Síndrome de Orwell e Google (humor)

Karlisson Bezerra é o brasileiro autor da serie de tiras cómicas titulada “Nerdson não vai à escola” liberada baixo licenza Creative Commons by-nc-sa 3.0. Ao respecto do temor que temos pola nosa privacidade depositada en Google, Karlisson fixo esta tira: asennadas

Portátil con Linux que arranca en segundos

Good OS, máis coñecido como o gOS Linux que debutara nos hipermercados Wal-Mart, vén de anunciar “Cloud” un novo sistema operativo que arranca en segundos dentro dun navegador con Google, Yahoo! e Live, opcionalmente dentro de Window$. Cloud amosou o GIGABYTE Touch-Screen Netbook na Netbook World Summit e na rede neste enderezo: http://www.thinkgos.com. Nese sitio […]

Google lanza repositorios para Linux

Google vén de lanzar repositorios para diversas distribucións Linux así como guías ilustradas ou scripts para engadilos. Nestes repositorios atoparás diversas aplicacións feitas polo xigante de Internet, aínda que case sempre estase a falar de aplicacións non-libres. Fonte. asennadas

Google errou e troca a licenza do Chrome

Nestes dias nos que Internet se infestou de noticias referidas ao novo navegador Google Chrome todo, ou alomenos maioritariamente, foron bos comentarios… ata que leron a súa licenza orixinal. Segundo a fonte, na licenza podía lerse que “se outorgaban todos os dereitos a Google do visto e transmitido  a través do navegador“. Semella que iso […]

Análise da popularidade de GNU/Linux no mundo

O mapa de GNU/Linux está constantemente cambiando cunha comunidade moi forte tanto desenvolvendo como usando. Mais, onde é máis popular? Cales distros son as máis populares? Para respostar estas cuestións Royal Pingdom ollou os datos obtidos pola ferramenta de Google nomeada Insights for Search. Alén de procurar Linux incluíronse varias distros: Ubuntu, OpenSUSE, Fedora, Debian, […]

Google Code pon á licenza Mozilla na lista negra

Hai dous anos, cando foi lanzado Google Code, a MPL (Mozilla Public Licence) era unha das licenzas soportadas no proxecto, a carón das licenzas Apache, BSD e GPL (Free Software Foundation) e LGPL. Agora as cousas comezan a mudar… Ao parecer, Google sigue a prohibición da MPL feita recentemente pola FSF Affero GPL. Esa decisión […]

Visualizando o quecemento global

Google lanzou o seu servizo Google Earth Outreach, deseñado para supervisar os glaciares e masas de xeo en proceso de desaparición. A nova función é resultante dun proxecto de cooperación entre Google, o goberno británico e un centro de meteorología denominado Met Office Hadley Centre e British Antarctic Survey. O obxectivo primordial é mostrar as […]

Friend Connect, novo servizo social de Google

Un novo servizo de Google, desta vez nomeado Friend Connect, vén de ser anunciado onte incluíndo unha ampla información sobre el. A iniciativa trata de engadir funcionalidades sociais a sitios webs, blogs incluídos, sen teres que programar posto que emprega aplicacións de terceiras partes (widgets) coas APIs de OpenSocial . Un sitio de exemplo pode […]

Google e IBM une forzas en Cloud Computing

Google e IBM cren que o modelo de distribución de software no século XXI é o Cloud Computing, termo comentado neste artigo en AGNIX. As previsibles alianzas estratéxicas dan comezo para tomar posicións neste mercado emerxente. Os xigantes Google e IBM xa están nesta fase. Fonte. asennadas

Debian estará no Google Summer of Code 2008

Debian vén de anunciar que estará no Google Summer of Code 2008, desta vez cunha dúcia de proxectos aceptados. Google patrocinará aos mencionados estudantes para que traballen a tempo completo durante as súas vacacións de verán, desde o 26 de maio ata o 18 de agosto. Durante ese tempo serán dirixidos e evaluados por un […]

Que distro acada máis procuras en Google?

Un dos servizos que fornece o maior buscador é Google Trends, con actualización diaria. Con el pódese saber que é o que máis se procura. Tendo isto en conta obtés estadísticas que poden servir, por exemplo, para tratar de coñecer que distros son as máis populares, comparándoas en grupos de cinco. Das varias probas feitas, […]

Haberá un Faceboogle como buscador ideal?

As buscas en internet están en decadencia ou iso alomenos cre un dos investidores en Capital Risco que Glenn Derene coñeceu cando discutían sobor das amplas implicacións que poidera ter o apagado do trío Micro$oft-Yahoo-Google debido á morea de cambios que está a acontecer en Internet nun curto prazo de tempo. Esa predicción semella ser […]