Apollo 11 publica os seus códigos fontes

Para comemorar o 40º Aniversario do «Home na Lúa» foron publicados os códigos fontes do módulo de comando código (Comanche054) e módulo Lunar código (Luminary099).

Estes programas poden ser executados grazas ao emulador do AGC (Apollo Guidance Computer) do proxecto Virtual AGC and AGS e o propio AGS co seu código dispoñíble en Google Code (varias liagazóns).

Fonte.

Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Android invadirá casas

Iso é o que vaticina Bill Brown, vicepresidente de marketing da Touch Revolution. Tamén cre que neste mesmo ano 2009 diversos fabricantes de dispositivos electrónicos han lanzar trebellos con Android, o GNU/Linux de Google.Android invadirá os nosos fogares

O executivo dixo á Forbes que famosas empresas producirán os máis variados tipos de produtos: sistemas para control doméstico, dispositivos multimedia e teléfonos residenciais baseados no sistema operativo.

Ademais sinala que cada produto traerá conexión Wi-Fi e pantallas táctiles (sensibles ao tacto, touchscreens) entre 4,3 e 10 polgadas. Algúns deles funcionarán como tablet PCs, haberaos gañando espazo nas paredes de salas e cociñas.

Os principais motivos nas que apoia as súas hipóteses a prol da adopción masiva de Android: versatilidade, recursos para interfaces táctiles e distribución gratuíta (libre).

A propia Touch Revolution vén de anunciar un «desk-phone«, chamado Nimble, con pantalla de 7 polegadas touchscreen e Android e que debe chegar ao mercado en 2010.

A fonte a punta cara esta nova orixinal.
Roberto Brenllategnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado «Howto migrate to Linux» do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org).melisa

O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta finalidade.

Sobre  a liña  de migracións, Rafael engade o caso de Rentalia, portal con máis de 20.000 casas de aluguer, guías de praias e esquí… É a propia Rentalia a que comenta por que migraron cara SwL.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Ganeti, xestor de servidores virtuais liberado por Google

Google Inc. vén de lanzar baixo licenza GPLv2 o seu software xestor de servidores virtuais. Ganeti, está dispoñible en Google Code onde comezou sendo un pequeno proxecto na oficina da Google en Zúric (Zürich, Suiza) e desde o inicio vén sendo usado internamente polo propio equipo da xigante das buscas online.

O Ganeti é capaz de xerenciar servidores virtuais na plataforma Xen sobre sistema Linux en clústers de PCs comúns. Tras ser instalado nunha máquina física (ou clúster) equipada con GNU/Linux e Xen, o xestor encárgase das tarefas de creación de discos virtuais, instalación de sistemas operativos, inicio e parada de máquinas virtuais ademais de ter soporte a fallos de hardware.

En almacenamento o sistema oferce soporte á moderna tecnoloxía DRBD, especialmente desenvolvida para clústers, e até inclúe soporte a LVM e espellos RAID-1 locais e de rede (este a través de DRBD), os cales melloran sensiblemente a resistencia dos datos a fallos de hardware ou rede. Tamén ofrece gran facilidade para a realización de backups e migración de máquinas virtuais entre clústers distinguidos.

O tamaño recomendado para os clústers, segundo o equipo do Ganeti, é de até 25 máquinas físicas. A máis importante limitación do sistema, polo de agora, é a ausencia de soporte á virtualización completa (full virtualization), restrinxíndose á paravirtualización.

A fonte e un amplo artigo describindo como instalalo e dar os primeiros pasos nunha Debian.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google ten varios socios para o seu Sistema Operativo

Google conta con varios socios do sector hardware para apoiar o lanzamento do seu sitema operativo, o anunciado Google Chrome OS.

Entre estes socios hardware destacan Acer, Asus, HP, Freescale, Lenovo, Qualcomm, Texas Instruments, Toshiba e tamén Intel. Chamativo é o feito de que Adobe estea interesado en colaborar creando aplicacións ofimáticas online.

É incuestionable a repercusión e o avanzo que o Sw Libre e mailo código aberto poden ter coa concreción desta iniciativa, enteoutras cousas polo poderío da entidade que lidera isto, Google, pero tamén a certeza que teremos a partires de agora de que as presións de M$ para facer desaparecer das loxas calquera dispositivo con SwL terá menos forza. Como anticipa esta primeira lista de socios, son varios e moi potentes os apoios, non só unha iniciativa illada doada de identificar e esmagar.

Pero, que significa Google Chrome OS para liberdade dos usuarios? Esa é unha das cuestións a ser atendida mentras o proxecto segue o seu curso.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Chrome OS, sistema operativo

Tralo esforzo feito nos últimos anos por Google para desenvolver un máis ca competente conxunto de aplicacións baseadas na web e maila presentación de Google Chrome hai nove meses, finalmente é oficial: Google está desenvolvendo o seu propio sistema operativo, chamado Google Chrome Operating System ou Google Chrome OS.

«A nosa intención é volver pensar o que debería ser un sistema operativo«, din no anuncio oficial Introducing the Google Chrome OS.

Trátase dun sistema operativo lixeiro, de código aberto, pensado inicialmente para ser executado en netbooks, aínda que nada impediría velo en calquera tipo de máquina nun futuro próximo, xa que está deseñado para correr en procesadores x86 e ARM; Google está xa traballando con diversos socios para pór máquinas no mercado con Google Chrome OS a mediados do ano que vén.

A idea é dispor dun sistema lixeiro que arrinque moi rapidamente e que permita aos usuarios un acceso practicamente inmediato aos seus datos, que vivirán na nube (Cloud Computing). Para iso utilizará un núcleo Linux cun sistema de fiestras e Google Chrome como «casa» das súas aplicacións.

Souben disto por Iñaki Quenerapú quen sinalou esta fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones.

Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez teléfonos móbiles vendidos no mundo, foi perdendo terreo no mercado de teléfonos que poden acceder a internet, enviar correo e baixar aplicacións de terceiros, por causa de produtos coma o Apple iPhone e mailo BlackBerry Storm. A plataforma Android, entrementres, vén gañando terreo e agárdase que máis de media dúcia de teléfonos con Android deberían estar dispoñibles a final do ano.

Analistas do HSBC sinalan que Nokia tiña o 47% do mercado mundial smartphone en 2007, que caeu a 35% no verán pasado e posiblemente caia ao 31% a finais do ano. Ademais, o segmento smartphone é crítico, pois é a única parte do mercado de telefonía móbil que está crecendo.

Optar por empregar Android, unha plataforma «fonte aberta» plataforma á que calquera pode acceder para desenvolver, é un troco de estratexia bastante importante. Hai un ano, a Nokia mercou Symbian e abriuna de xeito semellante ao Android pero a resposta a esa apertura foi infructuosa. Pola contra Android está a atraer a unha multitude de desenvolvedores ofrecendo os seus «widgets» a través do Android Marketplace.

Xa hai quen instalou Android nun dos dispositivos existentes de Nokia, o N810 Internet Tablet, pero o vindeiro desta seria é agardado que se publique con integración total de Android.

Tamén hai especulacións de que Nokia estea estudando ampliar a súa oferta da gama smartphone tralo acordo de colaboración con Intel.

Fonte.
Jesús Amieiro engade máis fontes, unhas confirmando (esta e estaoutra) e outras negándoo (esta e estoutra).

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

GP Turquía, venres – 20090605

Previo

Desta vez hai moitas novidades! Sábese de 20 equipos inscritos para a vindeira temporada polo que 7 han ser rexeitados para termos un máximo de 26 monopostos nas grellas. Polo de agora estes son: BMW Sauber, Brawn, Ferrari, Force India, McLaren, Red Bull, Renault, Toro Rosso, Toyota, Williams, Campos, Epsilon Euskadi, Lola, N. Technology, Prodrive, Superfund, USF1, Brabham, Litespeed e March. Dous deles son equipos españois: Campos e Epsilon Euskadi (Villadelprat respostou a unha entrevista feita por Autosport). Pola súa banda, Renault estuda sair se Alonso vai cara Ferrari, polo que Briatore podería volver a ser o propietario da súa propia escudería.

