa que esperan que non esteamos totalmente de acordo.

Entre elas están as de aberto, pechado, comercial, PC, piratería… e un monte delas máis que tes nestas ligazóns en inglés, portugués e castelán xunto ás explicacións do por que están incluiídas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudan deixar Skype como Código Aberto

A xente de eBay, actual propietaria do sistema de chamadas por Internet, nomeadamente Skype, está pensando que probablemente sería unha boa idea o transformar o Skype a Open Source.

Hai pouco, eBay anunciaba que tivo que reducir un 10% o seu persoal así como outros problemas, como a comprobación de que os usuarios deste sistema en China están sendo espiados constantemente.

De ser facerse realidade, a licenza de código aberto que tería Skype podería facer trocar de parecer á FSF (Free Software Foundation) que vén de xerar unha lista de proxectos que precisan ser creados como libres.

A fonte apunta en última instancia á nova orixinal en Linux Journal.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

25 anos de GNU (video conmemorativo)

Hoxe, 27 de setembro, o proxecto GNU cumpre 25 anos dende que fora anunciado oficialmente por Richard M. Stallman nos grupos de noticias net.unix-wizards e net.usoft.

A FSF (Free Sw Foundation), que celebrará o seu 25º aniversario o 4 de outubro de 2010, ofrece un video onde o actor británico Stephen Fry comenta e explica a historia do proxecto GNU.

Podes descargar o video conmemorativo nesta ligazón do que xa hai traducidos os subtítulos en varios idiomas.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

5 razóns para non mercar o iPhone 3G

  1. iPhone bloquea completamente ao software libre. Quen desenvolva debe pagar unha taxa a Apple que é a única autoridade que determina que é o que pode conter o teléfono.
  2. iPhone contén e soporta DRM (Digital Restrictions Management, Xestión de Dereitos Autoriais).
  3. iPhone expón o teu paradoiro fornecendo métodos para que outros poidan seguir o teu rastro sen que ti o saibas.
  4. iPhone non executa formatos libres de patentes e DRM como Ogg Vorbis e Theora.
  5. iPhone non é a única opción. Tes mellores alternativas para a túa liberdade sen seres espiado e que ademais executa formatos multimedia libres, como o  FreeRunner de Openmoko.

Podes negociar coa túa liberdade e os teus cartos para ter algo superficialmente impactante ou podes gastar algo de cartos para perservar a túa liberdade soportando un tipo mellor de negocios. Se queres facer negocios éticos debes premiar aqueles que o son, sen enriquecer empresas que queren controlar a túa liberdade. Elixe aquelas que che respeitan, daquela estarás axudando a construir un futuro mellor.

Tradución libre deste artigo da FSF (Free Sw Foundation).

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Kerala (India) bate record de uso de GNU/Linux

Kerala, un pequeno estado do sur da India, vén de gañar a honra de ser a primeira entidade que examinou simultaneamente a 500.000 persoas en Teconoloxías da Información empregando todas elas GNU/Linux. Trátase do proxecto IT@School do Departamento Xeral de Educación dese estado.

A variante de GNU/Linux empregada é unha inicitaiva da escola e desenvolvida en colaboración coa FSF (Free Sw Foundation). Nas súas páxinas fan constar textualmente:

IT@School project had developed its own OS in Linux in association with Free Software foundation namely IT@School Linux The platform of IT education completely shifted from Windows to non proprietary software – Linux

A fonte sinala que este feito posibilitou a entrada no libro Limca dos records, o equivalente indú ao libro Guinness do que tamén están á espera de recoñecemento .

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Video da entrevista a Stallman en Canal Sur

No pasado xoves 22 de maio de 2008 Canal Sur emitiu unha entrevista ao fundador da FSF, Richard M. Stallman. Atopeina en YouTube:

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp