Corinto Meffe comenta o I FSL Luanda

Un dos meus acompañantes no evento de Angola, nomeadamente Corinto Meffe, fixo unha boa descrición do que, baixo o seu punto de vista, aconteceu no dia do evento do "I Fórum de Sw Livre de Luanda" así como os instantes previos á súa partida xusto ao dia seguinte a media mañá.

O artigo de Corinto.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda, o evento

O evento do "I Fórum de Software Livre de Luanda" aconteceu o sábado 28 de xuño organizado pola ASL-Angola ("Associação Software Livre Angola").

Persoalmente califico con matrícula de honra á organización e moi especialmente a Marcio Cándido pois a pesares de ter que trocar a grade (axenda) por mor de diversos acontecementos, a saber, dificultades cos vistos para pasaporte, relatores que non poideron vir, voos ateigados e sen prazas libres, etc, todo saíu á perfección. O lugar seleccionado (Hotel Alvalade), a puntualidade das palestras, a infraestrutura xeral... todo estivo perfecto. A isto hai que engadir o ambicioso obxectivo da organización en convertirse no referente africano nesta materia polo que axiña saberemos de máis fórums. Parabéns.

Trala apertura oficial do Fórum por parte das autoridades o evento celebrouse en dúas salas simultáneas, unha máis técnica e outra máis xeneralista. Tiven a sorte de facer a apertura das xornadas ofrecendo, unha vez máis, o 'achegamento' á materia. Tendo en conta que o evento tiña como unha parte importante de alumnado de Enxeñaría Informática e outra de xentes afíns ao Sw Privativo, fiquei sorprendido coa cantidade e intensidade do debate final.

Alberto Sato tivo moito éxito na sala técnica dado que en Angola tiñan interese no Asterisk. Corinto Meffe, representando ao goberno brasileiro, amosou a estratexia englobada no "Software Público" (que non de dominio público pois sigue a GPL...).

Chamoume a atención o "Projecto Software Livre da CNTI", palestra comandada por Juliana Luzolo Ngundo e compartida co brasileiro Ariel Frozza da Mandriva. Presentaron o Angolinux baseado en Mandriva, e o Aden, específica para cibercafés, moi importante dado que a penetración de internet na poboación apenas ronda o 2%.

Tamén tiven a sorte de rematar a serie de palestras amosando a realidade galega. Chamou poderosamente a atención do público a historia común, a proximidade cultural grazas á língua (as palestras deixeinas escritas en galego), o reducido número de habitantes (até menor có da capital Luanda), o elevado número de asociacións, as funcións de Mancomun.org e mailo seu éxito en Europa, as iniciativas tradutoras, como naceu a nosa empresa (C.T.I. TEGNIX), a asociación de empresas AGASOL.... así ata cubrir todo o meu tempo dispoñible.

En resumo, o evento superou con creces as expectativas deixándome coa fe en que Angola é capaz de liderar en África a implantación do Sw Libre.

Deixo unha selección de fotos ás que axiña lles engadirei comentarios. Outra serie delas tamén están no álbum de Marcio.

Chuzame! chuzame -

I FSL Luanda (080623), de paso por Lisboa

Leandro, Marcio, Ralf (UDP) e servidorChegou o dia da partida ao I FSL (Fórum de Software Livre) de Luanda. Saín moi emocionado por ter que deixar á familia tanto tempo, ir tan lonxe e, como contarei, con moitos temores ao descoñecido.

Os temores son moitos pois aínda hai pouco que Angola está en paz. Campos minados ou escasa entrega voluntaria de armas únense aos coñecidos temas sanitarios de ausencia de auga potable, enfermidades (malaria, cólera, febre amarela...). Dá para ir con moito respeito. Máis na Galipedia e na Wikipedia en portugués.

Fixen Coruña-Lisboa en bus, cheguei á estación Oriente antes das 19 hs, case que dez horas de viaxe. Fun directo ao hotel e rapidamente saio na procura de camisas de manga larga e claras que axuden evitar aos mosquitos. Á volta escribín á familia e ducha.

Estaba pensando en estar online ata a hora de durmir cando recibo a chamada de Leandro Malaquias. Xunto a el viñeron recollerme Marcio e Ralf Braga, o mesmo que me convidara ao evento de Lisboa do ano pasado e xa preparando un novo sobre seguridade para novembro. Só saímos a unha terraza a conversar e pasar un tempo xuntos.

Din que Portugal é un reino M$ e os vin desanimados porque ademais son inmigrantes e síntense sen lexitimación para demandar ao goberno algo neste eido. Preguntaron moito polo SwL en Galicia e, claro, se xa son falador...

Chuzame! chuzame -

Confirmada a viaxe a Angola

Con todo rematado (visado no pasaporte, certificado sanitario de vacinas, seguro de viaxe e un sen fin de detalles máis), xa podo confirmar que irei a Angola a participar no "I Fórum de Software Livre de Luanda". Neste evento estarán representantes de Brasil, Portugal e Angola, todo organizado polo secretario xeral da asociación angola de SwL Marcio Candido. Valeu Marcio!

Irei en representación de AGNIX, C.T.I. TEGNIX, AGASOL agardando a confirmación doutras entidades.

De ter conexión á rede alá intentarei ir informando do que aconteza.

Ata a volta!

asennadas

Chuzame! chuzame -

Brenlla vaise a Angola

Quen escribe vén de confirmar que do vindeiro 25 de xuño ao 1 de xullo irá convidado a un evento sobre SwL en Luanda, capital de Angola, que está a ser organizado polo angolano Marcio Cándindo e o carioca Marco Lima, participante este último nas "Xornadas GalegoLusófonas do Porriño " organizadas por AGNIX no 2006 .

A idea é expoñer as experiencias galegas nesta materia desde diversas perspectivas (comunitaria, asociativa, desenvolvedora, política, empresarial e cultural) abrindo lazos de irmandade lusófona entre as comunidades aló presentes: portuguesa, brasileira, angolana e galega.

O sitio web do evento é www.fsl-luanda.com.

asennadas

Chuzame! chuzame -