Dentre todas elas, alédome do posible regreso da Brabham, non por ter sido comandada no seu día polo Ecclestone nin polos títulos que lle dera a Nelson Piquet senón por outro brasileiro que pilotou para ela, o mal logrado José Carlos Pace, o Moco, un dos meus ídolos da infancia. El era un dos que máis alto voaba nun cambio de rasante do antigo Nurbürgring (~22 km). Preme na foto para ollala mellor.

Con tal éxito de inscricións, Max Mosley ponse aínda máis ríxido nas súas propostas e afirma que é imposible acadar un acordo coa FOTA (equipos de F1) antes do previsto dia 12 de xuño. Até recomenda aos equipos actuais que persisten na súa teima orzamentaria que organicen eles outro campionato paralelo porque as normas díctaas el.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google Wave, nova ferramenta colaborativa

Souben por Carlos da presentación dunha nova ferramenta de Google nomeada Wave. É de código aberto e vén de ser presentada no Google I/O 2009.

Google Wave pretende ser un novo modelo de comunicación e colaboración. Con ela poderás:

  • Compartir por igual textos, fotos videos, mapas…
  • É participativo ou privado segundo as persoas que selecciones
  • As transmisións son «en directo«

Tes moita máis información nesta entrada onde comprobarás que o obxectivo é substituir ao correo-e, aínda hoxe a ferramenta telemática máis empregada. Estará dispoñible neste mesmo ano e unha demo pode ser ollada neste video:

asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework).

Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso BSD e Creative Commons attribution 2.5, con outras partes suxeitas a unha variedade de licenzas de código aberto permisivas incluíndo MIT License, Ms-PL e a tripla licenza MPL/GPL/LGPL. Polo tanto, pode ser considerado como libre maila dispor de licenzas incompatibles coa GPL como é o caso da MPL.

Decidín probalo tralo anuncio dunha primeira versión alpha para GNU/Linux e atopei este artigo onde din como incluir un repositorio propio e esqueceres de actualizacións manuais.

Velaquí o que debes facer (en Ubuntu Jaunty):

Incluir o repositiorio

deb http://ppa.launchpad.net/chromium-daily/ppa/ubuntu jaunty main

Incorporar as chaves GPG e instalalo:

gpg --keyserver keyserver.ubuntu.com --recv 4E5E17B5
gpg --export --armor 4E5E17B5 | sudo apt-key add -
sudo apt-get update
sudo apt-get install chromium-browser

Primeira sorpresa, que velocidade de arranque! Moita simpleza xeral, se cadra demais pois tes que animarte a investigar un chisco (ben pouco) como xestionar marcapáxinas e outras opcións, todo en inglés.

Chromium distínguese inicialmente de Chrome polas cores. O logo do Chromium é en tons azuis, o Chrome é catricor.

As animacións en flash aínda non rulan de xeito predeterminado.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Creando aplicacións para Android

No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6.

De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos servizos computacionais e mailo seu soporte funcional danlle un potencial que vai ben máis aló dese campo.

No artigo de Frank Ableson faise unha introdución á plataforma Android e apréndese a codificar unha aplicación básica para el.

Lembra que tes máis información en Google Code así como unha lista das acutais aplicacións aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Google libera SDK para o Android, que segue medrando

Google vén de liberar unha previa do seu kit para desenvolvementos  de aplicativos (SDK) para  Android 1.5.

O paquete da acceso a recursos da nova versión do sistema operativo móbil, apelidada de Cupcake, como soporte a vídeo e navegación máis rápida.

O novo kit de desenvolvemento trae APIs para recursos como teclados virtuais, widgets e recoñecemento de voz.

A previa pode ser baixada no sitio web do Android para desenvolvemento, onde tamén están detalladas mudanzas feitas na estrutura do novo SDK.

Android xa está en uso en aparellos da HTC e outros fabricantes prometen entregar novidades baseadas neste sistema aberto.

Mais non só hai que falar de telefonía móbil ou smartphones. A plataforma non quere ficar só aí. STBs (set top boxes), TVs, netbooks e até escritorios tamén andan analizando a mesma posibilidade. Xapón ten sido un dos redutos con máis planos para o Android. Outras grandes empresas como Acer, por exemplo, mostrou un prototipo dun escritorio con Android. Motorola está desenvolvendo un set top box co sistema. HP vén estudando o uso do Android en netbooks.

Fontes: sdk, expansión de Android
asennadas tegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp