Apollo 11 publica os seus códigos fontes

Para comemorar o 40º Aniversario do “Home na Lúa” foron publicados os códigos fontes do módulo de comando código (Comanche054) e módulo Lunar código (Luminary099). Estes programas poden ser executados grazas ao emulador do AGC (Apollo Guidance Computer) do proxecto Virtual AGC and AGS e o propio AGS co seu código dispoñíble en Google Code […]

Android invadirá casas

Iso é o que vaticina Bill Brown, vicepresidente de marketing da Touch Revolution. Tamén cre que neste mesmo ano 2009 diversos fabricantes de dispositivos electrónicos han lanzar trebellos con Android, o GNU/Linux de Google. O executivo dixo á Forbes que famosas empresas producirán os máis variados tipos de produtos: sistemas para control doméstico, dispositivos multimedia […]

Knol ten artigo sobre Como migrar a Linux

Knol, o servizo de Google que pretende ser algunha alternativa á Wikipedia, ten un artigo  titulado “Howto migrate to Linux” do que souben grazas a Rafael R. Gaioso (fundador de MeLiSa, entrevista a Rafel en mancomun.org). O artigo  (en inglés, en castelán) inclúe de xeito sinxelo e directo como facelo, con ligazóns para ampliar esta […]

Ganeti, xestor de servidores virtuais liberado por Google

Google Inc. vén de lanzar baixo licenza GPLv2 o seu software xestor de servidores virtuais. Ganeti, está dispoñible en Google Code onde comezou sendo un pequeno proxecto na oficina da Google en Zúric (Zürich, Suiza) e desde o inicio vén sendo usado internamente polo propio equipo da xigante das buscas online. O Ganeti é capaz […]

Google ten varios socios para o seu Sistema Operativo

Google conta con varios socios do sector hardware para apoiar o lanzamento do seu sitema operativo, o anunciado Google Chrome OS. Entre estes socios hardware destacan Acer, Asus, HP, Freescale, Lenovo, Qualcomm, Texas Instruments, Toshiba e tamén Intel. Chamativo é o feito de que Adobe estea interesado en colaborar creando aplicacións ofimáticas online. É incuestionable […]

Google Chrome OS, sistema operativo

Tralo esforzo feito nos últimos anos por Google para desenvolver un máis ca competente conxunto de aplicacións baseadas na web e maila presentación de Google Chrome hai nove meses, finalmente é oficial: Google está desenvolvendo o seu propio sistema operativo, chamado Google Chrome Operating System ou Google Chrome OS. “A nosa intención é volver pensar […]

Nokia con Android?

Souben por Jesús Amieiro que Nokia pode estar a desenvolver un teléfono móbil co Android de Google. O novo dispositivo tería pantalla táctil (touchscreen) e sería amosado na conferencia Nokia World en setembro coa esperanza de relanzar a súa cota de mercado no segmento dos smartphones. Nokia, que fabrica preto de catro en cada dez […]

GP Turquía, venres – 20090605

Previo Desta vez hai moitas novidades! Sábese de 20 equipos inscritos para a vindeira temporada polo que 7 han ser rexeitados para termos un máximo de 26 monopostos nas grellas. Polo de agora estes son: BMW Sauber, Brawn, Ferrari, Force India, McLaren, Red Bull, Renault, Toro Rosso, Toyota, Williams, Campos, Epsilon Euskadi, Lola, N. Technology, […]

Google Wave, nova ferramenta colaborativa

Souben por Carlos da presentación dunha nova ferramenta de Google nomeada Wave. É de código aberto e vén de ser presentada no Google I/O 2009. Google Wave pretende ser un novo modelo de comunicación e colaboración. Con ela poderás: Compartir por igual textos, fotos videos, mapas… É participativo ou privado segundo as persoas que selecciones […]

Navegador Chromium, instalando e probando

Google Chrome é un navegador web desenvolvido por Google e compilado en base a compoñentes de código aberto como o motor de renderizado WebKit e a súa estrutura de desenvolvemento de aplicacións (Framework). Chromium é o proxecto de software libre detrás de Google Chrome. A porción realizada por Google está amparada por licenzas de uso […]

Creando aplicacións para Android

No boletín semanal de noticias de IBM publicado onte destaca un artigo adicado a crear unha primeira aplicación para a plataforma Android. Como se sabe, Android é unha contorna operativa completa baseada no núcleo Linux® V2.6. De entrada, o obxectivo comercial marcado para Android foi o sector de telefonía móbil. Porén, o rango completo dos […]

Google libera SDK para o Android, que segue medrando

Google vén de liberar unha previa do seu kit para desenvolvementos  de aplicativos (SDK) para  Android 1.5. O paquete da acceso a recursos da nova versión do sistema operativo móbil, apelidada de Cupcake, como soporte a vídeo e navegación máis rápida. O novo kit de desenvolvemento trae APIs para recursos como teclados virtuais, widgets e […]