6 razóns para licenciar baixo (A/L)GPL

O programador Zed Shaw comenta as 6 razóns para licenciar o seu traballo baixo (A/L)GPL e curiosamente ningunha de las refírese á liberdade de quen vai usalo.

Zed leva «décadas desenvolvendo software, algúns con éxito» e meditou moito sobre ilo, sobre todo con aquelas persoas que propugnan licenzas de tipo BSD ou MIT. Velaquí están resumidas as súas 6 razóns:

  1. Por que é o seu dereito de autor e, polo tanto, por que el o quere así. Se a ti non che gusta, simplemente nin tan sequera uses o seu software.
  2. Non sentirse ignorado de novo (refiríndose á súa experiencia co exitoso proxecto Mongrel) dado que nin sequera recibiu mención sobre ilo, algo que Zed di que «necesita«.
  3. As empresas tecnolóxicas están deseñadas para seren creadas e destruídas rapidamente por entidades de Capital Risco (Venture Capital). Estas non teñen ningún incentivo que ofertarlle e polo tanto Zed tampouco ten ningún incentivo social para «darlles» o seu software.
  4. Para esixir que os demais sexan honestos. «Se é bo, paga por el» e non se adiquen a plaxiar o traballo doutros.
  5. Para aumentar a súa motivación a seguir desenvolvendo un «proxecto open source, teño que cobrar por ilo«.
  6. Valor percibido. Cre que a xente non lle dá valor a aquilo que non se lle cobra.

Estás ti de acordo? No seu artigo tes estas razóns ampliadas así como opinións doutras persoas nos comentarios e na fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Blueman, completo xestor Bluetooth

Blueman é un xestor Bluetooth feito en GTK+, licenza GPLv2,  deseñado para ser sinxelo e intuitivo nas tarefas habituais:shutter-proba-blueman

  • Conexión poro 3G/EDGE/GPRS vía perfil DUN.
  • Conéctase e crea redes bluetooth
  • Conéctase a dispositivos de entrada
  • Conéctase a dispositivos de audio enviando/recibindo/navegando ficheiros vía OBEX

Blueman intégrase perfectamente co Network Manager 0.7 en GNOME, facendo doadas as conexións a redes de banda larga polo móbil.

Tes varias pantallas do programa na súa versión 1.0 e varios formatos de paquete para descargalo. Outras opcións a máis de Blueman podes atopar aquí.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

MediaMosa, xestión de contidos multimedia (Drupal)

O sistema educativo holandés vén de liberar baixo licenza GPLv2 unha plataforma de xestión e distribución de vídeos nomeada MediaMosa.

MediaMosa está baseado no sistema de xestión de contidos libre Drupal e ten unha arquitectura REST1. A plataforma é capaz de facer streaming de diversos formatos de vídeo e tamén fai conversións de arquivos grazas a FFmpeg.

MediaMosa facilita o acceso e a utilización da capacidade de almacenamento (compartido), metadatos de bases de datos, transcodificación-streaming e servidores. Ofrece funcionalidades para buscar, xogar, subir, transcodificar…

Principais características:

  • Plataforma de entrega de audio, vídeo (e outros contidos)
  • Streaming de calquera formato (por exemplo, Flash, H.264, MPEG-4, WindowsMedia…)
  • Transcodificación baseada en FFmpeg
  • Conxunto flexible de elementos Metadata
  • Licenza GPLv2

(1) REST: Transferencia de Estado Representacional (Representational State Transfer) ou soamente (REST) é unha técnica de enxeñaría de software para sistemas hipermídia distribuídos como a World Wide Web. O termo orixinouse no ano de 2000, nunha tese de doutorado de Roy Fielding, un dos principais autores das especificacións do protocolo HTTP que é utilizado por sitios web da internet.

Fonte.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Gnaughty, o baixa-porno libre

Repasando os meus RSS atopeime con esta aplicación, nomeadamente Gnaughty, «Fast and Easy Porn Downloader«.

Ante todo hai que dicir que o proxecto é libre, con licenza GPL, aloxado en Sourceforge e retomado depois dun tempo estancado.

O seu obxectivo é obter contido adulto explícito, como películas porno e imaxes, dende directorios de internet. Ademais non inclúe, spyware nin adware, contempla múltiples categorías de porno, soporta proxy, permite descargas paralelas, etc.

Tes unha chea de paquetes preparados para intslares tanto as fontes como binarios.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cisco, de acusada a amiga

Unha empresa máis para o bote. Cisco foi descoberta e acusada formalmente a finais do pasado 2008 por incumprir o acordo de adhesión que supón calquera licenza, neste caso a GPL.

Comprobando o que lle viña en riba, agora acadan un novo acordo de adhesión polo cal a multinacional propietaria de Linksys acepta crear a figura do «director de software libre» quen hase encargar da defensa dos intereses dos consumidores en relación á GPL e reportará directamente á FSF. Tamén liberará o código e a FSF recibirá unha importante compensación monetaria.

Estamos a comprobar como a comunidade é forte e ampla dabondo para denunciar os abusos e ninguneos de empresas que empregan códigos libres e abertos como se as súas licenzas o permitiran ou, peor aínda, foran de dominio público.

Souben desta boa nova por Menéame.net. Paga a pena entender mellor disto por estoutro artigo da propia FSF.
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Adopta unha liña de código!

Reinstalando aplicacións que tiña na miña antiga Ubuntu fun á procura de Miro, antes nomeada Democracy Player. Trátase dunha aplicación con licenza GPL para asistires á televisión por Internet, desenvolvida pola PCF (Participatory Culture Foundation), organización sen fins de lucro. Con Miro podes descargar automaticamente vídeos desde canles RSS, administralos e reproducilos.

O que me chamou a atención agora foi unha nova modalidade para recadar recursos económicos. Na súa páxina inclúen as razóns polas que ofertan esta nova modalidade de adopción. Quen se anime a facelo adopta unha auténtica liña de código e o seu nome aparecerá na sección «About Miro» (sobre Miro) alén de poder amosar no blog de quen faga a adopción un perfecto widget coas liñas adoptadas.

Curioso modelo de negocio, non cres?
asennadastegnix_limpo_fdo_transparentemoi-pequeno

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hugin, creando fotos panorámicas navegables

Hugin é un programa de licenza GPL para a elaboración de fotos panorámicas e mosaicos, tamén válido para crear fotos panorámicas navegables grazas a Pano2VR (ou programas similares).

Co desenvolvemento tecnolóxico e informático, a creación de fotos panorámicas e mosaicos é moito máis doada, sexa pola posibilidade de edición das fotos ou polo uso de programas que facilitan a «costura» entre fotos. Hugin está baseado no programa Panorama Tools iniciado polo profesor de Ciencias Aplicadas da Universidade de Furtwangen, Helmut Dersch.

Souben desta aplicación polo detallado artigo de André Uebe. A máis tes a ampla documentación e titoriais (algúns en castelán) no propio sitio do Hugin.

Hugin está dispoñible en repositorios comúns, a lo menos en Debian e Ubuntu. Abonda seleccionalo no Synaptic ou abrir un terminal e executar:

sudo apt-get install hugin

que instalará a aplicación e mailas súas dependencias.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

M$ demanda a Tom Tom que tamén viola a GPL

A recente demanda de Micro$oft contra Tom Tom, por presunta violación de varias patentes, puxo ao descuberto que varias compañías poderían estar a violar a GNU/GPL. Steven J. Vaughan-Nichols está a investigar estas posibles violacións da GNU/GPL, que estarían relacionadas con acordos secretos para o licenciamiento da patente de FAT de Microsoft.

«Así que, mentres sabemos que hai polo menos 18 asinantes de licenzas FAT LFN, aínda descoñecemos que compañías asinaron eses acordos. Esta información é mantida en segredo por Micro$oft e estas compañías son ben conscientes das consecuencias legais referidas ao código fonte aberto que podería resultar a partir de admitir estes acordos de patentes. A máis importante razón de por que especificamente estes acordos están baixo un NDA [Non-Disclosure-Agrerment, acordo de confidencialidade] é que calquera compañía que acepte unha licenza híbrida de patente, sen cubrir aos seus destinatarios finais, é dicir, os usuarios, é unha violación directa á GPLv2 sección 7.«

Noutras palabras, quen asinen, ou asinen, acordos de licenciamiento con Microsoft para evitar ser demandados por violacións de patentes de Microsoft, están a violar a GNU/GPLv2 e GNU/GPLv3.

Probablemente comezarán a xurdir campañas para deixar de utilizar FAT32, de maneira similar a como se fixo no pasado coas imaxes en formato GIF, cuxa patente é propiedade de Unisys, xa expirou, involucraba o formato de compresión LZW, o cal practicamente orixinou o nacemento do formato PNG como alternativa. O caso de Unisys deixou varias leccións para meditar. Tamén converteu a Unisys nunha compañía coa que todo o mundo negábase traballar ou relacionarse. É tempo de pensar en crear un formato alternativo a FAT16/FAT32/NTFS, libre de patentes, que sexa utilizado como estándar para a industria?

