Go-oo, OpenOffice.org non é realmente aberta

A nova apareceu en outubro de 2007 a raíz dun problema que empezara hai uns anos co Calc Solver, un módulo de optimización de OpenCalc, escrito por Kohei Yoshida baixo licenza LGPL. Yoshida negouse a cambiar a licenza segundo o desexo e requerimento común de Sun Microsystems para quen desenvolva OOo. Noutras verbas, Sun prefire reescribilo a aceptar a licenza LGPL para daquela seguir mantendo o control sobre o desenvolvemento e autoría de OOo perservando así  os seus valores comerciais.

As razóns para o comportamento de Sun son obvias. Entre elas, conservar o dereito de autor (copyright) sobre todo o código de OOo permítelle ofrecer versións abertas (OOo), versións propias (StarOffice) e até vender o  desenvolvemento para que logo sexa este comercializado en código pechado (Lotus Sinphony da IBM).

Velaí que xurde Michael Meeks de Novell (tamén desenvolvedor de OOo e GNOME) decidindo lanzar un atrevido fork de OpenOffice.org, nomeadamente Go-oo.org. Segundo reza o slogan, Go-oo pretende ser «Mellor, máis rápida e máis libre» . O proxecto está a medrar paseniño mais firme pois até dispón melloras significativas e diferenciadas.

Meeks vén de ofrecer unha entrevista durante a sú aparticipación na GUADEC de Estambul da que tiven coñecemento por esta nova.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

O regreso de WindowMaker

Vinno anunciado en varias páxinas mais agora, tras atopalo de novo A Facebook A Twitter

Camisetas sobre SwL feitas pola galega KillerMundi

KillerMundi é unha empresa viguesa que vende camisetas de Sw Libre en virtude dos acordos suscritos con Debian Soft. e cos escritorios KDE e Gnome Hispano. Doan a Debian ou ao escritorio correspondente 3 € por cada camiseta vendida. Estas doazóns empréganse para a organización de eventos e para a promoción e desenvolvemento dos escritorios.

Tes unhas mostras aquí e aquí.
asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

GnomeArt NG, deixando Gnome personalizado

Con GnomeArt NG poderás personalizar o teu Gnome con poucos clics trocando fondo do escritorio, temas, splash, xestor de entrada GDM…

Gnome-Art Next Generation 0.5.0 é o sucesor de Gnome-Art.  Aínda que estea nas súas primeiras fases de desenvolvemento, a aplicación semella cumprir perfectamente a súa función.
Tes a páxina oficial, a do proxecto, pantallas, zona de descargas (binarios ‘deb’, código fonte) e maila fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

MAYANNA, organizador de escritorio GNOME

Trátase dunha aplicación de doada interacción que contén todos os teus contactos, documentos e calquera outra cousa que empregues a cotío. MAYANNA pode ser executada como aplicativo illado ou engadido como applet ao panel de GNOME.

MAYANNA emprega un innovador acceso baseado en táboas para categorizar todo o que tes no computador. Non só as aplicacións que teñas instaladas posto que con ela poderás atopar rapidamente contactos, documentos, computadores en rede, notas, música e case que calquera cousa cuns poucos clicks.

Descarga este video (en formato .ogg) para velo en funcionamento, paga a pena ;-)

Fonte

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anunciado GNOME 2.22

O novo GNOME 2.22 é a nova versión deste popular escritorio multiplataforma, que procura a facilidade de uso, estabilidade e suporte de primeira liña á internacionalización e acesibilidade. Por suposto, é aberto e libre.

Desta vez GNOME inclúe varias melloras:

  • Cheese, programa para sacar fotos coa cámara web
  • Efectos especias integrados
  • Mellor sistema de arquivos en rede
  • DVD, TV dixital e máis
  • Reloxo internacional
  • Xestor de correos, contactos e axenda Evolution mellorado
  • Acceso remoto
  • Configuración de teclado simplificada
  • Integración con PolicyKit, xestor de privilexios administrativos

Alén de todo isto está ampliamente traducido ao galego.

Tes máis información nunha primeira análise de Ars Technica.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp