Blueman, completo xestor Bluetooth

Blueman é un xestor Bluetooth feito en GTK+, licenza GPLv2,  deseñado para ser sinxelo e intuitivo nas tarefas habituais: Conexión poro 3G/EDGE/GPRS vía perfil DUN. Conéctase e crea redes bluetooth Conéctase a dispositivos de entrada Conéctase a dispositivos de audio enviando/recibindo/navegando ficheiros vía OBEX Blueman intégrase perfectamente co Network Manager 0.7 en GNOME, facendo doadas […]

Arranxando Firefox traballando sen conexión

Dende hai ano e medio o meu pai usa Ubuntu e tiña unha pequena queixa: cada vez que arrancaba o navegador Firefox este facíao en modo “Traballar sen conexión“. Dado que a súa última actualización de distro que lle fixen foi cara a Ubuntu 8.04, decidín pegar o seu portátil para actualizalo á 9.04 e […]

Gnaughty, o baixa-porno libre

Repasando os meus RSS atopeime con esta aplicación, nomeadamente Gnaughty, “Fast and Easy Porn Downloader“. Ante todo hai que dicir que o proxecto é libre, con licenza GPL, aloxado en Sourceforge e retomado depois dun tempo estancado. O seu obxectivo é obter contido adulto explícito, como películas porno e imaxes, dende directorios de internet. Ademais […]

Moblin para netbooks, primeiras impresións

Moblin estaba a ter unha historia un tanto rara. No pasado mes de abril Intel entregou o seu proxecto Moblin á Linux Foundation e moita xente creu que o xigante dos micorprocesadores quixo afastarse do proxecto. Porén, Intel logo anunciou que estaba traballando con Novell para levar Moblin aos escritorios dos netbooks. Semella que máis […]

Interfaces para cron

Para completar o artigo sobre como defragmentar o sistema de ficheiros XFS deixei por facer a automatización desa tarefa.  Para ilo pódese empregar cron, rexido por un crontab, un arquivo de configuración que especifica as ordes a seren executadas periodicamente. No canto de facelo manualmente, tes algunhas posibilidades gráficas. Para GNOME tes gnome-schedule e para […]

tint2, panel alternativo para GNOME, KDE…

tint2 é un panel/barra de tarefas sinxelo deseñado para os modernos xestores de fiestras. Foi feita especificamente para openbox3 pero tamén pode traballar con outros xestores de fiestras (GNOME, KDE, etc ..). Está baseado no código de ttm. O obxectivo é manter unha apariencia limpa, non intrusiva e de conformidade coas especificacións de freedesktop. Tint2 […]

YourGnome, garda a configuración do teu Gnome

yougnome permite crear unha copia de seguridade de todas as cousas relacionadas co teu Gnome nun arquivo de tipo tar.gz. Este programa xa dispón de interfaz gráfica. Que garda yourgnome? Velaquí a lista: Todos os temas. Configuración de gnome-panel. Bluetooth-manager (axustes). Axustes de Evolution. Configuración de file-roller. Configuración de gnome-screensaver. Configuración de gnome-session. Configuración de […]

HP presenta netbook cunha Ubuntu personalizada

Ollando en LWN.net cun dos comentarios apuntando cara ZDNet e esta á súa vez cara este sitio descubro que HP ten o seu Netbook Mini 1000 cunha versión personalizada de Ubuntu, até con seus propios repositorios. Curiosamente están no dominio Cannonical.com. Segundo algúns comentarios, o lamentable do caso é a ausencia de mención e das […]

Na procura de fianciamento para axilizar os desenvolvementos

A Comunidade somos todos/as, desde quen desenvolve ou traduce ata quen usa ou exerce mecenado interesado. Acontece que nestes últimos dias estanse a producir iniciativas pro-activas co gallo de acadar o financiamento necesario para axilizar os desenvolvementos do SwL. Así, GNOME dispón da campaña “Became a friend of GNOME” (Faite amigo de GNOME) cos seus […]

Nautilus sound converter

Un xeito moi sinxelo de convertir formatos de son nun escritorio Gnome é instalares os códecs que desexas e logo engadir ao menú contextual do xestor de ficheiros Nautilus un guión nomeado “nautilus-script-audio-convert“. Para a familia Debian, como as Ubuntu, sería: sudo apt-get install nautilus-script-audio-convert Alén desta extensión tes dispoñible outra interesantes como “nautilus-cd-burner”, “nautilus-gksu”, […]

QGtkStyle fai que as KDE apps semellen para GNOME

O desenvolvedor de Trolltech Jens Bache-Wiig está a traballar nun motor de novo estilo para que Qt poida xestionar o tema por defecto de GTK+. Isto fará posible que as aplicacións para Qt poidan compartir a apariencia e sensación dunha contorna GNOME. O atranco de deseñar aplicaións par KDE que poidan ser levadas cara GNOME […]

Mellorando a visualización das letras nos LCD

Nos escritorios GNOME normalmente deixaba a visualización das tipografías en “Suavizado de Subpíxel (LCD)”. Atopei unha alternativa que realmente mellorou o visualizado global. Vai a Sistema > Preferencias > Apariencia, preme en “Detalles” e logo aí elixe na sección “Suxestións” a opción “Lixeiro” deixando o resto como estaba (no meu caso a resolución en 96ppp, […]