A fonte apunta cara Linux Weekly News.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Touch Book, con software e hardware libres

A conquista a prol dun hardware libre estase a afianzar. Olla as características do hardware (dispoñible en PDF baixo licenza GPL) do Touch Book:

  • 9.4″ x 7″ x 1.4″ con teclado, peso aprox. 910 gramos
  • ARM Texas Instruments OMAP3 chip
  • 1024×600, pantalla de 8.9»
  • 8GB micro S
  • Wifi 802.11b/g/n e Bluetooth
  • Aceleración 3D
  • Altofalantes, micro e entrada para auriculares
  • 6 USB 2.0 (3 internos, 2 externos, 1 mini)
  • 10h a 15 hours de batería

A proposta vén de Always Innovating que andaba na procura dun dispositivo revolucionario que funcionara como un netbook ou como un tablet, grazas a un teclado extraíble e unha interface 3D tamén manexable por tacto (touchscreen). Tes unha galería de fotos para ollar estes detalles.

O hardware está baseado no BeagleBoard e oseu sistema operativo no OpenEmbedded que inclúe o Fennec, o navegador de Mozilla para dispositivos móbiles.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

SwL para persoas con discapacidade (rato facial)

As persoas con discapacidade poderán manexar o computador cun rato facial grazas a un desenvolvemento feito con SwL multiplataforma. Así o comunica a Asociación Provincial de Parálise Cerebral (APPC) de Tarragona que puxo ao alcance de todas as persoas con discapacidade o proxecto Enable Viacam (eViacam), un rato facial para todos aqueles que teñan dificultades no control do rato do computador.

O proxecto sae á luz con dúas vantaxes: todas as persoas interesadas poderán gozar del en forma de software libre e, ademais, hai acceso ao alcance o código para poder facer achegas para mellorar o seu funcionamento.

O programa distribúese baixo licenza GNU/GPL. Existen versións para os sistemas operativos GNU/Linux e M$-Windows ofrecéndose inicialmente en castelán, inglés ou catalán (con a lóxica posibilidade de traducilo a outros idiomas).

O proxecto Enable Viacam foi realidade grazas ao apoio da Secretaria de Telecomunicacions i Societat da Informació do Departament de Governació i Administracions Públiques da Generalitat de Catalunya.

Fonte.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española

Elena Pérez Gómez (Sánchez-Crespo Abogados y Consultores) vén de rematar e deixar para a súa descarga o estudo sobre a validez xurídica da licenza GPL v3 na contorna normativa española dos dereitos de autor e outras licenzas Opensource. É unha nova versión que actualiza a feita en xuño de 2007.

No ano 2006 xa publicaran unha primeira versión sobre a GPL 2 que actualizamos en decembro dese mesmo ano con motivo das modificacións introducidas na Lei de Propiedade Intelectual española. A versión sobre a GPL v2 podédela descargar nesta ligazón.

Ademais do estudo referido á versión 3 da GPL, nesta ocasión, o informe inclúe a partires da páxina 39 un resumo doutro tipo de licenzas opensource para que poidan verse as diferenzas e similitudes entre todas e ver as compatibilidades e incompatibilidades. Entre estas están as MPL, BSD, Affero, Apache, CCDL, etc.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter

RetroMessenger, mensaxería aberta, segura e SEN servidor central

Queres que unha aplicación de mensaxería instantánea che ofreza os contactos en liña e que sexa libre con licenza GPL. A máis podes querer que sexa segura mantendo conversacións cifradas para que ningunha terceira parte poida enterarse das túas mensaxes.

RetroMessenger é libre e cifra as túas mensaxes con claves PGP sen necesidade de instalacións complementarias.

RetroMessenger engade ao anterior unha mensaxería que non precisa dun servidor ou autoridade central que xestione ou monitorice as liñas abertas ou até envíe publicidade non solicitada.

Asemade podes usalo en telefonía móbil, especilamente aqueles con Window$ ou Linux (openmoko ou maemo). Podes usalo tamén na empresa pois posúe unha doada interfaz de adiministración e non precisa de mantemento dun servidor adicado a isto.

Se desenvolves wxwidgets entón podes crear novos usos porque é a a interface predeterminada e multiplataforma que emprega RetroMessenger. Se desenvolves XUL entón podes crear complementos para o Firefox e Thunderbird. Tamén podes compartir ligazóns, por exemplo de digg.com, e até votalas, tanto ti coma os teus contactos.

RetroMessenger atópase nos seus primeiros pasos de desenvolvemento pero xa é funcional e podes obter binarios en empaquetados e comprimidos en tar.bz2 aquí.

Olla o seguinte video que amosa a aplicacicón aberta desde consola para que vexas as mensaxes que xera:

Probeina uns intres e creo que de acadar masa crítica de uso así como unha evolución que mellore a súa funcionalidade (emoticóns, sons de aviso, trasnferencia de ficheiros e, por que non!, VoIP) podemos estar diante dunha aplicación con moito futuro.

asennadas

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp