Software Libre e a Lingüística (Lingua 09) na USC

A Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela organiza entre os días 21 e 24 de setembro o curso “O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)”.

Este seminario, enmarcado no programa de cursos de verán da USC, ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes unha visión xeral da interelación entre o software libre e informática xeral coa investigación filolóxica e lingüistica, tanto no análise de datos como nas canles creadas neste eido e os mecanismos de traballo asociados.

Segundo isto, as conferencias serán exposicións teóricas que abranguerán os diferentes aspectos e axentes implicados, sendo impartidas por recoñecidos referentes profesionais das múltiples áreas- empresas, universidades e asociacións.

O curso está dirixido a un público xeralista se ben será de especial interese a aquelas persoas que académica ou persoalmente están ligadas a proxectos de tradución e investigación lingüística, podendo asistir tanto alumnado e persoal da universidade como persoas externas á universidade.

As xornadas impartiranse na Facultade de Filoloxía, sumando ata un total de 16 horas lectivas. Os interesados deberán matricularse antes do día 11 de setembro, segundo os procedementos estabelecidos pola USC.

O Software Libre e a Lingüística (Lingua 09)” inscríbese no marco dos Cursos de Verán da USC promovidos pola Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as asistentes terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Para os/as estudantes da USC, este curso será recoñecible como 1 crédito de libre configuración.

Inscríbete!

Roberto BrenllaLogo TEGNIX pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Elephants Dream, a curta libre traducida ao galego

Elephants Dream é unha película aberta, feita enteiramente con aplicacións libres e abertas como Blender. Alén disto, todos os arquivos da produción están nlibremente dispoñibles onde sexa que queiras pois ten unha licenza Creative Commons. Dela sábese xa desde hai bo tempo.

Lendo nos foros de Blender, atópome con que hai unha tradución en galego feita por Adrián Chaves. Sobre este tema, Adrián sinala:

Si, fixen a tradución, pero coido que non vai subirse ao sitio web oficial (nin a miña nin ningunha outra). Semella que o proxecto xa quedou estancado. Algo que supoño que nos casos das obras artísticas, pode ter algo de sentido.

De todas formas, teño activo un torrent da curtametraxe con 33 subtítulos, incluídos os subtítulos en galego, e aberto a máis subtítulos.

O torrent podes atopalo nesta páxina:
http://thepiratebay.org/torrent/4797765/Elephants_Dream_[HD][English][33_subs]

Por se prefires descargar o filme pola túa conta (coido que no sitio web oficial do proxecto hai descarga directa dispoñible), anexo os subtítulos.

Para visualizalos, ben podes abrir o filme cun reprodutor e logo cargalos desde o programa, ou ben podes situar os subtítulos no mesmo cartafol que o filme e co mesmo nome (a maioría dos reprodutores cargan automaticamente os subtítulos cando o nome coincide co do filme).

Esta curta foi creada polo estudio Orange Open Movie Project, sito en Amsterdam, durante os anos 2005 e 2006. Para ilo contou cun diverso equipo de artistas e desenvolvemento de todo o mundo.

Tes máis información sobre esta curta aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cabozo.com, o Facebook galego e aberto

Obtiven máis información sobre Cabozo.com grazas a Ánxel F.:

Cabozo.com é unha nova rede social, «o Facebook galego» como nos chaman
algúns, non obstante preferimos autodenominarnos como unha nova
«comunidade Web galega«.

Cabozo naceu exactamente o 14 de febreiro de 2008 de man de Antonio Mariño, viveiriense emigrado dende hai uns anos en Alemaña, coa intención inicial de contar cunha ferramenta que lle permitise manter un contacto máis fluído, dende a distancia, tanto coa súa familia como cos seus amigos máis achegados, ao igual que servise tamén a outros dos seus amigos que por distintos motivos nos atopabamos tamén dispersos pola xeografía galega e exterior.

Esta páxina foi desenvolvida totalmente dende cero, podemos dicir mesmo
que non ten influencia de ningunha outra rede social existente, pois no
momento dá súa creación ningún de nós era usuario de ningunha desás
redes e dende que empezou a funcionar Cabozo converteuse na nosa propia
rede non tendo necesidade de usar outras alleas. Por aquel entón íanselle
implementando utilidades segundo ás necesidades que nos ían xurdindo día
a día ao reducido grupo de usuarios iniciais, todos colegas, nesa misión
de manter un contacto máis directo… primeiro poder chatear, logo subir
fotos, logo vídeos, poder mandar mensaxes privadas, crear distintos
grupos, etc. creando pouco a pouco o que hoxe é a base dá Web.

Cabozo está integramente redactada na nosa lingua e está baseada
exclusivamente en tecnoloxía aberta, programada en PHP e correndo sobre un
Linux CentOS con Apache e MySQL. Comentar, que a súa programación é
levada a cabo na actualidade exclusivamente por Antonio Mariño, coa
colaboración noutros apartados doutros mozos viveirenses como Jesús Cora,
David Lage, Fausto Cora, Juanma Lage, Juan Neira e Ánxel Folgueira.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Traducir (con) Software Libre, libro CC

Onte non puiden ir a unha cita en Vigo con varios compañeiros onde Óscar Fouces íanos presentar o libro «Traducindo (con) Software Libre«. Daquela deixo o texto posto por Carlos na páxina de GALPon:

Probablemente o primeiro libro adicado a tradución e localización editado con licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza 3.0 en España.

Froito da coordinación de Oscar Díaz Fouces e de Marta García González, ambos pertencentes á Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, naceu este proxecto «Traducir (con) Software Libre«.

O obxectivo fundamental é estimular a curiosidade de traductores e docentes hacia este ámbito, así como ofrecerlles un bo número de pistas para incorporar os produtos libres aos seus respectivos espazos profesionais.

A introdución feita polos autores da Universidade de Vigo explica a motivación deste proxecto debido á globalización do mercado e ao desenvolvemento acelerado das novas tecnoloxías da información que provocan un incremento exponencial das oportunidades para os profesionales da xestión lingüística.

Como se comenta no libro, semella claro que as tecnoloxías dixitais instaláronse con forza, tanto no mundo das personas que teñen na tradución a súa actividade profesional, como no de aquelas que se ocupan de formalas. Sen embargo, chegados a este punto, convén sinalar que parece existir unha clara unanimidade na preferencia polo uso de determinado tipo de ferramentas informáticas, concretamente os produtos de carácter pechado e comercial.

O libro foi publicado pola editorial Comares e ten un prezo de 22€.

Paralelo a isto lembra que hai pouco Mancomun.org publicou unha nova versión do  Manual de Localización ao galego en colaboración coa comunidade.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Iniciación a Gimp

sweena vén de publicar no wiki da rede A Deriva a «Introdución ao Gimp» froito das clases que deu no IES San Clemente en Santiago, centro ben coñecido polo seu logrado wiki, por exemplo, e onde logo estará colgado tamén este manual. Facelo medrar é colaborativo ;-)

Gimp 2.6 é un programa de retoque fotográfico ou retoque de imaxe no que traballamos con píxeles. Este é o programa perfecto para crear imaxes, editar fotografías dixitais, facer postais, fotomontaxes, etc.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Atlas Mundial Galego da CRTVG

Entérome pola mensaxe de Antón Gómez Méixome enviada ás listas G11n (numerónimo de galeguización) da existencia desde hai uns días do Atlas Mundial Galego da CRTVG.

Antón sinala que «De momento contén pouca información pero agárdase que aí por mediados de ano se vaia completando. Por fases«.

Os obxectivos do Atlas son:

  • Crear unha base de datos toponímica
  • Adoptar criterios sobre o tratamento de topónimos estranxeiros en galego
  • Glosario de terminoloxía toponímica
  • Páxina web

Resta por ver o que acontecerá coa licenza do seu contido así como o uso de ferramentas flash.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

KDE 4.2 liberada, traducida totalmente ao galego

Miguel Branco comenta na lista de correo G11n que A Facebook A Twitter

Mancomun.org prepara araOS, unha personalización de Ubuntu

Na wiki de Mancomun.org poden lerse as motivacións que levaron ao Centro de Referencia de SwL a preparar o desenvolvemento dun metapaquete axeitado para Ubuntu.

Nel sinálase que incluirá:

  • OpenOffice.org en galego, versión de Mancomún http://gl.openoffice.org
  • Firefox [versión 2 | versión 3]
  • Thunderbird
  • Pidgin
  • Tema gráfico de araOS (artwork): GDM Theme, background, splash screen, boot screen, … un metapaquete co nome araos-desktop
  • Outros paquetes:
    • Establecer o paquete Java de Sun como predeterminado (evitar problemas con OOo, Openbravo POS, …)
    • Paquetes de idioma non instalados por defecto: language-pack-gl-base, language-pack-gnome-gl-base, language-support-gl

Alí podes ollar mostras do deseño gráfico que están a preparar. Velaquí unha mostra:

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Internet é unha oportunidade para o Galego

A dinamizadora Soraya Suárez vén de publicar un artigo que escribín para o Diario de Carballo:

Internet está a provocar unha auténtica revolución na humanidade. A súa existencia posibilita a comunicación instantánea a custes marxinais case que nulos e por múltiples vías (correos electrónicos, mensaxería, blog, microblog, voz, podcast, videowebs, fotowebs…) que dan como resultado unha contorna que facilita a colaboración masiva entre iguais. E, como en calquera revolución que a Historia presenciou, a orde establecida está a mudar substancialmente á vez que esta tecnoloxía penetra, obrigando a adaptarse a case que calquera, tanto persoas como organizacións. A colaboración está acadando graos insospeitados, xa non só polo cantidade senón porque maioritariamente é de tipo voluntario. Sermos conscientes disto axudaranos a situarnos na punta de lanza da sociedade do futuro.

Os exemplos de iniciativas que souberon aproveitar esta nova situación igualitaria e colaborativa son moitos e diversos. Linux e o Software Libre coas licenzas que dan permisos para copiar, modificar e distribuir con tal de manter inalternadas esas liberdades a favor da sociedade xeral, están perfectamente adaptados á contorna colaborativa e de traballo en rede propiciada por Internet. As tecnoloxías libres son abertas, enriquecedoras, colaborativas, construtivas e aínda poderíamos incluir varios adxectivos máis. A Wikipedia, enciclipedia descentralizada, aberta á participación comunitaria, estanos amosando o rico e doado que é a compartir coñecemento. Con certeza, Linux, Software Libre, Wikipedia e tantos máis están medrando con Internet e servindo de exemplo de éxito, demostrando que a colaboración masiva existe, é posible e rendible para a comunidade.

Como podemos aproveitar esta oportunidade para favorecer á nosa lingua? Ben sabemos que o galego leva sufrindo o trato minorizado durante séculos namentres a súa evolución natural l, o portugués, acadou auxe alén dos mares estendéndose entre millóns de persoas. Agora, grazas a Internet, a nosa relación coa «comunidade» amplíase. Podemos irmanarnos coa lusofonía comunicándonos en galego así como abrir novas canles coa nosa familia emigrante. Alentar o seu uso en todos os frentes onde a rede estea ao noso alcance pode e debe provocar un efecto incentivador que retroalimente o desexeo a «falar e escribir en galego». Como integrantes da comunidade internauta debemos ter presente que está nas nosas mans colaborar e actuar a prol de incentivar á nosa lingua, como cultura propia, como parte da nosa personalidade.

© Roberto Brenlla – 24 de xullo de 2008

Licenza Creative Commons Recoñecemento 3.02

1 O galego e o portugués considerábase a mesma lingua ata a Idade Media cando o reparto de reinos comezounas a separar.

2 http://creativecommons.org/licenses/by/3.0/deed.gl

Chuzame! A Facebook A Twitter

Desculpas oficiais: I love you too, Galego!

O presidente fundador de Mozilla Europe, Tristan Nitot, recoñece ter falado do Firefox en galego sen saber: The truth is actually much simpler : I just did not know, e recoñece o seu erro: I honestly did not want to sound controversial to the Galician community.

A fonte apunta cara esta entrada do blogue de Tristan Nitot onde explica o seu punto de vista do acontecido. Pola súa banda Mancomún publica un comunicado oficial feito polo seu coordinador, Suso Baleato.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cúpula de Mozilla arremete contra a tradución do Firefox ao galego

Segundo diversas fontes, entre outras Vieiros e El País, o co-fundador de Mozilla Europa nomeadamente Tristan Nitot, explica en Barcelona por que non hai aínda unha tradución oficial do navegador na nosa lingua.

Na xornada inaugural do Bdigital Global Congress interviu o propio Tristan Nitot para analizar a traxectoria e as características do proxecto que pariu, entre outros, o navegador Firefox e o cliente de correo Thunderbird.

Ademais de presentar a próxima versión do Firefox, a 3.0, que sairá en xuño, Nitot tivo unhas palabras para os desenvolvedores e os voluntarios que traducen o software. Neste aspecto, o galego non saiu ben parado:

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp