A Xunta impulsará o Sw Libre. Mancomun.org segue adiante.

Tiven a sorte de participar hoxe na xuntanza promovida pola secretaria de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira. Convocados íamos CESGA, Mancomun.org (tamén presente a Fundación para o Fomento e Calidade), as oficinas de SwL das tres universidades e AGASOL. Tras unha primeira posta en común das actividades realizadas por cada entidade, na que por […]

Admóns Públicas tiran 40 millóns demais polo Sw Privativo

Integrantes do Grupo de I+D OpenInnova elaboraron un estudo chamado “O custo de oportunidade derivado das traxectorias tecnolóxicas” (PDF) e “O verdadeiro custo da elección tecnolóxica: Como empregar (sabiamente) os cartos do contribuínte!” (PDF) onde se fai referencia ao beneficio económico que se pode obter mediante o fomento das tecnoloxías de código aberto (FLOSS, Free/Libre […]

Custos de Saída do sw privativo

Velaquí un dos maiores erros de quen computa a relación de custos de solucións libres e privativas. É habitual considerar como custo de migración o custo que supón saír ou abandonar solucións privativas. Grave erro! É un erro cometido no pasado, xusto cando elixiron opcións privativas sen ter en conta o que custaría deixar tales […]

Guatemala elixe Sw Libre

Pois aí está, unha máis para o grupo de diante. Guatemala opta polo SwL para as súas institucións gubernamentais. O vicepresidente Rafael Espada ordenou suspender o uso ilegal de programas informáticos algo que o xornal Siglo XXI incidira nunha reportaxe que destapaba que” 3 de cada 10 programas utilizados nas entidades públicas carecían de licenza“. […]

Red Hat apelará en Suiza por contrato directo a M$

Seica Red Hat apelará xunto a outras 18 empresas TIC a adxudicación directa dun contrato a M$ por parte dunha axencia do goberno de Suiza. Este desafío pretende a apertura do goberno para que considere a existencia de alternativas libres e abertas, con todas as vantaxes que ilo suporía. A inercia gubernamental suiza fixo que […]

A comunidade de SwL moi crítica con ZP polos mini-pcs

A comunidade está a facer o que pode (basicamente inundar a rede con entradas e novas ao respecto) para evitar á escola 2.0 tal e como a concibe o presidente do Goberno. Víctor Domingo, actual presidente da AI (Asociación de Internautas), nunha entrevista para ElEconomista.es sinala que ZP ten “unha oportunidade de ouro” para apostar […]

Stallman critica o reparto de mini-pcs do goberno

Non era de estrañar! Richard M. Stallman, criticou a iniciativa do Goberno de regalar un computador persoal portátil a cada alumno das escolas públicas e concertadas, porque significaría “vender o futuro do país a Microsoft“, un programa de software privativo. Ao seu xuízo, “o presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, debe decidir ser o […]

Valores do mini-pc libre e ecolóxico

Moita aceptación na rede está tendo a nova do mini-pc libre e ecolóxico que aínda será lanzado o vindeiro 13 de maio no II encontro internacional de Software e Coñecemento Libre de Madrí, LibreMeeting 2009. O mini-PC da marca iUnika é un computador portátil de 700 gramos que combina software exclusivamente Libre (baseado en GNU/Linux), […]

Presentan a “Catedral de las Comunicaciones”

A iniciativa ten tres partes: un Centro de Expresión e Innovación de Novas Tecnoloxías, unha versión online do proxecto e un Centro de Referencia a nivel estatal en tecnoloxías de Software Libre en Madrí. Máis en europapress.es asennadas

Como ter un goberno Web2.0?

Co anuncio de que o presidente electo norteamericano Obama gravará semanalmente un video en YouTube que se enviará a Change.gov, diversas cuestións emerxen tales como a que unha candidatura baseada parcialmente nunha plataforma de apertura de goberno avivada por Internet pode comezar a empregar a tecnoloxía para facer transparente ao goberno. Alén das populares políticas […]

Brasil adopta ODF como estándar nos documentos oficiais

Os principais órganos, bancos oficiais e empresas estatais de procesamento de datos federais, asinaron un “Protocolo de Intención para a Adopción do Open Document Format – ODF“. Asemade a entidade tamén fai pública a súa protesta contra a decisión da ISO de aceptar como estándar para a mesma finalidade a outro formato ademais do ODF, […]

Ecuador tamén pasa a Sw Libre

O goberno da Revolución Cidadana promove o uso de Software Libre como Política de Goberno. A Subsecretaría de Informática inicia a implementación de Software Libre nas entidades do Goberno Central. O Software Libre permítelle ao Estado ter soberanía tecnolóxica, maior seguridade informática, libre acceso a datos e programas, aforro de recursos económicos ao non ter […]